viernes, 24 de noviembre de 2017

Investigamos as grandes revolucións musicais

E aquí tedes o marabilloso mashup co que estamos dando peche as nosas exposicións do traballo de investigación de "revolucións musicais".



A disfrutalo!

Ensaiando para o aguinaldo...

Ola de novo!

Pois en nada terminamos o trimestre e (como é tradición) algúns cursos irán pedir o aguinaldo ás outras aulas así que esta semana na clase de música empezamos a montar as seguintes cancións:


  • 5 ANOS: VAN TRES REIS EN BICICLETA DE MAMÁ CABRA




  • 3º DE PRIMARIA: CUN SOMBREIRO DE PALLA DE FUXAN OS VENTOS

LETRA MODIFICADA:
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi
mentres observaba ao neno
coméulle o sombreiro o boi.

RETROUSO:
Deixade aos pastores
deixadeos pasar
que van cantar hoxe
a Xesús non portal.

Entre as pallas deitadiño
e en coiriños está
sendo neno deste mundo
e señor que logo será.

RETROUSO

Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi
mentres osservaba ao neno
comeulle o sombreiro o boi.

PARTITURA DE FRAUTA:


  • 5º DE PRIMARIA: NADAL DE LUINTRA DE BERROGÜETTO
PARTITURA DE FRAUTA:

AUDIO E LETRA: https://www.youtube.com/watch?v=YxDOD7jFRfs


Pois se o aguinaldo queredes gañar, toca ensaiar!
Saudiños musicais!