miércoles, 19 de octubre de 2022

Terceiro traballo de TIC's

Boas! 
Neste traballo imos crear un power point (que xa estivamos vendo na anterior tarefa) sobre "músicas de sobremesa", é dicir, cancións que a xente canta despois de xantar a modo de celebración e diversión. Para elo, seguiredes os seguintes pasos: 
  • Preguntar NA CASA a algún familiar que cancións cantan cos súas amistades ou familia despois dos xantares colectivos.
  • Logo, EN CLASE DE TICS, buscar información dela: a súa letra, a súa partitura, algún vídeo...
  • Despois,  tamén EN CLASE DE TICS, facer un power point de alomenos 3 diapositivas sobre ela. Podes descargar aquí instrucións (https://drive.google.com/file/d/13Tq40PF7C0TBiZFqZtgS68kATR2jZcKQ/view?usp=sharing)
  • E por último, mandarme o traballo por correo ao enderezo habitual: cuentalumnado@gmail.com 

Aquí vos deixo unha versión de Uxía Lambona e a banda molona dunha canción que é das máis típicas, "Pousa, pousa" de A Roda.


Saúdos!

Folerpiña (transportada) - Campás afinadas

Outra canción chula para a aula :)