sábado, 28 de marzo de 2020

TRABALLO TELEMÁTICO: Radio Beretiño #euquedonacasa

Boas!!

Que tal ides? Espero que con ánimo porque parece que todavía nos queda un pouquiño de tempo máis na casa... pola nosa parte xs profes pensamos moito en vós e queremos que teñades claro que estamos ao outro lado da pantalla.

Aquí vai a última actvidade do trimestre da área de música que, ao ser unha actividade de peche, ides ver que é un pouquiño especial... a ver qué tal sae.

Nestes días de confinamento moitos artistas de todos os ámbitos que están facendo gratuítamente os seus espectáculos a través de redes sociais: eu estou "indo" a concertos, clases de baile, monológos de risa, clases de debuxo... e todo con artistas moi coñecidxs! Así que buscade e poderedes pasar un bo tempiño en familia facendo cousas que vos gusten :)

Xa sabedes que no noso cole leva varios anos funcionando "Radio Beretiño" que agora coa transformación da biblioteca mudou para alí convértendose en "Radio na biblio".  Por iso imos intentar facer un programa especial titulado #euquedonacasa ao igual que están facendo @s artistas ás que sigo.  Queredes participar??? ... moita atención as instrucións!

Como?
Tedes que gravavos a vosa voz dende casa utilizando un audio de WhatsApp (que seguro que todos o coñecedes e o manexades) e mandalo ao teléfono móbil do ANPA "Os Muíños" do noso cole, elas o reenviarán ao meu e así irei facendo colección ao longo de toda a semana que ven
Seguro que o tendes todos pero, por si acaso, o móbil do ANPA é: 617 39 51 39. Por favor antes ou despois do audio poñede o voso nome e curso e "Para Ángela" e así non terán dúbidas de que mo teñen que reenviar.
Se queredes gravar dun xeito máis elaborado (con programas como Audacity no ordenador) ou compartir o arquivo conmigo doutro xeito, xa sabedes que piedes empregar cuentalumnado@gmail.com.

Que podo gravar?
Pois tendes bastante liberdade a escoller o que máis vos guste porque logo eu aglutinarei esos audios por bloques. De todos xeitos vouvos dar unhas ideas para facilitarvos a tarefa: 
  • Dicir unha canción que vos guste e poñer un fragmento (ou cantala vós)
  • Recitar algún fragmento literario: un poema, unha adiviña, un chiste,...
  • Gravarvos lendo algún texto composto por vós estes días de confinamento
  • Gravarvos tocando algo na frauta ou noutros instrumentos que teñades na casa 
  • Mandar un audio  de ánimo para @s compañeir@s 
  • Investigar algún dato curioso relacionado co mar e gravalo dicindoo (algúns de vós me mandáchedes estes días canto tardan en desfacerse algúns materiais de plástico e iso lido por vós valeríavos perfectamente).

Tedes moitas opcións así que espero que vos animedes! 
Por suposto que poden saír familiares con vos e botarlle toda a imaxinación que creades! Xa sabedes que encántanme ver a vosa creatividade .

Pois nada que espero escoitar moi pronto as vosas voces e un poquiño despois disfrutar do programa todas e todos xuntos!

Saúdiños musicais e moito ánimo a tod@s!

lunes, 16 de marzo de 2020

Un proxecto ecolóxico...

Boas!!

Algúns de vos tedes que investigar sobre o cd "Operación can" un interesante proxecto feito hai uns anos por coles públicos... a ver que descubrides.
Déixovos unha das cancións que ven no cd xa que se relaciona co traballo dos plásticos nos  oceános como estamos traballando...

 


Saúdiños musicais!

viernes, 13 de marzo de 2020

ACTIVIDADES TELEMÁTICAS: Que é un canon

Boas!!

Na clase de onte o alumnado de quinto empezamos a traballar o o concepto de canon (seguro que seguides tendo a canción de "Sol cansado estoy" na cabeza). Podedes repasalo aquí:
http://musicalizarse.blogspot.com/2015/01/el-canon.html

Tamén anímosvos a seguir practicando a secuencia rítmica de Susa Herrera que fixemos onte  na clase para que o traiades memorizado e poder lograr o canon :)


Saúdiños musicais!

ACTIVIDADES TELEMÁTICAS: Instrumentos de refugallo

Boas!!

Imos manter os traballiños que tiñades para a vindeira semana, na medida do posible... obviamente requiren moita adaptación. 

Para a semana @s cativ@s do cole iades traballar instrumentos (con musicogramas como adoitamos facer) así que propoñovos un tempiño de diversión creando os vosos propios instrumentos co que teñades na casa (hai moitísimos exemplos en internet)... se queredes podedes mandarme unha foto a cuentalumnado@gmail.com e así podemos ir compartindo as vosas artistadas!

 

ACTIVIDADES TELEMÁTICAS: Oceános de plástico

Boas!!

Imos manter os traballiños que tiñades para a vindeira semana, na medida do posible... obviamente requiren moita adaptación. 

En  3º e 6º de EP comezamos cun traballo rítmico en instrumentos de refugallo e podedes seguir practicando ritmos libremente para preparar os ritmos das partituras.


As nenas e nenos de 6º podedes seguir con esta marabillosa actividade rítmica de Susa Herrera, practicando con calqueira botella/garrafa ou outro obxecto similar que teñades na casa. Click aquí para lembrar cun  vídeo explicativo.
Música da actividade:
https://drive.google.com/file/d/1ojqHjMTDaRJ36ENupAtfntaTgEhlYPnj/view?usp=sharing

En canto áo alumnado de 3º imos tocar ritmos de palabras de obxectos plásticos e investigar canto tardan en desfacerse no mar como: anillos dos packs de latas, botellas de plástico, fío de pescar, cubertos de plástico, globos... rétovos a buscar canto tardan en desfacerse estes obxectos e outros de plástico  e os compartades coas vosas compañeiras e compañeiros comentando nesta entrada ou mandando un correo a cuentalumnado@gmail.com 

E para o alumnado de Educación Infantl e 1º e 2º de Educación primaria (que chegarán por primeira vez a este blog) invítovos a facer algunha manualidade con plástico e materiais de refugallo e mandar unha foto ao correo de antes (cuentalumnado@gmail.com) para compartir cxs demáis...


Que estar na casa non nos impida sacar toda a nosa creatividade!!

TRABALLO TELEMÁTICO: Cancións mariñeiras e pezas para placas

Boas!!

Imos manter os traballiños que tiñades para a vindeira semana.

Lémbrovos que 3º e 4º de EP me tedes que entregar unha canción relacionada co mar para elaborar un cancioneiro mariñeiro e ver si podemos tocar algunha delas nos instrumentos de placas, cos que empezamos a traballar na última clase.

Imos introducir uns cambios no traballo por necesidade de adaptación as circunstancias:                                                                            - O mandaredes por correo electrónico ao seguinte enderezo: cuentalumnado@gmail.com. Poñédelle o NOME.                       - Se tedes calqueira dúbida deixádema como comentario e a responderei o máis axiña que poda.                                                         - Aunque a maioría das nenas e nenos de 4º xa entregachedes a canción onte na clase, tedes opción de facelo os a esquezarades na casa  ou de entregar unha segunda canción voluntaria que será un positivo extra. 
Por outra banda, a volta seguiremos traballando nas láminas entre tanto déixovos un pouquiño de información de repaso: https://cpmasmusica.blogspot.com/2012/10/los-instrumentos-de-laminas.html
Podedes seguir practicando a partitura que leváchedes onte para casa (de carillón, xilófono ou metalófono segundo o que vos tocou no reparto de clase) con este simulador:  http://xilofono.onlinegratis.tv/virtual/tocar-xilofono.htm

*Se alguén non ten a partitura pode descargala no seguinte ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1Mh1xmnmzdonySOzEsMrNhd-SShUOmAaz/view?usp=sharing

TRABALLO TELEMÁTICO: Folerpas Edición 8M

Boas!!

Imos manter os traballiños que tiñades para a vindeira semana, na medida do posible.

Lémbrovos que 5º e 6º de EP me tedes que entregar por parellas un artigo para que eu monte a "axenda" da nosa revista: Folerpas. Edicion 8M.  Na foto podedes ver un exemplo do texto tan breve que pido (só tedes que facer un dos espectáculos).

Imos introducir uns cambios no traballo por necesidade de adaptación as circunstancias:
- O mandaredes por correo electrónico ao seguinte enderezo: cuentalumnado@gmail.com 
- Poñédelle o NOME por favor
- Se tedes calqueira dúbida deixádema como comentario e a responderei o máis axiña que poda
- Será un traballo INDIVIDUAL. No que, na medida do posible, manteredes a muller que se vos repartiu na clase e senón tedes a fotocopiadora e non lembrades o seu nome escolledes unha calqueira da seguinte lista (son as que saen no libro Ferreñas rock and roll no que baseamos o noso traballo e non lle tocara a ningún dos grupos na clase):

Xosefa de Bastavales, Cris Asenjo,  Meniñas de Saudade,  Linda Lamarr,   The Skins e Las Musas,  Eclíptica Órbita- Maruxa dos Rosales,  María Doval,   Aurea Rodríguez,   Finita Gay. A martela.                                                                                                            No libro saen ademais estas outras mulleres (que xa estaban repartidas entre as parellas de clase):                                       Maruxa das Cortellas, ,  Ana Kiro,  ,   Marta e Eloisa Pérez Lage,   Pilocha,   María Manuela,   Matilde Balseiro,   Voces de Ultratumba,   Uxía Senlle,   Coral Alonso e Rosa Costas,   Pili Dios,   Mercedes Peón,   Sonia Albor,   Ángeles Lago,   Alén,   ,   Ugía Pedreira,   Guadi Galego,   Marisol Manfurada,   As garotas de Ribeira,   Lola de Ribeira,   Susana Seivane,   Cristina Pato,   Batuko Tabanka,   .

Xa leremos o xornal cando estemos xuntxs que vai quedar moi interesante!

Ánimo!!