lunes, 29 de mayo de 2017

As mainiñas

Olaaa!!

Aunque xa as escoitades nas músicas das entradas e das saídas, durante esta semana na clase coñeceremos un pouco máis "As Mainiñas" que virán dar o concerto de fin de curso no noso colexio.

"As Mainiñas" son dúas mozas de Mos que ademáis de dar clases e dirixir a súa propia academia musical en Porriño, compoñen e presentan as súas cancións por toda Galicia.

Ata o momento teñen tres libros- cd's: Unha viaxe polo mundo, O soño de Zalo e (o que veñen a presenar ao noso centro): Volta, revolta e reviravolta.  A maioría destas obras as tedes na biblioteca

Eu fai un par de meses, fun ver "As Mainiñas" a un concerto (na que saquei esta foto) e paseino estupendamente xa que elas animan moito a xente e ensinan as súas cancións para que poidades participar no concerto.

En youtube tedes varios vídeos dos seus anteriores traballos e esta semana na clase cantaremos: "Quería voar", "Pizza italiana", "Poñede un sari", "Tripulación" e "New Orleans"... a ver si vos gustan!

Ata pronto!