domingo, 24 de noviembre de 2024

Aguinaldo 2024!

 Boas!!

Xa tiña ganas de facer un novo Aguinaldo que nos últimos cursos, por diversas circunstancias, non o puiden facer pero... no 2024 retomamos!

Como nestes anos, houbo cursos que nunca o fixeron este curso vou facer algunha modificación para que todos podades vivir a experiencia... así que estes son cursos e as cantigas escollidas:


6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS):  Porque aquí non é ben ruar

Ímonos xa pra aldea

orque aquí non é ben ruar.

Ímonos xa pra aldea

porque aquí non é ben ruar,

porque Xesusiño dorme,

porque Xesusiño dorme

e podemolo despertar

e podemolo despertar.

MÚSICA

Porque aquí non é ben ruar.

Ímonos xa pra aldea

porque aquí non é ben ruar,

porque Xesusiño dorme ,

porque Xesusiño dorme

e podémolo despertar

e podémelo despertar.

MÚSICA

*Nesta entrada antiga podedes atopar a música para practicar e a partitura para o alumnado de 6ºEP que farán unha colaboración nesta cantiga:  https://cpmasmusica.blogspot.com/2019/11/canto-de-reis-e-panxolina-de-neda.html


4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:  No pendello

No pendello que sae ao camiño

hoxe ás doce da noite naceu

un meniño pequeniño

que parece do ceo caeu.

RETROUSO:

Un meniño pequeniño (lalala)

que parece do ceo caeu.

Entre o bafo de dous animais

pois o pobre cubertas non ten

nin señales de pañales

pra tapalo do frío se ven.

RETROUSO

Levareille logo este mantelo

aunque ás veces boa falta me fai

que o trouxeron de bo xeito

pra que faga os panos a nai.

RETROUSO

*Nesta entrada antiga podedes atopar a música para practicar: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506ZmFaa01md3BZdDQ/view?resourcekey=0-rsILpquebqWJaZXS8TsyIw


6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:  Canto de Laxoso

SOLISTAS 1:

A Belén camiña

pastores e reis

pasan camiñando

a noite e o día

porque antes da noite

queren chegar.

Ai antes da doce

a Angorén chegar.


SOLISTAS 2:

Foron camiñando

a onde atoparon

a dous pasaxeiros

e lles preguntaron

si para Belén

hai onde quedar

Ai antes das doce

a Angorén chegar.


SOLISTAS 3:

Foron camiñando

a onde toparon

un portal moi vello

e mal amañado

fixeron concerto

de alí se quedar

Ai antes das doce

A Angorén chegar.


SOLISTAS 4:

Dean o aguinaldo

señores a nós

que moito ensaiamos

estoutra canción,

despachen señores

é preciso andar

Ai antes das doce

A Angorén chegar.


Se nolo habedes dar

Non tedes que lle esperar

Imos a correr Galicia

E o reino de Portugal Ai lalalalala...


Esta casa si que é casa

O canteiro que a fixo

Por dentro semella o ceo

E por dentro o paraíso Ai lalalalala...


Ora veña ora veña

Ora veña se ha de vir

que somos de terra lonxe.


*Nesta entrada antiga podedes atopar a música para practicar:  https://cpmasmusica.blogspot.com/2019/11/canto-de-reis-e-panxolina-de-neda.html

Así que veña! a practicar estas fermosas panxoliñas para poñer mísoca as rúas de Chapela...  

Saúdiños musicais con arrecendo de nadal!

No hay comentarios:

Publicar un comentario