domingo, 28 de enero de 2018

Murgas e disfraces



Saúdiños!!!


Como non esta semana tócanos traballo duro para o entroido, unha das nosas festas favoritas :)

Nas titorías xa estamos en pleno proceso de elaboración de disfraces, este ano de "tribus urbanas" baseándonos no fermoso libros de Ana Albero e Mª Isabel Sánche Begara ("Tribus" editado en Alba)... Eres capaz de recoñecelas todas? Sabes dicir por que se caracterizan cada unha delas?



 Con algúns cursos indagarei algo máis sobre estas tribos xa que é a forma na que un grupo de persoas expresan os seus gustos, ideais e crenzas. Recordo os puntos do traballo que tedes que facer:

  • Escoller unha das tribos e poñer o seu nome e debuxo ou foto.
  • Escoller unha/un artista da historia da música (grupo ou artista individual) que o represente e escribir un pequeno texto sobre el.
  • Poñer un fotografía ou debuxo do grupo ou artista escollido.

Ademais seguiremos as ordes do Meco e faremos as nosas tradicionais merendas de entroido... que ganas!

Pero na aula de música o noso traballo se centrará: as murgas!!

O alumnado de 5º de Educación Infantil (4 anos) aprederá unha preciosa versión desta cantiga tradicional brasileira incluída no libro "Cancionero infantil del papagayo".



O alumnado de 2º de primaria creará unha nova letra para a canción "O cangrexo" e o alumnado de 6º para a archiconocida canción de Luis Fonsi (click para ir aos audios).

A practicar moito!!

lunes, 15 de enero de 2018

Revolucións pacíficas

Ola!!

Pois empezamos cun novo proxecto como vai ser o noso vídeo da paz... este ano sobre as revolucións pacíficas e eses pequenos- grandes xestos que fixeron do mundo un lugar mellor.

E de fondo musical unha versión desta canción que non nos podía encaixar mellor co oso proxecto...

 

A cantar moito!!