viernes, 13 de marzo de 2020

TRABALLO TELEMÁTICO: Folerpas Edición 8M

Boas!!

Imos manter os traballiños que tiñades para a vindeira semana, na medida do posible.

Lémbrovos que 5º e 6º de EP me tedes que entregar por parellas un artigo para que eu monte a "axenda" da nosa revista: Folerpas. Edicion 8M.  Na foto podedes ver un exemplo do texto tan breve que pido (só tedes que facer un dos espectáculos).

Imos introducir uns cambios no traballo por necesidade de adaptación as circunstancias:
- O mandaredes por correo electrónico ao seguinte enderezo: cuentalumnado@gmail.com 
- Poñédelle o NOME por favor
- Se tedes calqueira dúbida deixádema como comentario e a responderei o máis axiña que poda
- Será un traballo INDIVIDUAL. No que, na medida do posible, manteredes a muller que se vos repartiu na clase e senón tedes a fotocopiadora e non lembrades o seu nome escolledes unha calqueira da seguinte lista (son as que saen no libro Ferreñas rock and roll no que baseamos o noso traballo e non lle tocara a ningún dos grupos na clase):

Xosefa de Bastavales, Cris Asenjo,  Meniñas de Saudade,  Linda Lamarr,   The Skins e Las Musas,  Eclíptica Órbita- Maruxa dos Rosales,  María Doval,   Aurea Rodríguez,   Finita Gay. A martela.                                                                                                            No libro saen ademais estas outras mulleres (que xa estaban repartidas entre as parellas de clase):                                       Maruxa das Cortellas, ,  Ana Kiro,  ,   Marta e Eloisa Pérez Lage,   Pilocha,   María Manuela,   Matilde Balseiro,   Voces de Ultratumba,   Uxía Senlle,   Coral Alonso e Rosa Costas,   Pili Dios,   Mercedes Peón,   Sonia Albor,   Ángeles Lago,   Alén,   ,   Ugía Pedreira,   Guadi Galego,   Marisol Manfurada,   As garotas de Ribeira,   Lola de Ribeira,   Susana Seivane,   Cristina Pato,   Batuko Tabanka,   .

Xa leremos o xornal cando estemos xuntxs que vai quedar moi interesante!

Ánimo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario