domingo, 3 de julio de 2016

Pecho outro curso e outro cole "sonhando"

Ola aos que me sigades lendo, xa que esta entrada chega máis tarde do que acostuma... un fin de curso complicado, sintoo. 

Levo varios xuños despedínme de colexios (e non so dunha clase, como debería ser) polo que esta entrada de despedida empeza a ser unha tradición.


Entre os marabillosos regalos que recibín a finais de curso houbo un libro titulado "La noche estrellada" de Jimmy Liao. Nel unha nena e un neno soñan con viaxar polo mundo para coñecer novos lugares e atopar un onde reine a felicidade. Emprenden dito viaxe por terra e auga e... non vos vou contar se atopan o lugar porque o tedes que ler vos, xa que é un libro que merece moito a pena.


Coma eses dous rapaces, non deixedes nunca de soñar nin de utilizar eses soños como impulso hacia novos sitios, novas cousas... o mundo está repleto de cousas que merecen ser descubertas!. Eu nas miñas clases vos intentei mostrar unha mínima pero indispensable parte desas cousas: o arte. Espero que teñades curiosidade respecto a él e, sobre todo, que disfrutarades tanto deste curso como eu.

Moitas grazas a todas as nenas e nenos do CEIP Igrexa- Candean e, xa vos dixen que sempre que querades, me atoparedes tras este blogue.

Para despedirme, coma sempre, unha canción relacionada co que vos falo. 

Click na imaxe e a "sonhar"!

No hay comentarios:

Publicar un comentario