martes, 12 de noviembre de 2019

Aguinaldo 2019

Boas!!

Este ano o aguinaldo ven cargadiño de novidades que de momento so imos comentar na clase... ide estudando as panxoliñas que teñen que saír moi ben:

PANXOLIÑA DE 5 ANOS: "Porque aquí non é ben ruar"
  


PANXOLIÑA DE 3º DE PRIMARIA: "Canto de reis e panxoliña de Chapela"


PANXOLIÑA DE 5º DE PRIMARIA: "Canto de Lasoxo"
  

  Parte de frauta para os maiores:

E aquí déixovos o ligazón coas letras das tres panxoliña que empezaremos a practicar xa na clase:
 https://drive.google.com/file/d/1IZPpmIivWAgqGwzHv25Jj1Dlu25daT52/view?usp=sharing


Saúdiños musicais!

miércoles, 6 de noviembre de 2019

Frauta para @s maiores!

Boas!

Estes días nas clases de música estamos a traballar coa frauta e 5º e 6º requiren un reforciño vía blogue. 

En 4º EP esta semana tedes que practicar a pentatónica ascendente e descendente (do-re-mi-fa-sol; sol-fa-mi-re-do) para poder aprender a canción o próximo día. Este vídeo vos axudará a recordarlas.

  


En 5º EP estamos a cantar e tocar a adaptación musical feita por Susa Herrera ao precioso poema "Non hai follas verdes" de Antonio García Teijeiro. Esta semana tócalles repasar na casa o practicado en clase e aquí vai unha axudiña:
 https://drive.google.com/file/d/1DukQR1h8o1CWUWktmMGoqpDplwgt5Yl-/view?usp=sharing



E en 6ºEP tras o traballo creativo co texto "Rachapedras" , estamos tocandoo en frauta.
Precisamos aprender o si bemol, atendede a imaxe explicativa: é como o fa normal pero destapando o dedo do la; os buracos que están en vermello na imaxe son os tapados.  Tamén deixovos o vídeo da peza para que podades ir repasando o traballado na clase: 


https://drive.google.com/file/d/1iQ5iNZwz442pL_X7KvURaCrdfSNNxGqp/view?usp=sharing




A practicar!!

miércoles, 9 de octubre de 2019

Un novo magosto en camiño

Pois xa estamos a preparar o magosto!

Este curso a cantiga escollida é unha adaptación que fixo un cole da cantiga popular galega "Zumba no caneco". Claro que poñerémoslle o noso toque... agora a ensaiar!

 

LETRA DA CANCIÓN:

RETROUSO:
E zumba no caneco
e no caneco zumba
e zumba no caneco
no caneco zumba, zumba.

Imos facer o magosto
castañas a reventar
acordarvos de collelas
non se vos vaia olvidar.
RETROUSO

Por debaixo das castañas
carozos vai colocar
un señor ou unha señora
que ben imolo pasar.
RETROUSO

Vaise desprendendo o lume
para que vaian pasando
remexelas a modiño
logo ilas acochando.
RETROUSO

Todos os anos facemos
no cole Angorén Chapela
unha festa no magosto
que amamos nesta terra.
RETROUSO

Os churruscos logo van
da cara para o fuciño
e para as castañas novas
        a comelas con cariño.
RETROUSO (X2)

sábado, 14 de septiembre de 2019

BENVIDA 2019

Benvid@s a este curso 2019/ 2020!

Esperánnos grandes cambios e moitas cousas este ano académico así que seguide as nosas redes...

miércoles, 22 de mayo de 2019

Radio BULEBULE!

Olaaa!!

Xa queda pouco para a nosa festa fin de curso na que poderedes desfrutar de Paco Nogueiras e o seu novo traballo "Radio Bulebule". Ainda que xa leva un tempo sonando no cole nas entradas e saídas, déixovos aquí uns vídeos para que o coñezades un pouco mais... pasarémolo xenial!

 


A seguir cantando!

domingo, 17 de marzo de 2019

Preparando visitas literarias!

Ola!

No cole estamos emocionados cos autores e autoras que nos van visitar este curso grazas ao traballo incansable do noso equipo de biblioteca e a súa mascota a Caracola Tola :)

Para darlle a benvida a Antonio García Teijeiro  e Gloria Sánchez as clases de 3º e 4º de primaria imos interpretarlle estas poesías que musicou a miña mestra e amiga Susa Herrera... A practicar!!

4º EP: "O galo" de Antonio G. Teijeiro
O galo ten un bico 
a mosca non o ten
a araña tece fíos 
o verme vai no tren.

O galo quiquirica
a mosca remosquea
a araña é tecedeira 
e o verme vermenea. 

O galo e maila mosca
van xuntos camiñar,
a modo vai o galo
a mosca vai detrás.

O galo quiquirica
a mosca remosquea
a araña é tecedeira 
e o verme vermenea. 

A araña e mailo verme 
á praia van nadar,
e non pasa da area
ela non chega o mar.

O galo quiquirica
a mosca remosquea
a araña é tecedeira 
e o verme vermenea. 

O galo fala pouco
a mosca un chisco máis
a araña non di nada
o verme está a rosmar. 
AUDIO: https://drive.google.com/file/d/1rcEhIWYhUHTSpUSe397qF8m4YeZHWgVw/view?usp=sharing


3º EP: "Dez piratas" de Gloria Sánchez
Eles eran dez piratas:
os máis feos,
os máis brutos
os máis malos
os máis sucios
Cobizosos como ratas.
Laralala...

Saíron do porto un día
a bordo das Marabillas
un bergatín desgraciado
e tres buracos na quilla
cegados con calcetíns.
Laralala...

Onde van os dez piratas?
Onde os dez piratas van?
Van na busca dunha moza?
Van na busca ou non o van?
Laralala...

miércoles, 20 de febrero de 2019

MURGAS ENTROIDERAS

Bos días:

Un pouco tarde pero aquí vai a entrada prometida!
Algunhas clases están practicando estes días na clase as murgas e canción para actuar diante das súas compañeiras e compañeiros o vindeiro mércores.

4 ANOS : Samba lelé (popular brasileira)

2º EP: "Bailamos, cantamos" (Música: "Watussi" de Susa Herrera)

6º EP: "Ímonos ao insti" (Música: "Déjala que baile" de Melendi e Alejandro Sanz)


A practicar moito para aprendelas de memoria!!

lunes, 28 de enero de 2019

Rosalía Creativa (segunda edición)

Olaa!!

Comezamos os ensaios para unha nova edición de "Rosalía creativa", que xa fixemos o ano pasado. Como xa sabedes, isto significa que os próximos días algúns de vós ides traballar un pouquiño a obra de Rosalía de Castro na clase de música e... estas son as cancións escollidas este curso:

4º EI (3 ANOS)
ç

1º EP:
  

4º EP:
  

Xa veredes que traballo tan chulo imos facer estes días!! Ata pronto!