sábado, 2 de mayo de 2020

Dúas propostas intercentros

Boas!!

Antes de nada, moitas grazas pola vosa participación nos maios... a verdade que quedounos un vídeo chulísimo... déixovos aquí o ligazón a youtube por se ainda non o víchedes:

 

E unha semana máis aqui chega o traballiño musical que, coma sempre, trato de que vos resulte divertido e entretido :) 
Lembrade que o luns poñerei o último programa de Radio Beretiño coas respostas ao concurso así que todavía estás a tempo de participar: pon as túas respostas como comentario neste blog veña!

Pois estas próximas semanas no cole estamos a preparar un día moi especial, ó 17 de maio, día das letras galegas. Sairán propostas relacionadas con Ricardo Carballo Calero dende a biblioteca e co noso tradicional maratón dende Dinamización e dende música imos contribuír. 
Dende o IES de Chapela (e en colaboración cos outros CEIP de Chapela ) pídesenos que animemos a noso alumnado a sacarse unha foto coa camiseta do maratón no seu paseo do día das letras galegas para así visivilizar a nosa parroquia e o noso tradicional maratón que este ano non se pode realizar...  deberedes subila ao twitter cos hastags #maratonletrasgalegas e #coleangoren, ou se o preferides podedes mandala por correo electrónico ao centro ou  min e nos encargámonos de subilas e recopilalas. 

E por outra, hai unha proposta desta área á que se van sumando cada vez máis coles como: CEIP García Barbón de Vigo, o CEIP nº 1 de Tui, o CEIP Esterio e o CEIP Ponzos de Ferrol, CEIP Otero Pedrayo (Vigo), o CRA María Zambrano (O Rosal), o EEI Monte do Alba (Vigo) CEIP Igrexa Valadares(Vigo), CEIP Plurilingüe de Atios (Porriño),o CEIP Plurlingüe Igrexa Chapela e agora nós.
Trátase de facer un vídeo con canción"Verdescente" de Uxía Lambona e a banda molona. Xa sabedes, que "cantar" é un dos contidos máis importantes e que máis facemos en clase e a idea é facer un vídeo similar a este tan chulo que fixeron artistas galeg@s:

 

E como imos facer?
Pois escolledes un sitio que vos guste durante o voso paseo (ou tamén dende as vosas casas e fincas se queredes), vos poñedes a vosa camiseta do maratón (imos xuntar ambas propostas para que non se vos acumule o chollo) e vos gravades cantando a canción sobre a versión karaoke desta... déixovos aquí uns conselliños. Despois sacádesvos unha foto tamén e mandásdeme todo para que eu poda levar a cabo as dúas propostas intercentros.

Indicacións para tarefa: 
  1. Para comezar tedes que aprender ben a canción. Déixovos aquí a letra: https://drive.google.com/file/d/1XvEOP2VWKvudbbJU6vsBbT2yZZIjUyUk/view?usp=sharing
  2.  Cando xa a teñades algo memorizada intentade interpretala sobre a base musical que segue. É un audio karaoke, é dicir, se voz para que se escoite as vosas:  https://drive.google.com/file/d/1-FO5iMc9VkDMhg5KDt00_FtaCvVzlv6C/view?usp=sharin
  3. Pídovos que vos poñades a vosa camiseta do maratón que no noso cole é sempre a mesma, se non a tes a man ou xa non che sirve.. non pasa nada! Faino vestido de calqueira outro xeito!
  4. Por último gravádevos un vídeo  cantando esta fermosa peza para enviala ao meu correo (cuentalumnado@gmail.com) ou ao teléfono do ANPA, elas reenvíanmo ao momento así que non vos preocupedes. Escollede o que vos resulte máis cómodo.  
  5. Podedes cantala enteira ou un fragmento pero para que logo eu poda montala teño que ter todas as estrofas cantadas así que agradezo moito ás nenas e nenos que se animen a cantala enteira. 
  6. Esta actividade é para todos os cursos, dende infantil ata primaria. Se para infantil é moi complicado aprender toda a letra, chega cun fragmento ou se queredes bailando un pequeno fragmento ou o que queirades!!!!
  7. A data límite para mandar vídeos e fotos será o xoves 14 de maio.
  8. Lembra que ademais do video preciso unha foto coa tua camiseta para poder enviarlla ao IES.
Como vedes esta semana o traballiño é un pouco máis complexo que os anteriores pero anímome polos bos resultados que estou tendo :)
Veremos o que sae deste experimento! Espero as vosas contribucións e... o máis importante, pasádeo moi ben levando a cabo esta actividade en familia.
Escribídeme como sempre se tedes calqueira dúbida e moitas grazas polo voso traballo!

Saúdiños musicais!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario