miércoles, 30 de noviembre de 2016

Imos pedir o aguinaldo!

Boas!

Pois, como é costume neste cole por estas datas, nas clases de 5 anos, 3º e 5º de primaria andamos a preparar as nosas cantigas de aguinaldo. Para isto vos deixo aquí os ligazóns de escoita, as letras e as parituras... practicade moito!


SOAN AS CAMPÁS 

RETROUSO (2 VECES):
Din don, din don, din don
soan cas campás.
Din don, din don, din don
chegou o Nadal.

ESTROFA:
E o aguinaldo
vímonos gañar
vimos a cantar:
la, la, la, la, la.
cantemos os nenos
la, la, la, la, la
cantemos as nenas
la, la, la la.
Que estamos de festa
xa ven o nadal.
la, la la, la.

RETROUSO (2 VECES)

DESPEDIDA DO ANO E AGUINALDO
Despedida de ano vello
entradiña de aninovo
os nenos deste colexio
os collen con moito gozo. 

RETROUSO (2 VECES):
E vinde meus compañeiros
e vámonos a tocar
as frautas, as pandeiretas
as cunchas e a cantar.

Ano novo, vida nova
ano novo que traerá?
O vello suspiros leva,
o novo xa os traerá..

RETROUSO


Ata pronto!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Partituras de frauta do momento

Ola de novo!

Estes días na aula andamos a lembrar as posicións da frauta. Xa sabedes que para que saia ben tedes que practicar un chisquiño na casa así... ánimo e a traballar!

Partitura para 4º:

Partitura para 5º: http://cpmasmusica.blogspot.com.es/2014/10/empezamos-co-magosto.html

Partitura para 6º: http://cpmasmusica.blogspot.com.es/2014/03/varias-cosas-para-clase.html


Apertas musicais!