Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de febrero de 2025

É tempo de entroido...

Bos días!

Levamos unhas semanas traballando o entroido na clase e estas son as cancións  que escolléchedes para facer as vosas murgas... a ver que tal sae!

CANCIÓN PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
 

MURGA DE 2º DE PRIMARIA: "Chegou o entroido"
 

MURGA DE 5º DE PRIMARIA: "O entroido empeza xa"
 

A verdade é que quedaron moi ben así que ensaiade moito para que saia ben... saúdiños musicais!

domingo, 21 de enero de 2024

Feliz 2024!

 Feliz ano a todos! estou moi contenta de volver a estar na escola traballando con todos vós e por iso andamos xa atarefados co ENTROIDO!.

Por unha banda, póñovos aquí a ligazón do baile da comparsa que estamos a ensaiar estes días na clase por se queredes repasalo na casa:  música comparsa.

E por outra, algunhas clases xa están a ensaiar un tradicional do entroido do Angorén como son as MURGAS. Póñovos aquí as letras e as músicas editadas para que podades ensaiar. 

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

"Pinta, pinta enferruxa

pinta, pinta co tizón.

Ti serás a mascariña

eu serei o mascarón.

Bate, bate co caxato

entroideiro choqueirón.

Ti farás de carpinteiro

eu serei o toleirón. 

(Click na imaxe para acceder á  música)


2º EDUCACIÓN PRIMARIA: "En Angorén pasámolo moi ben"

- Letra: https://drive.google.com/file/d/1C4LgVGoTNH79R8WjwBXh2v5UtULCmFYg/view?usp=sharing

- Música  (playback editado): 

https://drive.google.com/file/d/1-ZGEY7VkfyV58_LFrpTKqSsgApAINEet/view?usp=sharing


6º EDUCACIÓN PRIMARIA: "Ben! xa chegou o entroido..."

- Letra: https://drive.google.com/file/d/1_xDqOLa8Nz8hOWz1NyitStFABV4r_Su6/view?usp=sharing

- Música (playback editado): https://drive.google.com/file/d/1uw6pEZi9wF285RYbPy41gE6jcCkeMohg/view?usp=sharing


Agora a ensaiar moito!
Saúdiños músicais ata a próxima entrada que será  moi pronto!

jueves, 30 de enero de 2020

MURGAS: NOVA EDICIÓN!!

Boas!!

Xa temos unhas novas murgas ou comparsas:


Enlázovos aquí os vídeos dos karaokes que imos utilizar para que podades practicar coas vosas propias letras... moio ánimo!!

2º EP: "SOMOS DE SEGUNDO"

6ºEP: "QUÉ FACER PARA APROBAR"
 

Saudiños musicais!!

jueves, 23 de enero de 2020

UN FEBREIRO MOVIDIÑO

Boas!!

Pois en febreiro xuntánsenos as celebracións así que xa estamos mans á obra cos ensaios... enlázovos as músicas para que podades traballar na casa:

DÍA DE ROSALÍA
Ainda que coincide nas vacacións de entroido adicarémoslle un pequeno acto na semana do 17 ao 21 de febreiro (todavía estamos a decidir o día) en que as clases de 1º e 4º de primaria cantarán a preciosa "Como chove miudiño" de Uxía Senlle do seu libro-cd  Rosalía pequeniña.
Además completaremos a actividade cunha visita á Biblioteca de Chapela na que traballaremos a autora. 
 


CANCIÓN DE CARNAVAL
E polo entroido @s máis peques do cole cantarán unha canción da Editorial Galinova un pouco modificada. No seguinte link a podedes escoitar:
 https://drive.google.com/file/d/1WZlpBBZoGVq7d3OWScRzwEWL-wdN4bco/view?usp=sharing

Saudiños musicais!!

miércoles, 20 de febrero de 2019

MURGAS ENTROIDERAS

Bos días:

Un pouco tarde pero aquí vai a entrada prometida!
Algunhas clases están practicando estes días na clase as murgas e canción para actuar diante das súas compañeiras e compañeiros o vindeiro mércores.

4 ANOS : Samba lelé (popular brasileira)

2º EP: "Bailamos, cantamos" (Música: "Watussi" de Susa Herrera)

6º EP: "Ímonos ao insti" (Música: "Déjala que baile" de Melendi e Alejandro Sanz)


A practicar moito para aprendelas de memoria!!

domingo, 28 de enero de 2018

Murgas e disfraces



Saúdiños!!!


Como non esta semana tócanos traballo duro para o entroido, unha das nosas festas favoritas :)

Nas titorías xa estamos en pleno proceso de elaboración de disfraces, este ano de "tribus urbanas" baseándonos no fermoso libros de Ana Albero e Mª Isabel Sánche Begara ("Tribus" editado en Alba)... Eres capaz de recoñecelas todas? Sabes dicir por que se caracterizan cada unha delas?



 Con algúns cursos indagarei algo máis sobre estas tribos xa que é a forma na que un grupo de persoas expresan os seus gustos, ideais e crenzas. Recordo os puntos do traballo que tedes que facer:

  • Escoller unha das tribos e poñer o seu nome e debuxo ou foto.
  • Escoller unha/un artista da historia da música (grupo ou artista individual) que o represente e escribir un pequeno texto sobre el.
  • Poñer un fotografía ou debuxo do grupo ou artista escollido.

Ademais seguiremos as ordes do Meco e faremos as nosas tradicionais merendas de entroido... que ganas!

Pero na aula de música o noso traballo se centrará: as murgas!!

O alumnado de 5º de Educación Infantil (4 anos) aprederá unha preciosa versión desta cantiga tradicional brasileira incluída no libro "Cancionero infantil del papagayo".



O alumnado de 2º de primaria creará unha nova letra para a canción "O cangrexo" e o alumnado de 6º para a archiconocida canción de Luis Fonsi (click para ir aos audios).

A practicar moito!!

viernes, 10 de febrero de 2017

Dunha para outra!

Saúdos!

Tras o marabilloso traballo realizado para a paz (mira o vídeo en http://caracolatola.blogspot.com.es/2017/01/a-viaxe-de-muna.html) xa estamos atarefados co entroido.

Nas clases de 5º estamos xogando co famoso "Entroido dos animais" de Saint- Säens, na de 4º e 5 anos ensaiando a nosa canción "Eu son unha torre que veño de París" (https://www.youtube.com/watch?v=TCiMgJDeSXc)... e nalgúns cursos afortunados ensaiando a súa comparsa ou murga para ir a interpretar a outras clases. 

Aquí déixovos as ligazóns para que podades practicar moito e facelo xenial na actuación:

Os cativos de 4 anos están aprendendo "Pinta, pinta, enferruxa" (que xa publicara nunha entrada antiga deste blogue).  
 *Click na imaxe para acceder ao audio.

As nenas e os nenos de 2º de primaria púxeronlle unha nova letra a "O Samaín" de Paco Nogueiras. 
Clikando nesta ligazón tedes o karaoke para poder practicar:  https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506emhPWF8zR1liMGM/view?usp=sharing

E as rapazas e rapaces de 6º de primaria escolleron a famosa canción "Sofía" do disco que tedes á esquerda deste texto. Clik na imaxe para acceder ao karaoke co que ensaiamos en clase.

E aquí tedes as letras, por si as precisades consultar:
Ánimo co ensaio!

lunes, 8 de febrero de 2016

Para as medusas de 3º EP

Ola nenas e nenos de 3º de primaria!

Como o nose blogue aínda non está preparado para mostrar ao público (calculo que estará para a vindeira semana) aproveito este para pasar os materiais que me pediu unha nena de clase (os apuntes de lengua que tedes que ir estudando). En canto esta alumna sinto a tardanza, se me olvidara por completo. Click no ligazón: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506VDlJczVGYmV2SG8/view?usp=sharing

Para os demais, como isto non ten que ver con música, vos poño o videoclip da canción que vos ensinei polo entroido... podedes bailalo cos vosos paraugas!

Bo entroido e ata pronto!

 

jueves, 15 de enero de 2015

Festas de comezos de ano

Canto tempo sen actualizar!

E que as vacacións de nadal deron para moito... pero xa remataron e estamos en pleno barullo de curso, así que ánimo e a traballar :)

Aquí vos deixo as cancións para a paz e o entroido e uns apuntamentos para as próximas clases de danzas. A ver si vos gustan:

1. Danzas para coñecer o mundo: Aprenderemos danzas das diferentes culturas do mundo. Antes de iso comprobaremos os vosos coñecementos sobre o pais que vos tocou utilizando (entre outros recursos) o seguinte blogue:  http://proyectocincocontinentes.blogspot.com.es/search/label/TRABAJOS%20DE%20LOS%20ALUMNOS%2FAS

2. Canción da paz: Vos remito a unha antiga entrada do meu blogue porque nela podedes atopar tanto a letra como a música para practicar (click na imaxe)

3. Canción do entroido: Vos poño a letra e o audio gravado por algunhas profes. A música é dun tema tradicional galego. A practicaremos na clase pero así podedes ir coñecendoa ;)

jueves, 20 de febrero de 2014

Canción do entroido: Vivir no espazo


RETROUSO:
Quero vivir,
quero orbitar,
vivir no espazo,
lalalala.
E quero rir,
quero viaxar,
vivir no espazo,
lalalala.
Dende Xanela queremos
amernizarvos a festa
por iso todos cantamos
mentres saímos da terra.

E o sol, o ceo e estrelas
da clase de 3 anos xa están.
Mais tamén, virán de alá,
os de 4 anos de astronautas.

RETROUSO+ MÚSICA

Cos nenos de 5 anos
coñeceremos marcianos
mais debes mirar pra o tempo:
nubes, tronos, choiva e vento.

E aquí están: Galileo, Newton
nos nenos de 3º e de 4º
E tamén con 5º e 6º
hai científicos tolos no patio.

RETROUSO (4) + MÚSICA

RETROUSO (PALMAS)

viernes, 1 de febrero de 2013

Canciones para carnaval


¡Hola chicos!

Aquí os dejo la canción que hemos empezado a practicar y que cantaremos para la semana para recibir el entroido como se merece.
Para hacerlo con música pinchad en el enlace.


MÚSICA: http://www.ivoox.com/entroido-pinta-pinta_md_1755344_1.mp3


También cantaremos la famosa canción "La vida es un carnaval de Celia Cruz" en la ESO  para ir recibiendo estas divertidas fechas: http://www.youtube.com/watch?v=I7X1PBKJRAI

¡Buen fin de semana!