miércoles, 22 de mayo de 2019

Radio BULEBULE!

Olaaa!!

Xa queda pouco para a nosa festa fin de curso na que poderedes desfrutar de Paco Nogueiras e o seu novo traballo "Radio Bulebule". Ainda que xa leva un tempo sonando no cole nas entradas e saídas, déixovos aquí uns vídeos para que o coñezades un pouco mais... pasarémolo xenial!

 


A seguir cantando!

domingo, 17 de marzo de 2019

Preparando visitas literarias!

Ola!

No cole estamos emocionados cos autores e autoras que nos van visitar este curso grazas ao traballo incansable do noso equipo de biblioteca e a súa mascota a Caracola Tola :)

Para darlle a benvida a Antonio García Teijeiro  e Gloria Sánchez as clases de 3º e 4º de primaria imos interpretarlle estas poesías que musicou a miña mestra e amiga Susa Herrera... A practicar!!

4º EP: "O galo" de Antonio G. Teijeiro
O galo ten un bico 
a mosca non o ten
a araña tece fíos 
o verme vai no tren.

O galo quiquirica
a mosca remosquea
a araña é tecedeira 
e o verme vermenea. 

O galo e maila mosca
van xuntos camiñar,
a modo vai o galo
a mosca vai detrás.

O galo quiquirica
a mosca remosquea
a araña é tecedeira 
e o verme vermenea. 

A araña e mailo verme 
á praia van nadar,
e non pasa da area
ela non chega o mar.

O galo quiquirica
a mosca remosquea
a araña é tecedeira 
e o verme vermenea. 

O galo fala pouco
a mosca un chisco máis
a araña non di nada
o verme está a rosmar. 
AUDIO: https://drive.google.com/file/d/1rcEhIWYhUHTSpUSe397qF8m4YeZHWgVw/view?usp=sharing


3º EP: "Dez piratas" de Gloria Sánchez
Eles eran dez piratas:
os máis feos,
os máis brutos
os máis malos
os máis sucios
Cobizosos como ratas.
Laralala...

Saíron do porto un día
a bordo das Marabillas
un bergatín desgraciado
e tres buracos na quilla
cegados con calcetíns.
Laralala...

Onde van os dez piratas?
Onde os dez piratas van?
Van na busca dunha moza?
Van na busca ou non o van?
Laralala...

miércoles, 20 de febrero de 2019

MURGAS ENTROIDERAS

Bos días:

Un pouco tarde pero aquí vai a entrada prometida!
Algunhas clases están practicando estes días na clase as murgas e canción para actuar diante das súas compañeiras e compañeiros o vindeiro mércores.

4 ANOS : Samba lelé (popular brasileira)

2º EP: "Bailamos, cantamos" (Música: "Watussi" de Susa Herrera)

6º EP: "Ímonos ao insti" (Música: "Déjala que baile" de Melendi e Alejandro Sanz)


A practicar moito para aprendelas de memoria!!

lunes, 28 de enero de 2019

Rosalía Creativa (segunda edición)

Olaa!!

Comezamos os ensaios para unha nova edición de "Rosalía creativa", que xa fixemos o ano pasado. Como xa sabedes, isto significa que os próximos días algúns de vós ides traballar un pouquiño a obra de Rosalía de Castro na clase de música e... estas son as cancións escollidas este curso:

4º EI (3 ANOS)
ç

1º EP:
  

4º EP:
  

Xa veredes que traballo tan chulo imos facer estes días!! Ata pronto!