martes, 26 de enero de 2016

Coñecemos a Odaiko Percusion Group!

Olaa!

Esta semana iremos ver "Cousas de catro" de Odaiko Percusion Group.
Odaiko é un grupo formado por catro percusionistas que levan máis de dez anos enriba dos escenarios, dando máis de 300 actuacións por todo o mundo (Taiwan, EEUU, Slovenia, Amsterdam...).

"Cousas de Catro"  é un xogo de palabras que fai un
chamamento á importancia do traballo en equipo e que conecta co público mediante xestos e humor. Desta forma, o alumnado se adentrará na experimentación e desenvolverá curiosidade musical.

Para que vos fagades unha idea vos poño aquí os vídeos dos anteriores espectáculos que ofertaron ás escolas:





O que queira saber máis sobre este grupo de percusión pode visitar a súa páxina: http://odaiko.es/odaiko/

lunes, 11 de enero de 2016

Cancións que voan

Ola!!

Estes días na clase prepararemos a celebración do día da paz que, como algúns xa sabedes, imos facela en colaboración cos outros coles da zona: o C.E.I.P. Carballal e o C.E.I.P. Eduardo Pondal.

Sei que Melanie e Inés (as mestras do Carballal e o Pondal respectivamente) xa están ensaiando, así que é necesario que practiquedes un pouquiño pola vosa conta para saber moi ben a letra de "Apertas que voan" e que nos quede un vídeo estupendo. Así poderemos enviarlles aos outros coles no só apertas senón tamén cancións e alegrías como corresponde nesta data.

Asi que... a cantar!

APERTAS QUE VOAN ("BRINCA VAI") DE PACO NOGUEIRAS
Audio da canciónhttps://www.youtube.com/watch?v=fm9QciJC4QM
Letra: 
Mans brancas e cara negra
teño os beizos vermellos.
Teño sentimentos novos,
teño sentimentos vellos.

Mans negras e cara branca
teño o meu peito cheo
de bicos e de sorrisos
de apertas que voan no vento.

RETROUSO:
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga
distinta e igual á vez.

Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en dixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.

Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.

RETROUSO

Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.

Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.

RETROUSO