Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2016- 2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2016- 2017. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de junio de 2017

Infografías de lingua galega

Boas!!

Xa non nos queda nada deste curso e por iso non teño novidades musicais que poñer neste blogue. Sen embargo si quero compartir con vós son as infografías que fixo o alumnado de 6º nestas últimas clases de lingua galega... moitas están francamente ben!

Aquí unha seleción dalgunhas e ao final atoparedes o pdf de todas as infografías para que as nenas e nenos que os realizaron as podan descargar e conservar... Bo traballo e espero que vos sexan moi útiles!

















GRUPO 1: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506X0htVW0xUUZlM3c/view?usp=sharing

GRUPO 2: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506VTA4QjFsS2Njc2M/view?usp=sharing

GRUPO 3: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506NzQyRU1GQzluQTA/view?usp=sharing

GRUPO 4: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506Y19IYnZ5WTIwTEU/view?usp=sharing

GRUPO 5: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506enR1N1dlS2hWaW8/view?usp=sharing

GRUPO 6: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506LUlTMlhaSWxJS0E/view?usp=sharing

lunes, 29 de mayo de 2017

As mainiñas

Olaaa!!

Aunque xa as escoitades nas músicas das entradas e das saídas, durante esta semana na clase coñeceremos un pouco máis "As Mainiñas" que virán dar o concerto de fin de curso no noso colexio.

"As Mainiñas" son dúas mozas de Mos que ademáis de dar clases e dirixir a súa propia academia musical en Porriño, compoñen e presentan as súas cancións por toda Galicia.

Ata o momento teñen tres libros- cd's: Unha viaxe polo mundo, O soño de Zalo e (o que veñen a presenar ao noso centro): Volta, revolta e reviravolta.  A maioría destas obras as tedes na biblioteca

Eu fai un par de meses, fun ver "As Mainiñas" a un concerto (na que saquei esta foto) e paseino estupendamente xa que elas animan moito a xente e ensinan as súas cancións para que poidades participar no concerto.

En youtube tedes varios vídeos dos seus anteriores traballos e esta semana na clase cantaremos: "Quería voar", "Pizza italiana", "Poñede un sari", "Tripulación" e "New Orleans"... a ver si vos gustan!

Ata pronto!


miércoles, 8 de marzo de 2017

8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo

Ola a todas e todos!

Pois aunque estes días non ande polo cole non significa que non me teñades aquí, a través do meu blogue, onde sempre estou.
Estou segura de que ides disfrutar un montón  estes días con Laura e así cando eu volva (que será moi pronto) traballaredes cheos de forza.

Déixovos un proxecto moi fermoso que realizaron oito marabillosas artistas galegas coa Deputación da Coruña como forma de conmemorar este 8 marzo, Día internacional das mulleres.

Espero que vos guste e que nos vexamos moi pronto!

 

viernes, 10 de febrero de 2017

Dunha para outra!

Saúdos!

Tras o marabilloso traballo realizado para a paz (mira o vídeo en http://caracolatola.blogspot.com.es/2017/01/a-viaxe-de-muna.html) xa estamos atarefados co entroido.

Nas clases de 5º estamos xogando co famoso "Entroido dos animais" de Saint- Säens, na de 4º e 5 anos ensaiando a nosa canción "Eu son unha torre que veño de París" (https://www.youtube.com/watch?v=TCiMgJDeSXc)... e nalgúns cursos afortunados ensaiando a súa comparsa ou murga para ir a interpretar a outras clases. 

Aquí déixovos as ligazóns para que podades practicar moito e facelo xenial na actuación:

Os cativos de 4 anos están aprendendo "Pinta, pinta, enferruxa" (que xa publicara nunha entrada antiga deste blogue).  
 *Click na imaxe para acceder ao audio.

As nenas e os nenos de 2º de primaria púxeronlle unha nova letra a "O Samaín" de Paco Nogueiras. 
Clikando nesta ligazón tedes o karaoke para poder practicar:  https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506emhPWF8zR1liMGM/view?usp=sharing

E as rapazas e rapaces de 6º de primaria escolleron a famosa canción "Sofía" do disco que tedes á esquerda deste texto. Clik na imaxe para acceder ao karaoke co que ensaiamos en clase.

E aquí tedes as letras, por si as precisades consultar:
Ánimo co ensaio!

lunes, 16 de enero de 2017

Cantando á paz!

Ola e feliz ano a todas e todos!

Comezamos o trimestre cantando á paz e traballando o tema das persoas refuxiadas coa seguinte canción:
               

Lembrade que gravaremos o noso propio versión desta canción, en galego e noutro tono. Así que aquí tedes a letra (https://drive.google.com/open?id=0B1koCyCb6506NVlJM1d2LUdJYlE) para que podades ir ensaiando o traballo das vindeiras semanas.

A cantar! Saudiños!

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Imos pedir o aguinaldo!

Boas!

Pois, como é costume neste cole por estas datas, nas clases de 5 anos, 3º e 5º de primaria andamos a preparar as nosas cantigas de aguinaldo. Para isto vos deixo aquí os ligazóns de escoita, as letras e as parituras... practicade moito!


SOAN AS CAMPÁS 

RETROUSO (2 VECES):
Din don, din don, din don
soan cas campás.
Din don, din don, din don
chegou o Nadal.

ESTROFA:
E o aguinaldo
vímonos gañar
vimos a cantar:
la, la, la, la, la.
cantemos os nenos
la, la, la, la, la
cantemos as nenas
la, la, la la.
Que estamos de festa
xa ven o nadal.
la, la la, la.

RETROUSO (2 VECES)

DESPEDIDA DO ANO E AGUINALDO
Despedida de ano vello
entradiña de aninovo
os nenos deste colexio
os collen con moito gozo. 

RETROUSO (2 VECES):
E vinde meus compañeiros
e vámonos a tocar
as frautas, as pandeiretas
as cunchas e a cantar.

Ano novo, vida nova
ano novo que traerá?
O vello suspiros leva,
o novo xa os traerá..

RETROUSO


Ata pronto!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Partituras de frauta do momento

Ola de novo!

Estes días na aula andamos a lembrar as posicións da frauta. Xa sabedes que para que saia ben tedes que practicar un chisquiño na casa así... ánimo e a traballar!

Partitura para 4º:

Partitura para 5º: http://cpmasmusica.blogspot.com.es/2014/10/empezamos-co-magosto.html

Partitura para 6º: http://cpmasmusica.blogspot.com.es/2014/03/varias-cosas-para-clase.html


Apertas musicais!

viernes, 21 de octubre de 2016

Canción do magosto

Tarde pero chega!

Aquí tedes a canción do magosto.
Se precisades a letra podedes descargarla clikcando na imaxe. Recordade que a clase que mellor a cante será a "clase solista".

Agora... a practicar!

lunes, 19 de septiembre de 2016

Feliz volta as aulas!

Novo curso e novo cole!

Con esta entrada vos dou a benvida (alumnado do CEIP Alexandre Bóveda) e, como xa vos dixen na aula, neste blog irei colegando as actividades e tarefas que vaiamos realizando na clase. Así que espero que vos acordedes de visitalo de cando en vez.

De momento só vos escribo para desexarvos: