sábado, 26 de mayo de 2018

Anagnórise musical

Olaaaa!!

Na clase de 6ºB estamos preparando algo moi especial para o noso artigo de "Folerpas", a revista que todos os anos edita o noso cole para celebrar as letras galegas.

A nós toucóunos "Anagnórise" e como o argumento é un "road trip" decidimos apuntarnos á moda de gravarnos cantando no coche: https://www.telecinco.es/informativos/curioso/selfi-grabarse_en_el_coche-cantar_coche_2_2134680133.html


Para iso temos que aprendernos esta marabillosa canción de "A banda da loba" un grupo de cinco mulleres que agora mesmo presentando o seu primeiro traballo "Bailando as rúas" (https://gl.wikipedia.org/wiki/A_banda_da_Loba). 

 

Aquí deixo a letra repartida para que podades ensaiar:   https://drive.google.com/file/d/1uPuk8fC2vhnpnA_JIwoD7QEI6Xoavd5i/view?usp=sharing


Pois a cantar!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario