Boas!!
Imos manter os traballiños que tiñades para a vindeira semana, na medida do posible... obviamente requiren moita adaptación.
En 3º e 6º de EP comezamos cun traballo rítmico en instrumentos de refugallo e podedes seguir practicando ritmos libremente para preparar os ritmos das partituras.
As nenas e nenos de 6º podedes seguir con esta marabillosa actividade rítmica de Susa Herrera, practicando con calqueira botella/garrafa ou outro obxecto similar que teñades na casa. Click aquí para lembrar cun vídeo explicativo.
Música da actividade:
https://drive.google.com/file/d/1ojqHjMTDaRJ36ENupAtfntaTgEhlYPnj/view?usp=sharing
Música da actividade:
https://drive.google.com/file/d/1ojqHjMTDaRJ36ENupAtfntaTgEhlYPnj/view?usp=sharing
En canto áo alumnado de 3º imos tocar ritmos de palabras de obxectos plásticos e investigar canto tardan en desfacerse no mar como: anillos dos packs de latas, botellas de plástico, fío de pescar, cubertos de plástico, globos... rétovos a buscar canto tardan en desfacerse estes obxectos e outros de plástico e os compartades coas vosas compañeiras e compañeiros comentando nesta entrada ou mandando un correo a cuentalumnado@gmail.com
E para o alumnado de Educación Infantl e 1º e 2º de Educación primaria (que chegarán por primeira vez a este blog) invítovos a facer algunha manualidade con plástico e materiais de refugallo e mandar unha foto ao correo de antes (cuentalumnado@gmail.com) para compartir cxs demáis...
Que estar na casa non nos impida sacar toda a nosa creatividade!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario