Mostrando entradas con la etiqueta Día del libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día del libro. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de marzo de 2019

Preparando visitas literarias!

Ola!

No cole estamos emocionados cos autores e autoras que nos van visitar este curso grazas ao traballo incansable do noso equipo de biblioteca e a súa mascota a Caracola Tola :)

Para darlle a benvida a Antonio García Teijeiro  e Gloria Sánchez as clases de 3º e 4º de primaria imos interpretarlle estas poesías que musicou a miña mestra e amiga Susa Herrera... A practicar!!

4º EP: "O galo" de Antonio G. Teijeiro
O galo ten un bico 
a mosca non o ten
a araña tece fíos 
o verme vai no tren.

O galo quiquirica
a mosca remosquea
a araña é tecedeira 
e o verme vermenea. 

O galo e maila mosca
van xuntos camiñar,
a modo vai o galo
a mosca vai detrás.

O galo quiquirica
a mosca remosquea
a araña é tecedeira 
e o verme vermenea. 

A araña e mailo verme 
á praia van nadar,
e non pasa da area
ela non chega o mar.

O galo quiquirica
a mosca remosquea
a araña é tecedeira 
e o verme vermenea. 

O galo fala pouco
a mosca un chisco máis
a araña non di nada
o verme está a rosmar. 
AUDIO: https://drive.google.com/file/d/1rcEhIWYhUHTSpUSe397qF8m4YeZHWgVw/view?usp=sharing


3º EP: "Dez piratas" de Gloria Sánchez
Eles eran dez piratas:
os máis feos,
os máis brutos
os máis malos
os máis sucios
Cobizosos como ratas.
Laralala...

Saíron do porto un día
a bordo das Marabillas
un bergatín desgraciado
e tres buracos na quilla
cegados con calcetíns.
Laralala...

Onde van os dez piratas?
Onde os dez piratas van?
Van na busca dunha moza?
Van na busca ou non o van?
Laralala...

miércoles, 6 de abril de 2016

As palabras teñen vida e música

Ola!!
Nas clases xa estamos preparando a canción "A palabra ten vida" do cd Brinca Vai de Paco Nogueiras. Xa podedes practicala facendo click nas imaxes (nunha tendes a letra e a outra a música).

Agora, a cantar!

















E para os que estamos xa coa partitura de frauta podedes descargala clickando no ligazón: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506LXNfeE1MZ1A3S00/view?usp=sharing