miércoles, 19 de octubre de 2022

Terceiro traballo de TIC's

Boas! 
Neste traballo imos crear un power point (que xa estivamos vendo na anterior tarefa) sobre "músicas de sobremesa", é dicir, cancións que a xente canta despois de xantar a modo de celebración e diversión. Para elo, seguiredes os seguintes pasos: 
  • Preguntar NA CASA a algún familiar que cancións cantan cos súas amistades ou familia despois dos xantares colectivos.
  • Logo, EN CLASE DE TICS, buscar información dela: a súa letra, a súa partitura, algún vídeo...
  • Despois,  tamén EN CLASE DE TICS, facer un power point de alomenos 3 diapositivas sobre ela. Podes descargar aquí instrucións (https://drive.google.com/file/d/13Tq40PF7C0TBiZFqZtgS68kATR2jZcKQ/view?usp=sharing)
  • E por último, mandarme o traballo por correo ao enderezo habitual: cuentalumnado@gmail.com 

Aquí vos deixo unha versión de Uxía Lambona e a banda molona dunha canción que é das máis típicas, "Pousa, pousa" de A Roda.


Saúdos!

Folerpiña (transportada) - Campás afinadas

Outra canción chula para a aula :)

 

viernes, 30 de septiembre de 2022

Algunhas páxinas interesantes para explorar na clase de TIC's

Olaa!

Como vedes este blog adáptase ás necesidades de cada curso e, como este curso son a vosa mestra de música e de TIC's, empregareino para os traballos de ambos.

Aquí deixo unha primeira búsqueda que estiven facendo para empregar na aula... xa irei engadindo máis :)








* WEBS CON DIFERENTES XOGOS E ENQUISAS (PRIMARIA):



Saúdoss!

jueves, 15 de septiembre de 2022

Benvid@s a un novo curso!

Como este curso imos traballar contidos relacionados coa cociña,  imos abrindo boca con esta canciòn :)

 

jueves, 16 de junio de 2022

Despedida #osMalegos

 Para as nenas e nenos de 6°:

Xa son uns cantos anos cantando, bailando e compartindo momentos xuntos por iso non quero rematar o curso sen escribirvos algo.

Ainda que non o creades, para mín sempre fúchedes (e seguides sendo),  un curso entusiasta e participativo coas miñas propostas co que me divertín en clase e sigoo facendo con algo máis de traballo, iso si, jeje.

Como mostra de que non minto, unha selección de algúns dos traballos que fixéchedes comigo... mirade que pequeniñ@s erades!

Moita sorte na vosa nova etapa, veredes que o instituto vaivos gustar e ides estar xenial. Xa sabedes que na aula de música do Angorén sempre haberá un oquiño para vós.

Botareivos de menos:

Ángela

viernes, 3 de junio de 2022

Cancións para final de curso

 Olaa!

Xa non  queda nada para que remate o curso, e para despedilo como merece, en música estamos facendo diferentes traballos relacionados co noso proxecto, "Galicia máxica".

Aquí déixovos as ligazóns das cancións de cada curso:

Educacion Infantil: https://youtu.be/fEymLn154iM

1° de primaria: https://youtu.be/PVh3b8jVE5o

2° de primaria: https://youtu.be/7ukgZ3iBDOQ

3° de primaria: https://youtu.be/9cdBmV2DGMw

4° de primaria: https://youtu.be/u_p7LRF-NIk

5° de primaria: https://youtu.be/plM0OiVn5jQ

6° de primaria: https://youtu.be/UYwLh0WOGDY

Antes de despedirme deixo aquí unha ligazón para o alumnado de 5° de primaria (farédelo en clase de TICs):

 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScq3O3wIDT19rneuccaSOoLqRXPMusLnGIQjuJuHHrqdpNGbA/viewform


E agora a traballar que en nadiña estamos de vacacións!

domingo, 27 de marzo de 2022

Volvemos coa frauta!

 Boas a todos!

Canto tempo sen actualizar! pero temos moito que traballar en pouco tempo así que imos alo!

Nesta entrada vou recordarvos como imos dar frauta nestes tempos tan especiais. Tal e como vos expliquei en clase, despois de traballar a partitura na aula teredes que gravarvos e mandarme o vídeo interpretando a peza a cuentalumnado@gmail.com   para que poda avaliarvos frauta... se algún de vós ten algunha dificultade falade comigo na clase e xa vemos cómo facemos.

Por aquí déixovos unha entrada antiga por si precisades repasar as posicións da frauta:

http://cpmasmusica.blogspot.com/2012/10/flauta-dulce.html?m=1


E aquí as primeiras partituras... a estudar!!

3° EP


4º EP



5°EP
Tedes que gravarvos facendo: 
sol- la- si- do'- do'- si- la- sol (para ir preparando esta partitura)


6°EP 


Ánimos sonoros!