viernes, 10 de febrero de 2017

Dunha para outra!

Saúdos!

Tras o marabilloso traballo realizado para a paz (mira o vídeo en http://caracolatola.blogspot.com.es/2017/01/a-viaxe-de-muna.html) xa estamos atarefados co entroido.

Nas clases de 5º estamos xogando co famoso "Entroido dos animais" de Saint- Säens, na de 4º e 5 anos ensaiando a nosa canción "Eu son unha torre que veño de París" (https://www.youtube.com/watch?v=TCiMgJDeSXc)... e nalgúns cursos afortunados ensaiando a súa comparsa ou murga para ir a interpretar a outras clases. 

Aquí déixovos as ligazóns para que podades practicar moito e facelo xenial na actuación:

Os cativos de 4 anos están aprendendo "Pinta, pinta, enferruxa" (que xa publicara nunha entrada antiga deste blogue).  
 *Click na imaxe para acceder ao audio.

As nenas e os nenos de 2º de primaria púxeronlle unha nova letra a "O Samaín" de Paco Nogueiras. 
Clikando nesta ligazón tedes o karaoke para poder practicar:  https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506emhPWF8zR1liMGM/view?usp=sharing

E as rapazas e rapaces de 6º de primaria escolleron a famosa canción "Sofía" do disco que tedes á esquerda deste texto. Clik na imaxe para acceder ao karaoke co que ensaiamos en clase.

E aquí tedes as letras, por si as precisades consultar:
Ánimo co ensaio!

1 comentario:

  1. Para 6º esta semana:

    https://luisamariaarias.wordpress.com/lengua-espanola/tema-3/polisemia-y-homonimia/palabras-homonimas/

    ResponderEliminar