viernes, 24 de noviembre de 2017

Investigamos as grandes revolucións musicais

E aquí tedes o marabilloso mashup co que estamos dando peche as nosas exposicións do traballo de investigación de "revolucións musicais".



A disfrutalo!

Ensaiando para o aguinaldo...

Ola de novo!

Pois en nada terminamos o trimestre e (como é tradición) algúns cursos irán pedir o aguinaldo ás outras aulas así que esta semana na clase de música empezamos a montar as seguintes cancións:


  • 5 ANOS: VAN TRES REIS EN BICICLETA DE MAMÁ CABRA




  • 3º DE PRIMARIA: CUN SOMBREIRO DE PALLA DE FUXAN OS VENTOS

LETRA MODIFICADA:
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi
mentres observaba ao neno
coméulle o sombreiro o boi.

RETROUSO:
Deixade aos pastores
deixadeos pasar
que van cantar hoxe
a Xesús non portal.

Entre as pallas deitadiño
e en coiriños está
sendo neno deste mundo
e señor que logo será.

RETROUSO

Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi
mentres osservaba ao neno
comeulle o sombreiro o boi.

PARTITURA DE FRAUTA:


  • 5º DE PRIMARIA: NADAL DE LUINTRA DE BERROGÜETTO
PARTITURA DE FRAUTA:

AUDIO E LETRA: https://www.youtube.com/watch?v=YxDOD7jFRfs


Pois se o aguinaldo queredes gañar, toca ensaiar!
Saudiños musicais!

jueves, 19 de octubre de 2017

Tradicións e diversións

Olaaa!!

Pois como todos os anos se achegan o samaín e o magosto, dúas das nosas tradicións favoritas e o cole empeza a preparase para elas... a nós, en música tócanos ensaiar esta cantiga que espero que practiquedes moito.

Darei a letra a vindeira semana na clase e aquí tedes o audio para cantar coas vosas familias tamén... 

 

domingo, 15 de octubre de 2017

Re- benvid@s a este novo curso (II)

*TRAS OS ERROS QUE NOTAMOS NA AULA ESTA SEMANA VOLVO PUBLICAR A ENRADA PUBLICADA O 25 DE SETEMBRO DE 2017*


Benvid@s ao novo curso!!

Xa tardaba en actualizar este blogue así que douvos a re- benvida a tod@s cun video que reflexa moi ben o que falamos estes primeiros días en clase: os "Cambios e revolucións" na música coa interpretación dun grupo a capella, é dicir só coa voz sen instrumentos... impresionante!

                  

Ademais, recoméndovos visitar esta antiga entrada do meu blogue na que hai un vídeo preioso que reflexa a evolución da música dende o seu nacemento:  https://cpmasmusica.blogspot.com.es/2013/01/historia-de-la-musica-lecciones.html

Ata a próxima!!

lunes, 19 de junio de 2017

Infografías de lingua galega

Boas!!

Xa non nos queda nada deste curso e por iso non teño novidades musicais que poñer neste blogue. Sen embargo si quero compartir con vós son as infografías que fixo o alumnado de 6º nestas últimas clases de lingua galega... moitas están francamente ben!

Aquí unha seleción dalgunhas e ao final atoparedes o pdf de todas as infografías para que as nenas e nenos que os realizaron as podan descargar e conservar... Bo traballo e espero que vos sexan moi útiles!

















GRUPO 1: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506X0htVW0xUUZlM3c/view?usp=sharing

GRUPO 2: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506VTA4QjFsS2Njc2M/view?usp=sharing

GRUPO 3: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506NzQyRU1GQzluQTA/view?usp=sharing

GRUPO 4: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506Y19IYnZ5WTIwTEU/view?usp=sharing

GRUPO 5: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506enR1N1dlS2hWaW8/view?usp=sharing

GRUPO 6: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506LUlTMlhaSWxJS0E/view?usp=sharing

lunes, 29 de mayo de 2017

As mainiñas

Olaaa!!

Aunque xa as escoitades nas músicas das entradas e das saídas, durante esta semana na clase coñeceremos un pouco máis "As Mainiñas" que virán dar o concerto de fin de curso no noso colexio.

"As Mainiñas" son dúas mozas de Mos que ademáis de dar clases e dirixir a súa propia academia musical en Porriño, compoñen e presentan as súas cancións por toda Galicia.

Ata o momento teñen tres libros- cd's: Unha viaxe polo mundo, O soño de Zalo e (o que veñen a presenar ao noso centro): Volta, revolta e reviravolta.  A maioría destas obras as tedes na biblioteca

Eu fai un par de meses, fun ver "As Mainiñas" a un concerto (na que saquei esta foto) e paseino estupendamente xa que elas animan moito a xente e ensinan as súas cancións para que poidades participar no concerto.

En youtube tedes varios vídeos dos seus anteriores traballos e esta semana na clase cantaremos: "Quería voar", "Pizza italiana", "Poñede un sari", "Tripulación" e "New Orleans"... a ver si vos gustan!

Ata pronto!


miércoles, 8 de marzo de 2017

8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo

Ola a todas e todos!

Pois aunque estes días non ande polo cole non significa que non me teñades aquí, a través do meu blogue, onde sempre estou.
Estou segura de que ides disfrutar un montón  estes días con Laura e así cando eu volva (que será moi pronto) traballaredes cheos de forza.

Déixovos un proxecto moi fermoso que realizaron oito marabillosas artistas galegas coa Deputación da Coruña como forma de conmemorar este 8 marzo, Día internacional das mulleres.

Espero que vos guste e que nos vexamos moi pronto!

 

viernes, 10 de febrero de 2017

Dunha para outra!

Saúdos!

Tras o marabilloso traballo realizado para a paz (mira o vídeo en http://caracolatola.blogspot.com.es/2017/01/a-viaxe-de-muna.html) xa estamos atarefados co entroido.

Nas clases de 5º estamos xogando co famoso "Entroido dos animais" de Saint- Säens, na de 4º e 5 anos ensaiando a nosa canción "Eu son unha torre que veño de París" (https://www.youtube.com/watch?v=TCiMgJDeSXc)... e nalgúns cursos afortunados ensaiando a súa comparsa ou murga para ir a interpretar a outras clases. 

Aquí déixovos as ligazóns para que podades practicar moito e facelo xenial na actuación:

Os cativos de 4 anos están aprendendo "Pinta, pinta, enferruxa" (que xa publicara nunha entrada antiga deste blogue).  
 *Click na imaxe para acceder ao audio.

As nenas e os nenos de 2º de primaria púxeronlle unha nova letra a "O Samaín" de Paco Nogueiras. 
Clikando nesta ligazón tedes o karaoke para poder practicar:  https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506emhPWF8zR1liMGM/view?usp=sharing

E as rapazas e rapaces de 6º de primaria escolleron a famosa canción "Sofía" do disco que tedes á esquerda deste texto. Clik na imaxe para acceder ao karaoke co que ensaiamos en clase.

E aquí tedes as letras, por si as precisades consultar:
Ánimo co ensaio!

lunes, 16 de enero de 2017

Cantando á paz!

Ola e feliz ano a todas e todos!

Comezamos o trimestre cantando á paz e traballando o tema das persoas refuxiadas coa seguinte canción:
               

Lembrade que gravaremos o noso propio versión desta canción, en galego e noutro tono. Así que aquí tedes a letra (https://drive.google.com/open?id=0B1koCyCb6506NVlJM1d2LUdJYlE) para que podades ir ensaiando o traballo das vindeiras semanas.

A cantar! Saudiños!