miércoles, 30 de noviembre de 2016

Imos pedir o aguinaldo!

Boas!

Pois, como é costume neste cole por estas datas, nas clases de 5 anos, 3º e 5º de primaria andamos a preparar as nosas cantigas de aguinaldo. Para isto vos deixo aquí os ligazóns de escoita, as letras e as parituras... practicade moito!


SOAN AS CAMPÁS 

RETROUSO (2 VECES):
Din don, din don, din don
soan cas campás.
Din don, din don, din don
chegou o Nadal.

ESTROFA:
E o aguinaldo
vímonos gañar
vimos a cantar:
la, la, la, la, la.
cantemos os nenos
la, la, la, la, la
cantemos as nenas
la, la, la la.
Que estamos de festa
xa ven o nadal.
la, la la, la.

RETROUSO (2 VECES)

DESPEDIDA DO ANO E AGUINALDO
Despedida de ano vello
entradiña de aninovo
os nenos deste colexio
os collen con moito gozo. 

RETROUSO (2 VECES):
E vinde meus compañeiros
e vámonos a tocar
as frautas, as pandeiretas
as cunchas e a cantar.

Ano novo, vida nova
ano novo que traerá?
O vello suspiros leva,
o novo xa os traerá..

RETROUSO


Ata pronto!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Partituras de frauta do momento

Ola de novo!

Estes días na aula andamos a lembrar as posicións da frauta. Xa sabedes que para que saia ben tedes que practicar un chisquiño na casa así... ánimo e a traballar!

Partitura para 4º:

Partitura para 5º: http://cpmasmusica.blogspot.com.es/2014/10/empezamos-co-magosto.html

Partitura para 6º: http://cpmasmusica.blogspot.com.es/2014/03/varias-cosas-para-clase.html


Apertas musicais!

viernes, 21 de octubre de 2016

Canción do magosto

Tarde pero chega!

Aquí tedes a canción do magosto.
Se precisades a letra podedes descargarla clikcando na imaxe. Recordade que a clase que mellor a cante será a "clase solista".

Agora... a practicar!

lunes, 19 de septiembre de 2016

Feliz volta as aulas!

Novo curso e novo cole!

Con esta entrada vos dou a benvida (alumnado do CEIP Alexandre Bóveda) e, como xa vos dixen na aula, neste blog irei colegando as actividades e tarefas que vaiamos realizando na clase. Así que espero que vos acordedes de visitalo de cando en vez.

De momento só vos escribo para desexarvos:

domingo, 3 de julio de 2016

Pecho outro curso e outro cole "sonhando"

Ola aos que me sigades lendo, xa que esta entrada chega máis tarde do que acostuma... un fin de curso complicado, sintoo. 

Levo varios xuños despedínme de colexios (e non so dunha clase, como debería ser) polo que esta entrada de despedida empeza a ser unha tradición.


Entre os marabillosos regalos que recibín a finais de curso houbo un libro titulado "La noche estrellada" de Jimmy Liao. Nel unha nena e un neno soñan con viaxar polo mundo para coñecer novos lugares e atopar un onde reine a felicidade. Emprenden dito viaxe por terra e auga e... non vos vou contar se atopan o lugar porque o tedes que ler vos, xa que é un libro que merece moito a pena.


Coma eses dous rapaces, non deixedes nunca de soñar nin de utilizar eses soños como impulso hacia novos sitios, novas cousas... o mundo está repleto de cousas que merecen ser descubertas!. Eu nas miñas clases vos intentei mostrar unha mínima pero indispensable parte desas cousas: o arte. Espero que teñades curiosidade respecto a él e, sobre todo, que disfrutarades tanto deste curso como eu.

Moitas grazas a todas as nenas e nenos do CEIP Igrexa- Candean e, xa vos dixen que sempre que querades, me atoparedes tras este blogue.

Para despedirme, coma sempre, unha canción relacionada co que vos falo. 

Click na imaxe e a "sonhar"!

jueves, 26 de mayo de 2016

A música é danza

Canto tempo!
Estos días na clase estamos a viaxar polo mundo mediante danzas dos cinco continentes e o estamos a pasar de marabilla!.

Na foto podedes observar que a onde viaxou cada clase. Ademais vos deixo o ligazón do blogue que vos ensinei na aula no cal podedes buscar as danzas que fixechedes ou outras doutros países, ademáis de moita información adicional como vestimenta de cada país, momento en que se bailan esas coreografías... aproveitadeo para coñecer cousas novas doutras culturas: https://danzasdelmundo.wordpress.com/

Como dixen na clase, xa queda moi pouco curso e temos que apurar as últimas actividades así que moito ánimo e ata pronto!

miércoles, 6 de abril de 2016

As palabras teñen vida e música

Ola!!
Nas clases xa estamos preparando a canción "A palabra ten vida" do cd Brinca Vai de Paco Nogueiras. Xa podedes practicala facendo click nas imaxes (nunha tendes a letra e a outra a música).

Agora, a cantar!

















E para os que estamos xa coa partitura de frauta podedes descargala clickando no ligazón: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506LXNfeE1MZ1A3S00/view?usp=sharing