lunes, 18 de mayo de 2020

Nestas semanas... xogos musicais!

Boas!!

Estas dúas semanas o traballo vai ser totalmente online xa que quero que repasades algúns contidos da área de música que non traballamos dende que empezou o traballo telemático. Para iso, vouvos facer unha selección de novos xogos musicais clasificados polos bloques que temos pendentes traballar. Ao lado de cada púxenvos idades orientativas, esta indicación é sobre todo para os cursos máis baixos (xa que hai conceptos de linguaxe musical que ainda non aprendimos), pero todos os xogos son válidos para todos os niveis xa que o obxectivo fundamental de calqueira xogo é divertirse.

Para que eu  saiba qué tal resultan, pídovos que publiquedes un comentario nesta entrada do blogue comentándome as vosas puntuacións e qué xogos gústanvos máis. Coma sempre, tamén podedes mandarme un correo eletrónico a cuentalumnado@gmail.com se vos resulta máis cómodo. 
Pois aquí tedes a selección que espero que vos guste:

1. Creación musical:
-Creación de cancións (EI- 6º EP)
-Incredibox (EI- 6º EP)
-Creación de ritmos, espectogramas, ondas sonoras...   *Este último é interesantísimo e moi recomendable pero so pódese acceder desde Android (é dicir, tablets e móbiles con este sistema). Invítovos a explorar e crear música con eles. Aquí vos explica un pouco máis o recurso: https://www.xatakandroid.com/web-movil/chrome-music-lab-descubre-como-funciona-la-musica-jugando-con-estos-experimentos

2. Audición:
Discriminación auditiva (EI- 3º EP)
Recoñece sons da natureza (EI- 3º EP)
Recoñece e recrea ritmos básicos (4º- 6º EP)

3. Compositores:
MusicMacht composers (5º-6º EP)
Memory de grandes compositores (EI- 6º EP)
Diferentes xogos de "O entroido dos animais" de Saint- Säens (EI- 4º EP)

4. Linguaxe musical:
Notas mi, sol, la (1º- 6º EP)
Debuxa a clave de sol (EI- 3º EP)
É un signo musical? (3º- 6º EP)

5. Instrumentos musicais:
Memory básico (EI- 6º EP)
MusicMacht instruments (EI- 6º EP)
Quiz sobre instrumentos musicais (EI- 6º EP)

Pois espero que o pasedes moi ben e os vosos comentarios!!

domingo, 17 de mayo de 2020

Feliz día das letras galegas 2020!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Imos celebrar un día tan especial gozando do marabilloso traballo do alumnado e familias do #coleangoren! Moitas grazas a todas as persoas que participáchedes!

 

E como vos explicara, era unha proposta intercentros (é dicir, de moitos coles) así que click no logo de cada escola e divertirse co traballo do resto de nenas e nenos:

domingo, 10 de mayo de 2020

Canción Ricardo Carvalho Calero

Ola!

O meu colega Samu volveu facer unha canción baseada no autor homenaxeado nas letras galegas para o que lle apeteza escoitala e aprender un pouquiño máis sobre el.


 Moitas grazas polos vosos vídeos, notas de audio e foto para a canción "Verdescente" e fotos coas casmisetas do maratón (actividades explicada nas anteriores entradas)... lembrade que  todavía tedes esta semana para mandarme cousiñas!!

Saúdiños!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

Actividades intercentros (máis explicada): Verdescente

En canto a proposta musical que saibades que cada cole monta o seu vídeo e ao subilo a súa propia páxina citanse os dous outros coles que o fixeron... por agora estamos anotados estes:
- CEIP García Barbón de Vigo
- CEIP nº 1 de Tui
- CEIP Esterio de Ferrol
- CEIP Ponzos de Ferrol
- CEIP Otero Pedrayo (Vigo)
- CRA María Zambrano (O Rosal)
- EEI Monte do Alba (Vigo)
- CEIP Igrexa Valadares (Vigo)
- CEIP Plurilingüe de Atios (Porriño)
- CEIP Plurlingüe Igrexa Chapela

A ver se teño suficiente material para participar... estaría guai tantos coles unidos dende a distancia e nuna situación como esta máis todavía!
Lembrade que imos facer un  vídeo coa canción "Verdescente" de Uxía Lambona e a banda molona (que moi amablemente cedéronnos e graváronnos a versión karaoke para esta actividade) e para iso preciso cousiñas como:
* Un vídeo cantando e bailando a canción enteira (ou un fragmento) sobre a versión karaoke
* Un audio de WhatsApp sobre a versión karaoke e unha fotiño vosa
* Un vídeo bailando
* Un debuxo da canción (que como escoitaredes fala de Galicia)
* Un pequeno video ou foto poñendo caras graciosas
* Gravarvos cantando o retrouso
* Unha foto/ vídeo tocando instrumentos musicais

O que queirades... botarlle imaxinación! Cantas máis cousas orixinais reciba melllor vai quedar! Espero que algúns vos animedes a cantar :)
Déixovos novamente os materiais para evitarvos ir a entrada antiga:
- Audio (vídeo) da canción orixinal: https://youtu.be/3LENjTMH7Ac

Como é unha actividade de música podedes mandarma ao meu correo (cuentalumnado@gmail.com) ou ao teléfono do ANPA (617395139)... o que prefirades!
A data límite para mandar vídeos e fotos será o xoves 14 de maio, en principio xa que todos os coles o farán igual... irei vendo!
Pois espero escoitar as vosas voces moi pronto e grazas por escribirme!

Actividades Intercentros (máis explicada): Fotoma(ra)tón

Como ides chic@s??

Non recibín todavía ningunha foto nin vídeo así que penso que igual non me expliquei ben... aquí vai outro intento. Todavía temos unha semana así que... Animádevos!!

Como podedes ver no cartaz trátase de mandar unha foto coa vosa camiseta do maratón para entre todos os centros da parroquia (CEIP Igrexa Chapela, CEIP Laredo, IES Chapela) un presentación común... eu xa me saquei a miña!
Podedes mandalas a calqueira dos correos que manexo eu, o do cole (ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.es) ou o que empregades para mandarme os traballiños (cuentalumnado@gmail.com), ou subilas a twitter co hastags #maratonletrasgalegas #coleangoren.

Se non tes a túa camiseta a mán propóñoche unha alternativa: ponte unha camiseta vermella calqueira e saca a foto por detrás (así non se ven os debuxos) ou ben imprime e pégalle a ilustración da nosa camiseta que podes descargar aquí: https://drive.google.com/file/d/1t6JathuKNTNx_Ua923yD6dPpG4OYTN9D/view?usp=sharing

Póñovos ademais o cartel do IES e a información que mandounos o IES por se queredes saber un pouquiño máis e desta forma expreso a miña admiración por buscar a forma de continuar con esta actividade tan chula que inventaron hai moitísimos anos... grazas IES Chapela!


Estou desexando vervos... moito ánimo!

lunes, 4 de mayo de 2020

3º Radio Beretiño #euquedonacasa!

Boas!!

Aquí está o terceiro programa de Radio Beretiño! En breves recibiredes o voso premio a través do correo electrónico :)
Na anterior entrada tedes os traballiño proposto dende música para as próximas semanas... animádevos!
         

Espero que vos guste... un saúdiño!!

sábado, 2 de mayo de 2020

Dúas propostas intercentros

Boas!!

Antes de nada, moitas grazas pola vosa participación nos maios... a verdade que quedounos un vídeo chulísimo... déixovos aquí o ligazón a youtube por se ainda non o víchedes:

 

E unha semana máis aqui chega o traballiño musical que, coma sempre, trato de que vos resulte divertido e entretido :) 
Lembrade que o luns poñerei o último programa de Radio Beretiño coas respostas ao concurso así que todavía estás a tempo de participar: pon as túas respostas como comentario neste blog veña!

Pois estas próximas semanas no cole estamos a preparar un día moi especial, ó 17 de maio, día das letras galegas. Sairán propostas relacionadas con Ricardo Carballo Calero dende a biblioteca e co noso tradicional maratón dende Dinamización e dende música imos contribuír. 
Dende o IES de Chapela (e en colaboración cos outros CEIP de Chapela ) pídesenos que animemos a noso alumnado a sacarse unha foto coa camiseta do maratón no seu paseo do día das letras galegas para así visivilizar a nosa parroquia e o noso tradicional maratón que este ano non se pode realizar...  deberedes subila ao twitter cos hastags #maratonletrasgalegas e #coleangoren, ou se o preferides podedes mandala por correo electrónico ao centro ou  min e nos encargámonos de subilas e recopilalas. 

E por outra, hai unha proposta desta área á que se van sumando cada vez máis coles como: CEIP García Barbón de Vigo, o CEIP nº 1 de Tui, o CEIP Esterio e o CEIP Ponzos de Ferrol, CEIP Otero Pedrayo (Vigo), o CRA María Zambrano (O Rosal), o EEI Monte do Alba (Vigo) CEIP Igrexa Valadares(Vigo), CEIP Plurilingüe de Atios (Porriño),o CEIP Plurlingüe Igrexa Chapela e agora nós.
Trátase de facer un vídeo con canción"Verdescente" de Uxía Lambona e a banda molona. Xa sabedes, que "cantar" é un dos contidos máis importantes e que máis facemos en clase e a idea é facer un vídeo similar a este tan chulo que fixeron artistas galeg@s:

 

E como imos facer?
Pois escolledes un sitio que vos guste durante o voso paseo (ou tamén dende as vosas casas e fincas se queredes), vos poñedes a vosa camiseta do maratón (imos xuntar ambas propostas para que non se vos acumule o chollo) e vos gravades cantando a canción sobre a versión karaoke desta... déixovos aquí uns conselliños. Despois sacádesvos unha foto tamén e mandásdeme todo para que eu poda levar a cabo as dúas propostas intercentros.

Indicacións para tarefa: 
  1. Para comezar tedes que aprender ben a canción. Déixovos aquí a letra: https://drive.google.com/file/d/1XvEOP2VWKvudbbJU6vsBbT2yZZIjUyUk/view?usp=sharing
  2.  Cando xa a teñades algo memorizada intentade interpretala sobre a base musical que segue. É un audio karaoke, é dicir, se voz para que se escoite as vosas:  https://drive.google.com/file/d/1-FO5iMc9VkDMhg5KDt00_FtaCvVzlv6C/view?usp=sharin
  3. Pídovos que vos poñades a vosa camiseta do maratón que no noso cole é sempre a mesma, se non a tes a man ou xa non che sirve.. non pasa nada! Faino vestido de calqueira outro xeito!
  4. Por último gravádevos un vídeo  cantando esta fermosa peza para enviala ao meu correo (cuentalumnado@gmail.com) ou ao teléfono do ANPA, elas reenvíanmo ao momento así que non vos preocupedes. Escollede o que vos resulte máis cómodo.  
  5. Podedes cantala enteira ou un fragmento pero para que logo eu poda montala teño que ter todas as estrofas cantadas así que agradezo moito ás nenas e nenos que se animen a cantala enteira. 
  6. Esta actividade é para todos os cursos, dende infantil ata primaria. Se para infantil é moi complicado aprender toda a letra, chega cun fragmento ou se queredes bailando un pequeno fragmento ou o que queirades!!!!
  7. A data límite para mandar vídeos e fotos será o xoves 14 de maio.
  8. Lembra que ademais do video preciso unha foto coa tua camiseta para poder enviarlla ao IES.
Como vedes esta semana o traballiño é un pouco máis complexo que os anteriores pero anímome polos bos resultados que estou tendo :)
Veremos o que sae deste experimento! Espero as vosas contribucións e... o máis importante, pasádeo moi ben levando a cabo esta actividade en familia.
Escribídeme como sempre se tedes calqueira dúbida e moitas grazas polo voso traballo!

Saúdiños musicais!!