domingo, 18 de febrero de 2018

ROSALÍA CREATIVA

Boas!

Xa nin agardamos ao tercer trimestre para preparar unha nova ronda de  actuacións musicais... e é que, se alguen  merece un homenaxe, esa é Rosalía de Castro. 

Nesta actividade titulada "Rosalía creativa" algúns cursos cantarán polas aulas poemas musicados da famosa autora acompañando a canción con algún Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación (SAAC) elaborados na clase. Sabedes os que son?

Os poemas e os cursos escollidos son...

  • 3 ANOS: "A Rosalía" de Curros Enríquez.
  • 1º EP: "Campanas de Bastabales"
  • 4º EP: "Nasin cando as prantas..."

E como sempre, deixo aquí as músicas para que podades practicar as cancións na casa:


Agora a practicalas moito para que nos saia ben!

No hay comentarios:

Publicar un comentario