Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2017- 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2017- 2018. Mostrar todas las entradas
lunes, 30 de julio de 2018
sábado, 26 de mayo de 2018
Anagnórise musical
Olaaaa!!
Na clase de 6ºB estamos preparando algo moi especial para o noso artigo de "Folerpas", a revista que todos os anos edita o noso cole para celebrar as letras galegas.
A nós toucóunos "Anagnórise" e como o argumento é un "road trip" decidimos apuntarnos á moda de gravarnos cantando no coche: https://www.telecinco.es/informativos/curioso/selfi-grabarse_en_el_coche-cantar_coche_2_2134680133.html
Para iso temos que aprendernos esta marabillosa canción de "A banda da loba" un grupo de cinco mulleres que agora mesmo presentando o seu primeiro traballo "Bailando as rúas" (https://gl.wikipedia.org/wiki/A_banda_da_Loba).
Aquí deixo a letra repartida para que podades ensaiar: https://drive.google.com/file/d/1uPuk8fC2vhnpnA_JIwoD7QEI6Xoavd5i/view?usp=sharing
Pois a cantar!!
viernes, 25 de mayo de 2018
Avaliación de PROAB
Boas!!!
Canto tempo sen actualizar este blog! Está sendo un curso movidiño con "tanto cambio e tanta revolución".
Esta entrada é para o alumnado de 6º de primaria xa que son oas que realizaron o programa "Depoemprende na escola" e xa chega o momento de avaliar este programa.
A ver que tal os resultados destas enquisas!!
Por outra banda, o noso Equipo directivo terá que encher esta outra enquisa que mandounos a Deputación: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfoaKhJrXorUSwInt49XaU7rNg7gUpxa2yv_mCyfhwPFqyI7w/viewform
martes, 13 de marzo de 2018
De mulleres importantes...
Ola!!
Esta entrada vai adicada ao alumnado de 6ºB xa que seguimos traballando as mulleres importantes e tras facer este chulísimo póster online que vos invitamos a explorar:
Faremos unha recopilación de mulleres importantes para o xornal que faremos entre todo o centro... aquí deixo o modelo para que poidades facer o traballo:
https://drive.google.com/file/d/12svsnwkoIVeUQeqTph9zN0FWzuVtGOgP/view?usp=sharingMoitos saúdos!!
domingo, 18 de febrero de 2018
ROSALÍA CREATIVA
Boas!
Os poemas e os cursos escollidos son...
Xa nin agardamos ao tercer trimestre para preparar unha nova ronda de actuacións musicais... e é que, se alguen merece un homenaxe, esa é Rosalía de Castro.
Nesta actividade titulada "Rosalía creativa" algúns cursos cantarán polas aulas poemas musicados da famosa autora acompañando a canción con algún Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación (SAAC) elaborados na clase. Sabedes os que son?
Os poemas e os cursos escollidos son...
- 3 ANOS: "A Rosalía" de Curros Enríquez.
- 1º EP: "Campanas de Bastabales"
- 4º EP: "Nasin cando as prantas..."
E como sempre, deixo aquí as músicas para que podades practicar as cancións na casa:
- 3 ANOS "Na fronte unha estrela, no bico un cantar" de Uxía e Sergio Tannus: https://www.youtube.com/watch?v=Xyp_uspBy2s
- 1º EP "Campanas de Bastabales" de Sondeseu e Toño Domínguez: https://drive.google.com/file/d/1C3epdrCAcnInkgPM5lAMZBdFW8afKxO1/view?usp=sharing
- 4º EP "Rosa de abril" de Rodrigo Romaní: https://drive.google.com/file/d/1NPBF2xggn2cfl13k9KqdupKM7jZQ-Cd5/view?usp=sharing
Agora a practicalas moito para que nos saia ben!
domingo, 28 de enero de 2018
Murgas e disfraces

Saúdiños!!!
Como non esta semana tócanos traballo duro para o entroido, unha das nosas festas favoritas :)
Nas titorías xa estamos en pleno proceso de elaboración de disfraces, este ano de "tribus urbanas" baseándonos no fermoso libros de Ana Albero e Mª Isabel Sánche Begara ("Tribus" editado en Alba)... Eres capaz de recoñecelas todas? Sabes dicir por que se caracterizan cada unha delas?

Con algúns cursos indagarei algo máis sobre estas tribos xa que é a forma na que un grupo de persoas expresan os seus gustos, ideais e crenzas. Recordo os puntos do traballo que tedes que facer:
- Escoller unha das tribos e poñer o seu nome e debuxo ou foto.
- Escoller unha/un artista da historia da música (grupo ou artista individual) que o represente e escribir un pequeno texto sobre el.
- Poñer un fotografía ou debuxo do grupo ou artista escollido.
Ademais seguiremos as ordes do Meco e faremos as nosas tradicionais merendas de entroido... que ganas!
Pero na aula de música o noso traballo se centrará: as murgas!!
O alumnado de 5º de Educación Infantil (4 anos) aprederá unha preciosa versión desta cantiga tradicional brasileira incluída no libro "Cancionero infantil del papagayo".
O alumnado de 2º de primaria creará unha nova letra para a canción "O cangrexo" e o alumnado de 6º para a archiconocida canción de Luis Fonsi (click para ir aos audios).
- "O cangrexo" de Susa Herrera (en Cantos animais): https://www.youtube.com/watch?v=JuctquTykK
- "Despacito" de Luis Fonsi (versión playback): https://www.youtube.com/watch?v=-P8KeFV8HhA
A practicar moito!!
lunes, 15 de enero de 2018
Revolucións pacíficas
Ola!!
Pois empezamos cun novo proxecto como vai ser o noso vídeo da paz... este ano sobre as revolucións pacíficas e eses pequenos- grandes xestos que fixeron do mundo un lugar mellor.
E de fondo musical unha versión desta canción que non nos podía encaixar mellor co oso proxecto...
A cantar moito!!
viernes, 24 de noviembre de 2017
Investigamos as grandes revolucións musicais
E aquí tedes o marabilloso mashup co que estamos dando peche as nosas exposicións do traballo de investigación de "revolucións musicais".
A disfrutalo!
Etiquetas:
5ºEP,
6ºEP,
Audición,
Compositores,
Curso 2017- 2018,
Estilos musicales,
Grandes Artistas,
Historia de la música,
Trabajos para entregar
Ensaiando para o aguinaldo...
Ola de novo!
Pois en nada terminamos o trimestre e (como é tradición) algúns cursos irán pedir o aguinaldo ás outras aulas así que esta semana na clase de música empezamos a montar as seguintes cancións:
PARTITURA DE FRAUTA:
AUDIO E LETRA: https://www.youtube.com/watch?v=YxDOD7jFRfs
Pois se o aguinaldo queredes gañar, toca ensaiar!
Saudiños musicais!
Pois en nada terminamos o trimestre e (como é tradición) algúns cursos irán pedir o aguinaldo ás outras aulas así que esta semana na clase de música empezamos a montar as seguintes cancións:
- 5 ANOS: VAN TRES REIS EN BICICLETA DE MAMÁ CABRA
- 3º DE PRIMARIA: CUN SOMBREIRO DE PALLA DE FUXAN OS VENTOS
LETRA MODIFICADA:
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi
mentres observaba ao neno
coméulle o sombreiro o boi.
RETROUSO:
Deixade aos pastores
deixadeos pasar
que van cantar hoxe
a Xesús non portal.
Entre as pallas deitadiño
e en coiriños está
sendo neno deste mundo
e señor que logo será.
RETROUSO
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi
mentres osservaba ao neno
comeulle o sombreiro o boi.
PARTITURA DE FRAUTA:
- 5º DE PRIMARIA: NADAL DE LUINTRA DE BERROGÜETTO
AUDIO E LETRA: https://www.youtube.com/watch?v=YxDOD7jFRfs
Saudiños musicais!
jueves, 19 de octubre de 2017
Tradicións e diversións
Olaaa!!
Pois como todos os anos se achegan o samaín e o magosto, dúas das nosas tradicións favoritas e o cole empeza a preparase para elas... a nós, en música tócanos ensaiar esta cantiga que espero que practiquedes moito.
Darei a letra a vindeira semana na clase e aquí tedes o audio para cantar coas vosas familias tamén...
Ademais, este ano imos facer unha actividade de samaín todo o alumnado do centro escolar para o que teredes que investigar sobre en ligazóns como os seguintes:
- http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain_e.htm
- https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/
- http://paraprofesypadres.blogspot.com.es/2015/10/samain-el-origen-celta-de-halloween.html
- http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2011/10/achegase-o-samain.html
- https://sites.google.com/site/samainrecursos/
- http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html
- http://www.blogoteca.com/orincondoneno/index.php?cat=6908
- http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippintorlaxeiro/?q=node/286
- https://didactalia.net/comunidad/materialeducativo/recurso/samain/e6c77ba8-f7b8-466a-88fb-51d07910f367
Saúdiños cantareiros!!
domingo, 15 de octubre de 2017
Re- benvid@s a este novo curso (II)
*TRAS OS ERROS QUE NOTAMOS NA AULA ESTA SEMANA VOLVO PUBLICAR A ENRADA PUBLICADA O 25 DE SETEMBRO DE 2017*
Benvid@s ao novo curso!!
Xa tardaba en actualizar este blogue así que douvos a re- benvida a tod@s cun video que reflexa moi ben o que falamos estes primeiros días en clase: os "Cambios e revolucións" na música coa interpretación dun grupo a capella, é dicir só coa voz sen instrumentos... impresionante!
Ademais, recoméndovos visitar esta antiga entrada do meu blogue na que hai un vídeo preioso que reflexa a evolución da música dende o seu nacemento: https://cpmasmusica.blogspot.com.es/2013/01/historia-de-la-musica-lecciones.html
Ata a próxima!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




