Mostrando entradas con la etiqueta Muller traballadora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Muller traballadora. Mostrar todas las entradas
sábado, 8 de marzo de 2025
viernes, 8 de marzo de 2024
Traballando o proxecto!
Boas!
Como vos expliquei estos días na clase, para este fin de trimestre tedes que entregarme o seguinte traballo:
2. Escribe un breve texto sobre a súa biografía e a súa obra
3. Tamén podes dicir por qué é importante ou por qué a escolleches.
Non olvides que o traballo ten que cumplir as seguintes caraceterísticas:
1- Escrito en lingua galega
2- Algunha imaxe (foto, debuxo, gráfico...)
3- A presentación é libre pero será para expoñer na aula.
Ademais podedes facelo a man ou a ordenador, o que vos resulte máis cómodo.
E non me podo despedir sen desexarvos un bo día da muller traballadora con algunha canción, espero que vos guste:
Ánimo co traballo... estou desexando leros!
viernes, 13 de marzo de 2020
TRABALLO TELEMÁTICO: Folerpas Edición 8M
Boas!!
Imos manter os traballiños que tiñades para a vindeira semana, na medida do posible.
Imos manter os traballiños que tiñades para a vindeira semana, na medida do posible.
Lémbrovos que 5º e 6º de EP me tedes que entregar por parellas un artigo para que eu monte a "axenda" da nosa revista: Folerpas. Edicion 8M. Na foto podedes ver un exemplo do texto tan breve que pido (só tedes que facer un dos espectáculos).
Imos introducir uns cambios no traballo por necesidade de adaptación as circunstancias:
- O mandaredes por correo electrónico ao seguinte enderezo: cuentalumnado@gmail.com
- Poñédelle o NOME por favor
- Se tedes calqueira dúbida deixádema como comentario e a responderei o máis axiña que poda
- Será un traballo INDIVIDUAL. No que, na medida do posible, manteredes a muller que se vos repartiu na clase e senón tedes a fotocopiadora e non lembrades o seu nome escolledes unha calqueira da seguinte lista (son as que saen no libro Ferreñas rock and roll no que baseamos o noso traballo e non lle tocara a ningún dos grupos na clase):
Xosefa de Bastavales, Cris Asenjo, Meniñas de Saudade, Linda Lamarr, The Skins e Las Musas, Eclíptica Órbita- Maruxa dos Rosales, María Doval, Aurea Rodríguez, Finita Gay. A martela. No libro saen ademais estas outras mulleres (que xa estaban repartidas entre as parellas de clase): Maruxa das Cortellas, , Ana Kiro, , Marta e Eloisa Pérez Lage, Pilocha, María Manuela, Matilde Balseiro, Voces de Ultratumba, Uxía Senlle, Coral Alonso e Rosa Costas, Pili Dios, Mercedes Peón, Sonia Albor, Ángeles Lago, Alén, , Ugía Pedreira, Guadi Galego, Marisol Manfurada, As garotas de Ribeira, Lola de Ribeira, Susana Seivane, Cristina Pato, Batuko Tabanka, .
Xa leremos o xornal cando estemos xuntxs que vai quedar moi interesante!
Ánimo!!
martes, 13 de marzo de 2018
De mulleres importantes...
Ola!!
Esta entrada vai adicada ao alumnado de 6ºB xa que seguimos traballando as mulleres importantes e tras facer este chulísimo póster online que vos invitamos a explorar:
Faremos unha recopilación de mulleres importantes para o xornal que faremos entre todo o centro... aquí deixo o modelo para que poidades facer o traballo:
https://drive.google.com/file/d/12svsnwkoIVeUQeqTph9zN0FWzuVtGOgP/view?usp=sharingMoitos saúdos!!
miércoles, 8 de marzo de 2017
8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo
Ola a todas e todos!
Pois aunque estes días non ande polo cole non significa que non me teñades aquí, a través do meu blogue, onde sempre estou.
Estou segura de que ides disfrutar un montón estes días con Laura e así cando eu volva (que será moi pronto) traballaredes cheos de forza.
Déixovos un proxecto moi fermoso que realizaron oito marabillosas artistas galegas coa Deputación da Coruña como forma de conmemorar este 8 marzo, Día internacional das mulleres.
Espero que vos guste e que nos vexamos moi pronto!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

