sábado, 19 de marzo de 2016

Imos de concerto na Reconquistiña!

Xa non queda nada para o terceiro trimestre!


E con el chegará ao fin a festa da Reconquistiña. 
Como sabedes o 31 de marzo iremos ao Casco Vello a facer un pasarrúasos colexios CPR Niño Jesús de Praga, CEIP Altamar, Colexio Carmelitas, CEIP Ramón y Cajal, Colexio Mercantil e nos, o CEIP Igrexa- Candean.

Como vos expliquei na última clase nesta festa disfrutaremos do concerto do grupo "A Gramola gominola" do cal vos deixo aquí algúns ligazóns para que podades saber un pouquiño máis deles.

Tedes toda a súa información en: http://agramolagominola.com/ de onde suscribo as seguintes palabras:

"A Gramola Gominola é un grupo de música infantil, en galeho, pensado para as máis pequenas e pequenas da casa. Pero non é un grupo máis, non é o de sempre, é un banda de rock!! [...]
Paco Cerdeira propuxo crear un grupo de música pensado para os máis cativos da casa, (e non tan cativos de rock. [...] 
Un dos primeiros en unirse a este berro foi Anxelo Xemar (baixo) pero aínda lles faltaba camiño por andar. Un día apareceu Ro Muñoz (batería)  para xogar á billarda. Pero logo de ver o dominio que tiña das baquetas, souberon que el tiña que unirse ao proxecto xunto coa súa billarda. O crebacabezas estaba case finalizado pero aínda lles faltaba unha peza crucial, o cromo que nunca toca para rematar o álbum, a chapa coa que sempre gañas o xogo... a cantante. Pero de súpeto, nun concerto, unha rapaza morena cunha longa trenza comezou a cantar. Cantou, cantou tanto e tan ben que Paco, Anxo e Ro ensináronlle o crebacabezas por se ela, ao mellor, podía atopar a peza que faltaba. E así foi, atopouna. Paula Romero (voz) encaixou perfectamente nesta historia...". 

As canción da Gramola gominola están no seu primer libro- cd (clik eriba da imaxe para que se abra o booktrailer) no que tocan moitos estilos musicais do século XX tal como mostra o seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=DCuwTocW3UY


Como imos disfrutar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario