Estes días na clase prepararemos a celebración do día da paz que, como algúns xa sabedes, imos facela en colaboración cos outros coles da zona: o C.E.I.P. Carballal e o C.E.I.P. Eduardo Pondal.
Sei que Melanie e Inés (as mestras do Carballal e o Pondal respectivamente) xa están ensaiando, así que é necesario que practiquedes un pouquiño pola vosa conta para saber moi ben a letra de "Apertas que voan" e que nos quede un vídeo estupendo. Así poderemos enviarlles aos outros coles no só apertas senón tamén cancións e alegrías como corresponde nesta data.
Asi que... a cantar!
APERTAS QUE VOAN ("BRINCA VAI") DE PACO NOGUEIRAS
Audio da canción: https://www.youtube.com/watch?v=fm9QciJC4QMLetra:
Mans brancas e cara negra
teño os beizos vermellos.
Teño sentimentos novos,
teño sentimentos vellos.
Mans negras e cara branca
teño o meu peito cheo
de bicos e de sorrisos
de apertas que voan no vento.
RETROUSO:
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga
distinta e igual á vez.
Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en dixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.
Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.
RETROUSO
Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.
Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.
RETROUSO
No hay comentarios:
Publicar un comentario