lunes, 8 de junio de 2020

Escape room musical

Boas!!!
Xa sabedes que a última actividade de curso sempre é diferente e lúdica e, este ano, merecíades algo moi especial.
Así que preparei este Escape room musical espeial para vós (premede na imaxe para acceder a el) despois de ler as instrucións: 
  1. Tedes que resolver as probas dende o número 1 ao número 5.
  2. Collede papel e algo para escribir, xa que debedes ir anotando cada resposta. Unha vez a teñades mandádemas nun único correo electrónico: cuentalumnado@gmail.com.
  3. Podedes acceder as probas dende os ligazóns do PADLET (ao que accederedes dándolle clic á imaxe) ou ben a través dos ligazóns dos vídeos de youtube, o que resúltevos máis cómodo. 
  4. Unha vez reciba as 5 respostas recibiredes a resolución ao enigma e saberedes onde está o director. Ademais teredes unha sorpresiña máis.
  5. Se tedes dúbidas ou problemas de acceso escribídeme sen problema. 
  6. A xogar!!
Antes de comezar, observade as cancións que escoitaredes de fondo nos vídeos xa que son auténticas obras de arte, así que... a disfrutar!!
Unha aperta musical!!

sábado, 6 de junio de 2020

Miña música e da miña familia

E aquí está o meu padlet!!

Non podía escoller unha única canción favorita porque como poderedes ver o meu gusto é un pouco ecléctico así que escollín algunhas das que máis me gustan e explícovos porqué. Ao final está a da miña familia máis cercana.
Para a semana (seguramente o luns) publicarei o derradeiro traballiño de música deste curso tan atípico que (como todos os ano) será unha proposta especial para acabar o curso, de todos xeitos podedes seguir mandándome os vosos padlets (http://cpmasmusica.blogspot.com/2020/06/musica-en-familia.html) que os que estou recibindo están realmente ben!!!
Xa montarei unha entrada con todos os padlets que reciba porque están realmente ben!!

Un saúdiñoo!

Hecho con Padlet

lunes, 1 de junio de 2020

Música en familia

Boas!!

Xa nos vai quedando moi pouquiño de curso e para estas penúltimas semanas propóñovos unha dinámica de coñecemento da vosa familia con esta actividade creada por Mª Jesús Camino, fonte inagotable de recursos musicais.

En "Música en familia" teredes que investigar a canción favorita (ou algunha que lle guste moito) das persoas máis próximas a vós: os vosos pais e nais, irmás e irmáns, os avós e avoas, tíos, curmáns... cantas mais cancións teñades mais chulo quedará o traballo!
Isto vos vai permitir coñecer os gustos musicais da xente que máis queredes á vez que descubriredes diferentes estilos e xeracións musicais... podedes empregar preguntas como as seguintes:
- Cal é a túa canción favorita agora?
- Que canción gústachye máis de sempre¿
- Que cantabas cando tiñas a miña idade?
- A que artista musical admiraches?
Podedes preguntar cómo queirades pero destas formas que vos indico sairán artistas de todos os tempos... eu tamén vouno facer coa miña familia! Xa vos ensinarei!

Como non podemos empregar as cortizas do cole imos empregar, nos niveis superiores (3º, 4º, 5º e 6º EP) un Padlet (un muro dixital onde poderedes colocar os vídeos das cancións recompiladas) e os máis pequen@s podedes mandarme (por correo electrónico) fotos ou escaneos dos vosos traballiños feitos a mán, ainda que se queredes explorar a plataforma axudados polas vosas familias sería xenial... penso que podedes pasar un bo tempiño en familia!

Instrucións paso a paso para realizar a tarefa que (coma sempre) estará programada durante as dúas próximas semanas:
1- Entrevistar ás persoas da nosa familia, ás que teñamos máis preto ou ás que queramos con algunha das preguntas que poño enriba ou calqueira outra similar. Deben dicir unha canción dun grupo ou artista.
2- Anotade esta información e buscar en Youtube a canción seleccionada. Logo abrir unha nova lapela e buscar o resto de cancións na mesma plataforma... así teredes todo preparado para elaborar o traballo final no momento que vos poñades coa aplicación.
3- Abride a aplicación PADLET (click aquí enriba) e asocialo a unha conta de correo electrónica. Débedes escoller a función "basic" que é a gratuita.
4- PADLET é unha ferramenta sinxela de empregar e permítevos engadir vídeos, fotos e texto. Tedes que seleccionar a opción "muro" e ir dándolle ao + para engadir elementos.
5.- Despois teredes que compartilo comigo por correo electrónico, para iso tedes que pulsar en "Compartir" (na parte superior dereita) e copiar o link que vos da (en "Copiar el enlace en el portapapeles") ou mediante a terceira opción directamente (pon "correo electrónico").

Para os cursos máis pequenos (infantil e 1º e 2º de primaria) podedes intentar facer algo similar debuxando ou crear as vosas creacións artísticas  cos títulos das cancións.

Eu aínda estou construíndo o meu así que déixovos de exemplo o da persoa á que lle collín a idea... veredes que chulo!
Hecho con Padlet

Pois estou desexando ver as vosas creacións e as músicas das vosas familias!!
Ánimo e vémonos pronto!

Unha aperta melodiosa!!