Mostrando entradas con la etiqueta Canciones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Canciones. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de septiembre de 2025

Benvidos a un novo curso!

Benvidos a un novo curso escolar!

Por onde nos levará o curso 2025-26? déixovos unha pista na seguinte canción...


 

Ata prontoo!

sábado, 8 de marzo de 2025

Comezamos un novo tema!

Boas!!

Estes días estivemos traballando o contrabaixo na clase e saíu  a anécdota do instrumento máis grande, déixovos aquí a ligazón á entrada sobre o octobass... alucinade!


E para rematar o trimestre empezamos unha nova unidade didáctica, e é das miñas favoritas... música galega!. Déixovos algunhas das actividades que iremos  facendo na clase:

Click  na imaxe!


 


  

  

Ireivos contando!

O NOSO CANTO | Todas xuntas resoamos máis forte

Feliz día da muller traballadora!

 

jueves, 13 de febrero de 2025

É tempo de entroido...

Bos días!

Levamos unhas semanas traballando o entroido na clase e estas son as cancións  que escolléchedes para facer as vosas murgas... a ver que tal sae!

CANCIÓN PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
 

MURGA DE 2º DE PRIMARIA: "Chegou o entroido"
 

MURGA DE 5º DE PRIMARIA: "O entroido empeza xa"
 

A verdade é que quedaron moi ben así que ensaiade moito para que saia ben... saúdiños musicais!

sábado, 1 de febrero de 2025

Rosalía Creativa 2025

Boas! 
 Comezamos a preparar unha nova edición de "Rosalía Creativa". Este curso faremos diferentes traballos arredor destas dúas cancións, coma sempre, baseadas en dous poemas da famosa escritora galega... a practicar!

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS) E 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
 
*TAREFA: Pensade neses ríos, arboredas das ás que lle diriades adiós e mandádeme unha foto. 


3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA    
*TAREFA: Veremos de construír algún dos alimentos que se mencionan aquí de forma plástica.


E para despedirme deixo un vídeo chulísimo que atopei sobre a biografía de Rosalía de Castro, para saber un pouquiño máis desta autora á que homenaxeamos todos os anos... ata pronto!

jueves, 16 de enero de 2025

Banaha · R. Robinson · Amadeus-IN

Boas!!

Pois estes días estamos practicando esta fermosísima canción do Congo. Atentos que este coro fan unhas percusións corporais diferentes as traballadas na clase:
  • Parte 1: muslo- chasquido- peito- chasquido
  • Parte 2: palma- muslo-palma- chasquido (igual que no vídeo)
  • Parte 3: peito- peito- muslo- muslo- pé- pé (sempre primeiro dereito e logo esquerdo)
 

Practicade moito que teño unha sorpresa preparada con esta canción... jijij...

Saúdiños musicais!

sábado, 27 de enero de 2024

Primeiros traballos deste curso!

Boas!!

Estes días estamos traballando arreo na clase. E, como espero que repasedes na casa, déixovos as ligazóns necesarias... ánimo! a estudar!

Por un banda, temos as clases que xa están empezando a aprender cancións relacionadas con Rosalía de Castro para a nosa particular e musical celebración:

- 5º DE INFANTIL (4 ANOS) E 1º DE PRIMARIA

     


- 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:



E por outra banda, como primeiro contacto coa frauta estamos repasando cancións sinxeliñas feitas outros cursos. Déixovos os links para acceder a eles:

Disfrutade do fin de semana e unha aperta musical!

domingo, 21 de enero de 2024

Feliz 2024!

 Feliz ano a todos! estou moi contenta de volver a estar na escola traballando con todos vós e por iso andamos xa atarefados co ENTROIDO!.

Por unha banda, póñovos aquí a ligazón do baile da comparsa que estamos a ensaiar estes días na clase por se queredes repasalo na casa:  música comparsa.

E por outra, algunhas clases xa están a ensaiar un tradicional do entroido do Angorén como son as MURGAS. Póñovos aquí as letras e as músicas editadas para que podades ensaiar. 

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

"Pinta, pinta enferruxa

pinta, pinta co tizón.

Ti serás a mascariña

eu serei o mascarón.

Bate, bate co caxato

entroideiro choqueirón.

Ti farás de carpinteiro

eu serei o toleirón. 

(Click na imaxe para acceder á  música)


2º EDUCACIÓN PRIMARIA: "En Angorén pasámolo moi ben"

- Letra: https://drive.google.com/file/d/1C4LgVGoTNH79R8WjwBXh2v5UtULCmFYg/view?usp=sharing

- Música  (playback editado): 

https://drive.google.com/file/d/1-ZGEY7VkfyV58_LFrpTKqSsgApAINEet/view?usp=sharing


6º EDUCACIÓN PRIMARIA: "Ben! xa chegou o entroido..."

- Letra: https://drive.google.com/file/d/1_xDqOLa8Nz8hOWz1NyitStFABV4r_Su6/view?usp=sharing

- Música (playback editado): https://drive.google.com/file/d/1uw6pEZi9wF285RYbPy41gE6jcCkeMohg/view?usp=sharing


Agora a ensaiar moito!
Saúdiños músicais ata a próxima entrada que será  moi pronto!

jueves, 15 de septiembre de 2022

Benvid@s a un novo curso!

Como este curso imos traballar contidos relacionados coa cociña,  imos abrindo boca con esta canciòn :)

 

viernes, 3 de junio de 2022

Cancións para final de curso

 Olaa!

Xa non  queda nada para que remate o curso, e para despedilo como merece, en música estamos facendo diferentes traballos relacionados co noso proxecto, "Galicia máxica".

Aquí déixovos as ligazóns das cancións de cada curso:

Educacion Infantil: https://youtu.be/fEymLn154iM

1° de primaria: https://youtu.be/PVh3b8jVE5o

2° de primaria: https://youtu.be/7ukgZ3iBDOQ

3° de primaria: https://youtu.be/9cdBmV2DGMw

4° de primaria: https://youtu.be/u_p7LRF-NIk

5° de primaria: https://youtu.be/plM0OiVn5jQ

6° de primaria: https://youtu.be/UYwLh0WOGDY

Antes de despedirme deixo aquí unha ligazón para o alumnado de 5° de primaria (farédelo en clase de TICs):

 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScq3O3wIDT19rneuccaSOoLqRXPMusLnGIQjuJuHHrqdpNGbA/viewform


E agora a traballar que en nadiña estamos de vacacións!

viernes, 18 de septiembre de 2020

Benvida ao corona- curso

Boas! 

Comezamos un novo curso con moitos retos e novidades pero xa sabedes: xunt@s o conseguirémolo!!
O cole está repletiño de novas normas máis ou menos complicadas que buscan salvagardar a nosa saúde e esta semana repasarémolas na clase pero... con moito ritmo.!
Podedes ir escoitando a canción que traballaremos esta semana e... coma sempre...

Saúdiños musicais!
 

domingo, 17 de mayo de 2020

Feliz día das letras galegas 2020!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Imos celebrar un día tan especial gozando do marabilloso traballo do alumnado e familias do #coleangoren! Moitas grazas a todas as persoas que participáchedes!

 

E como vos explicara, era unha proposta intercentros (é dicir, de moitos coles) así que click no logo de cada escola e divertirse co traballo do resto de nenas e nenos:

domingo, 10 de mayo de 2020

Canción Ricardo Carvalho Calero

Ola!

O meu colega Samu volveu facer unha canción baseada no autor homenaxeado nas letras galegas para o que lle apeteza escoitala e aprender un pouquiño máis sobre el.


 Moitas grazas polos vosos vídeos, notas de audio e foto para a canción "Verdescente" e fotos coas casmisetas do maratón (actividades explicada nas anteriores entradas)... lembrade que  todavía tedes esta semana para mandarme cousiñas!!

Saúdiños!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

Actividades intercentros (máis explicada): Verdescente

En canto a proposta musical que saibades que cada cole monta o seu vídeo e ao subilo a súa propia páxina citanse os dous outros coles que o fixeron... por agora estamos anotados estes:
- CEIP García Barbón de Vigo
- CEIP nº 1 de Tui
- CEIP Esterio de Ferrol
- CEIP Ponzos de Ferrol
- CEIP Otero Pedrayo (Vigo)
- CRA María Zambrano (O Rosal)
- EEI Monte do Alba (Vigo)
- CEIP Igrexa Valadares (Vigo)
- CEIP Plurilingüe de Atios (Porriño)
- CEIP Plurlingüe Igrexa Chapela

A ver se teño suficiente material para participar... estaría guai tantos coles unidos dende a distancia e nuna situación como esta máis todavía!
Lembrade que imos facer un  vídeo coa canción "Verdescente" de Uxía Lambona e a banda molona (que moi amablemente cedéronnos e graváronnos a versión karaoke para esta actividade) e para iso preciso cousiñas como:
* Un vídeo cantando e bailando a canción enteira (ou un fragmento) sobre a versión karaoke
* Un audio de WhatsApp sobre a versión karaoke e unha fotiño vosa
* Un vídeo bailando
* Un debuxo da canción (que como escoitaredes fala de Galicia)
* Un pequeno video ou foto poñendo caras graciosas
* Gravarvos cantando o retrouso
* Unha foto/ vídeo tocando instrumentos musicais

O que queirades... botarlle imaxinación! Cantas máis cousas orixinais reciba melllor vai quedar! Espero que algúns vos animedes a cantar :)
Déixovos novamente os materiais para evitarvos ir a entrada antiga:
- Audio (vídeo) da canción orixinal: https://youtu.be/3LENjTMH7Ac

Como é unha actividade de música podedes mandarma ao meu correo (cuentalumnado@gmail.com) ou ao teléfono do ANPA (617395139)... o que prefirades!
A data límite para mandar vídeos e fotos será o xoves 14 de maio, en principio xa que todos os coles o farán igual... irei vendo!
Pois espero escoitar as vosas voces moi pronto e grazas por escribirme!

sábado, 2 de mayo de 2020

Dúas propostas intercentros

Boas!!

Antes de nada, moitas grazas pola vosa participación nos maios... a verdade que quedounos un vídeo chulísimo... déixovos aquí o ligazón a youtube por se ainda non o víchedes:

 

E unha semana máis aqui chega o traballiño musical que, coma sempre, trato de que vos resulte divertido e entretido :) 
Lembrade que o luns poñerei o último programa de Radio Beretiño coas respostas ao concurso así que todavía estás a tempo de participar: pon as túas respostas como comentario neste blog veña!

Pois estas próximas semanas no cole estamos a preparar un día moi especial, ó 17 de maio, día das letras galegas. Sairán propostas relacionadas con Ricardo Carballo Calero dende a biblioteca e co noso tradicional maratón dende Dinamización e dende música imos contribuír. 
Dende o IES de Chapela (e en colaboración cos outros CEIP de Chapela ) pídesenos que animemos a noso alumnado a sacarse unha foto coa camiseta do maratón no seu paseo do día das letras galegas para así visivilizar a nosa parroquia e o noso tradicional maratón que este ano non se pode realizar...  deberedes subila ao twitter cos hastags #maratonletrasgalegas e #coleangoren, ou se o preferides podedes mandala por correo electrónico ao centro ou  min e nos encargámonos de subilas e recopilalas. 

E por outra, hai unha proposta desta área á que se van sumando cada vez máis coles como: CEIP García Barbón de Vigo, o CEIP nº 1 de Tui, o CEIP Esterio e o CEIP Ponzos de Ferrol, CEIP Otero Pedrayo (Vigo), o CRA María Zambrano (O Rosal), o EEI Monte do Alba (Vigo) CEIP Igrexa Valadares(Vigo), CEIP Plurilingüe de Atios (Porriño),o CEIP Plurlingüe Igrexa Chapela e agora nós.
Trátase de facer un vídeo con canción"Verdescente" de Uxía Lambona e a banda molona. Xa sabedes, que "cantar" é un dos contidos máis importantes e que máis facemos en clase e a idea é facer un vídeo similar a este tan chulo que fixeron artistas galeg@s:

 

E como imos facer?
Pois escolledes un sitio que vos guste durante o voso paseo (ou tamén dende as vosas casas e fincas se queredes), vos poñedes a vosa camiseta do maratón (imos xuntar ambas propostas para que non se vos acumule o chollo) e vos gravades cantando a canción sobre a versión karaoke desta... déixovos aquí uns conselliños. Despois sacádesvos unha foto tamén e mandásdeme todo para que eu poda levar a cabo as dúas propostas intercentros.

Indicacións para tarefa: 
  1. Para comezar tedes que aprender ben a canción. Déixovos aquí a letra: https://drive.google.com/file/d/1XvEOP2VWKvudbbJU6vsBbT2yZZIjUyUk/view?usp=sharing
  2.  Cando xa a teñades algo memorizada intentade interpretala sobre a base musical que segue. É un audio karaoke, é dicir, se voz para que se escoite as vosas:  https://drive.google.com/file/d/1-FO5iMc9VkDMhg5KDt00_FtaCvVzlv6C/view?usp=sharin
  3. Pídovos que vos poñades a vosa camiseta do maratón que no noso cole é sempre a mesma, se non a tes a man ou xa non che sirve.. non pasa nada! Faino vestido de calqueira outro xeito!
  4. Por último gravádevos un vídeo  cantando esta fermosa peza para enviala ao meu correo (cuentalumnado@gmail.com) ou ao teléfono do ANPA, elas reenvíanmo ao momento así que non vos preocupedes. Escollede o que vos resulte máis cómodo.  
  5. Podedes cantala enteira ou un fragmento pero para que logo eu poda montala teño que ter todas as estrofas cantadas así que agradezo moito ás nenas e nenos que se animen a cantala enteira. 
  6. Esta actividade é para todos os cursos, dende infantil ata primaria. Se para infantil é moi complicado aprender toda a letra, chega cun fragmento ou se queredes bailando un pequeno fragmento ou o que queirades!!!!
  7. A data límite para mandar vídeos e fotos será o xoves 14 de maio.
  8. Lembra que ademais do video preciso unha foto coa tua camiseta para poder enviarlla ao IES.
Como vedes esta semana o traballiño é un pouco máis complexo que os anteriores pero anímome polos bos resultados que estou tendo :)
Veremos o que sae deste experimento! Espero as vosas contribucións e... o máis importante, pasádeo moi ben levando a cabo esta actividade en familia.
Escribídeme como sempre se tedes calqueira dúbida e moitas grazas polo voso traballo!

Saúdiños musicais!!

lunes, 20 de abril de 2020

Outro mensaxe de ánimo... grazas!

Porque nunca teremos suficientes cancións nin aplausos para a nosa sanidade, forzas de seguridade, servizos de limpeza, supermercados e mercados, centros de investigación... e a vós, nenas e nenos que agardades pacientemente nas vosas casas. Grazas!!

 

viernes, 17 de abril de 2020

Creatividade con pegadas de Oviravai

Bos días!

Como andamos de ánimo? Espero que ben, pensade que cada vez queda menos para volver ao cole e estar xunt@s pero, de momento, quédanos un tempiño máis de espera.
Esta semana na aula de música própoñovos a todos os grupos traballar a CREATIVIDADE de diferente xeito según o nivel.  Como non quero que atronedes as vosas familias empregando obxectos sonoros (que sería como o faríamos na clase de música) ímolo adaptar e facelo sobre papel, é dicir debuxando!!

Cada clase terá unha canción inspiradora e un reto artístico que (coma sempre) anímovos a facer e mandarmo ao correo cuentalumnado@gmail.com para así poder mostrarllo ao resto de compañeiras e compañeiros en twitter...

Para Infantil, 1º e 2º de primaria propóñovos aprender esta divertida canción do grupo Oviravai e despois tentar debuxar algún deses animais coas vosas pegadas... como?
Imos por partes, o primeiro é escoitar a canción e escoller un animal (da canción ou outro calqueira):

 

Agora fixádeos nas seguintes imaxes onde veñen instrucións de como facer animais con pegadas das máns, podedes facer un ou máis... creo que vos vai resultar divertido!. Tamén póñovos a imaxe do libro do que saquei a idea porque é unha verdadeira obra de arte.
Podedes empregar tinta de sellos, pintura de dedos ou mans, rotuladores ou incluso maquillaxe... que cada un invente co que ten na casa con que pode poñer a súa pegada no folio!

Estou desexando ver os vosos animaliños! Animádevos a probar e mandarme unha foto!
Saúdiños musicais!

Creatividade con Magín Blanco e Leandro Lamas

Bos días!

Como andamos de ánimo? Espero que ben, pensade que cada vez queda menos para volver ao cole e estar xunt@s pero, de momento, quédanos un tempiño máis de espera.
Esta semana na aula de música própoñovos a todos os grupos traballar a CREATIVIDADE de diferente xeito según o nivel.  Como non quero que atronedes as vosas familias empregando obxectos sonoros (que sería como o faríamos na clase de música) ímolo adaptar e facelo sobre papel, é dicir debuxando!!

Cada clase terá unha canción inspiradora e un reto artístico que (coma sempre) anímovos a facer e mandarmo ao correo cuentalumnado@gmail.com para así poder mostrarllo ao resto de compañeiras e compañeiros en twitter...

Para 3º e 4º selecciono a canción "Don Ramón" de Magín Blanco con este fermosísimo viodeoclip ilustrado por Leandro Lamas. A canción é moi chula e espero que a aprendades pero pídovos que intentedes debuxar as ilustracións seguindo as indicacións do artista. Explícovos, durante este confinamento Leandro Lamas subiu catro debuxos del feitos "paso a paso" para que persoas cativas e adultas os puideramos facer... eu divértinme moito debuxandoos así que agora anímovos a vos.
Premede nos ligazóns que hai debaixo da canción, mirade os debuxos, escollede un e... a dibuxar! (e logo acordárvos de mandarmos)... veredes que é máis fácil do que parece :)

 

viernes, 3 de abril de 2020

Boas vacacións e...a resistir!

Olaaa!!

Pois creo que todxs sabedes porque comparto esta canción así que... ánimo e vémonos no próximo trimestre!
 

sábado, 28 de marzo de 2020

TRABALLO TELEMÁTICO: Radio Beretiño #euquedonacasa

Boas!!

Que tal ides? Espero que con ánimo porque parece que todavía nos queda un pouquiño de tempo máis na casa... pola nosa parte xs profes pensamos moito en vós e queremos que teñades claro que estamos ao outro lado da pantalla.

Aquí vai a última actvidade do trimestre da área de música que, ao ser unha actividade de peche, ides ver que é un pouquiño especial... a ver qué tal sae.

Nestes días de confinamento moitos artistas de todos os ámbitos que están facendo gratuítamente os seus espectáculos a través de redes sociais: eu estou "indo" a concertos, clases de baile, monológos de risa, clases de debuxo... e todo con artistas moi coñecidxs! Así que buscade e poderedes pasar un bo tempiño en familia facendo cousas que vos gusten :)

Xa sabedes que no noso cole leva varios anos funcionando "Radio Beretiño" que agora coa transformación da biblioteca mudou para alí convértendose en "Radio na biblio".  Por iso imos intentar facer un programa especial titulado #euquedonacasa ao igual que están facendo @s artistas ás que sigo.  Queredes participar??? ... moita atención as instrucións!

Como?
Tedes que gravavos a vosa voz dende casa utilizando un audio de WhatsApp (que seguro que todos o coñecedes e o manexades) e mandalo ao teléfono móbil do ANPA "Os Muíños" do noso cole, elas o reenviarán ao meu e así irei facendo colección ao longo de toda a semana que ven
Seguro que o tendes todos pero, por si acaso, o móbil do ANPA é: 617 39 51 39. Por favor antes ou despois do audio poñede o voso nome e curso e "Para Ángela" e así non terán dúbidas de que mo teñen que reenviar.
Se queredes gravar dun xeito máis elaborado (con programas como Audacity no ordenador) ou compartir o arquivo conmigo doutro xeito, xa sabedes que piedes empregar cuentalumnado@gmail.com.

Que podo gravar?
Pois tendes bastante liberdade a escoller o que máis vos guste porque logo eu aglutinarei esos audios por bloques. De todos xeitos vouvos dar unhas ideas para facilitarvos a tarefa: 
  • Dicir unha canción que vos guste e poñer un fragmento (ou cantala vós)
  • Recitar algún fragmento literario: un poema, unha adiviña, un chiste,...
  • Gravarvos lendo algún texto composto por vós estes días de confinamento
  • Gravarvos tocando algo na frauta ou noutros instrumentos que teñades na casa 
  • Mandar un audio  de ánimo para @s compañeir@s 
  • Investigar algún dato curioso relacionado co mar e gravalo dicindoo (algúns de vós me mandáchedes estes días canto tardan en desfacerse algúns materiais de plástico e iso lido por vós valeríavos perfectamente).

Tedes moitas opcións así que espero que vos animedes! 
Por suposto que poden saír familiares con vos e botarlle toda a imaxinación que creades! Xa sabedes que encántanme ver a vosa creatividade .

Pois nada que espero escoitar moi pronto as vosas voces e un poquiño despois disfrutar do programa todas e todos xuntos!

Saúdiños musicais e moito ánimo a tod@s!