jueves, 22 de noviembre de 2018

E un novo aguinaldo en camiño...

Boas!

Estes días comezamos a ensaiar o aguinaldo deste curso así poñovos os ligazóns para que podades ir estudando.

- Partituras entregadas en clase (para que as podades descargar):


- Audios dos temas para que podades cantar (remítovos a unha antiga entrada deste mesmo blogue):  https://cpmasmusica.blogspot.com/2014/11/panxolinas-primaria-audios-letras-e.html


En canto á panxoliña de infantil imos recurrir a un clásico como é "O Quiquiriquí: Cantos para o Nadal" da Asociación de Gaiteiros Galegos... unha chulada de canción!

 

Quédame pendentes os vídeos de frauta que pedíchedes estes días... a ver se teño tempo para gravalos estes días e subírvolos aquí.


Ánimo e a practicar!!

martes, 23 de octubre de 2018

Preparando o magosto: "O Outono"

Ola!! 

Aquí déixovos a canción coa que xa empezamos estes días na clase... a cantar moito para que o día do magosto saia moi ben!!

 

domingo, 9 de septiembre de 2018

Benvid@s a un novo curso!!

Ola a todas e todos!

Xa estamos de volta nun novo curso e espero que veñades con moitas ganas de pasalo ben na clase de música, coma sempre.

Estes primeiros días de clase imos reflexionar qué é o que representa a música para cada un de vos e tomaremos o comezo deste vídeo como punto de partida... a ver a que conclusións chegamos!

Ata moi pronto!!

 

sábado, 26 de mayo de 2018

Anagnórise musical

Olaaaa!!

Na clase de 6ºB estamos preparando algo moi especial para o noso artigo de "Folerpas", a revista que todos os anos edita o noso cole para celebrar as letras galegas.

A nós toucóunos "Anagnórise" e como o argumento é un "road trip" decidimos apuntarnos á moda de gravarnos cantando no coche: https://www.telecinco.es/informativos/curioso/selfi-grabarse_en_el_coche-cantar_coche_2_2134680133.html


Para iso temos que aprendernos esta marabillosa canción de "A banda da loba" un grupo de cinco mulleres que agora mesmo presentando o seu primeiro traballo "Bailando as rúas" (https://gl.wikipedia.org/wiki/A_banda_da_Loba). 

 

Aquí deixo a letra repartida para que podades ensaiar:   https://drive.google.com/file/d/1uPuk8fC2vhnpnA_JIwoD7QEI6Xoavd5i/view?usp=sharing


Pois a cantar!!

viernes, 25 de mayo de 2018

Avaliación de PROAB

Boas!!!

Canto tempo sen actualizar este blog! Está sendo un curso movidiño con "tanto cambio e tanta revolución". 
Esta entrada é para o alumnado de 6º de primaria xa que son oas que realizaron o programa "Depoemprende na escola" e xa chega o momento de avaliar este programa.

A ver que tal os resultados destas enquisas!!




Por outra banda, o noso Equipo directivo terá que encher esta outra enquisa que mandounos a Deputación: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfoaKhJrXorUSwInt49XaU7rNg7gUpxa2yv_mCyfhwPFqyI7w/viewform

martes, 13 de marzo de 2018

De mulleres importantes...

Ola!!

Esta entrada vai adicada ao alumnado de 6ºB xa que seguimos traballando as mulleres importantes e tras facer este chulísimo póster online que vos invitamos a explorar:



Faremos unha recopilación de mulleres importantes para o xornal que faremos entre todo o centro... aquí deixo o modelo para que poidades facer o traballo:
  https://drive.google.com/file/d/12svsnwkoIVeUQeqTph9zN0FWzuVtGOgP/view?usp=sharing


Moitos saúdos!!

domingo, 18 de febrero de 2018

ROSALÍA CREATIVA

Boas!

Xa nin agardamos ao tercer trimestre para preparar unha nova ronda de  actuacións musicais... e é que, se alguen  merece un homenaxe, esa é Rosalía de Castro. 

Nesta actividade titulada "Rosalía creativa" algúns cursos cantarán polas aulas poemas musicados da famosa autora acompañando a canción con algún Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación (SAAC) elaborados na clase. Sabedes os que son?

Os poemas e os cursos escollidos son...

  • 3 ANOS: "A Rosalía" de Curros Enríquez.
  • 1º EP: "Campanas de Bastabales"
  • 4º EP: "Nasin cando as prantas..."

E como sempre, deixo aquí as músicas para que podades practicar as cancións na casa:


Agora a practicalas moito para que nos saia ben!

domingo, 28 de enero de 2018

Murgas e disfraces



Saúdiños!!!


Como non esta semana tócanos traballo duro para o entroido, unha das nosas festas favoritas :)

Nas titorías xa estamos en pleno proceso de elaboración de disfraces, este ano de "tribus urbanas" baseándonos no fermoso libros de Ana Albero e Mª Isabel Sánche Begara ("Tribus" editado en Alba)... Eres capaz de recoñecelas todas? Sabes dicir por que se caracterizan cada unha delas?



 Con algúns cursos indagarei algo máis sobre estas tribos xa que é a forma na que un grupo de persoas expresan os seus gustos, ideais e crenzas. Recordo os puntos do traballo que tedes que facer:

  • Escoller unha das tribos e poñer o seu nome e debuxo ou foto.
  • Escoller unha/un artista da historia da música (grupo ou artista individual) que o represente e escribir un pequeno texto sobre el.
  • Poñer un fotografía ou debuxo do grupo ou artista escollido.

Ademais seguiremos as ordes do Meco e faremos as nosas tradicionais merendas de entroido... que ganas!

Pero na aula de música o noso traballo se centrará: as murgas!!

O alumnado de 5º de Educación Infantil (4 anos) aprederá unha preciosa versión desta cantiga tradicional brasileira incluída no libro "Cancionero infantil del papagayo".



O alumnado de 2º de primaria creará unha nova letra para a canción "O cangrexo" e o alumnado de 6º para a archiconocida canción de Luis Fonsi (click para ir aos audios).

A practicar moito!!

lunes, 15 de enero de 2018

Revolucións pacíficas

Ola!!

Pois empezamos cun novo proxecto como vai ser o noso vídeo da paz... este ano sobre as revolucións pacíficas e eses pequenos- grandes xestos que fixeron do mundo un lugar mellor.

E de fondo musical unha versión desta canción que non nos podía encaixar mellor co oso proxecto...

 

A cantar moito!!