Mostrando entradas con la etiqueta Días especiales. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Días especiales. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de septiembre de 2025

Benvidos a un novo curso!

Benvidos a un novo curso escolar!

Por onde nos levará o curso 2025-26? déixovos unha pista na seguinte canción...


 

Ata prontoo!

jueves, 5 de junio de 2025

Para 6º de primaria

Boas!

Outro curso máis despido a unha xeración do Cole Angorén, esta vez, a primeira que lle din clase dende os 3 anos. Quero dicirvos que foi un placer traballar con vós e deséxovos moita sorte na vosa nova etapa... lembrade que sempre teredes un sitio na aula de música :)
Para despedirme déixovos a vosa propia selección de música galega xa que, por unha banda, quedámonos sen tempo para velas na clase e, por outra, espero que nestes anos aprendérades a valorar a nosa cultura e, sobre todo, a nosa música.
Con moito agarimo:

Ángela

Tanxugueiras
   
 


"Ondiñas veñen e van"
 


 Abraham Cupeiro
   


 Dirti suc
   


 Oliveira dos cen anos
   

 
Xirarei de Xil Ríos
   

 Fillas de Casandra 
   

 


 Pasodoble do Mazo
 

domingo, 21 de enero de 2024

Feliz 2024!

 Feliz ano a todos! estou moi contenta de volver a estar na escola traballando con todos vós e por iso andamos xa atarefados co ENTROIDO!.

Por unha banda, póñovos aquí a ligazón do baile da comparsa que estamos a ensaiar estes días na clase por se queredes repasalo na casa:  música comparsa.

E por outra, algunhas clases xa están a ensaiar un tradicional do entroido do Angorén como son as MURGAS. Póñovos aquí as letras e as músicas editadas para que podades ensaiar. 

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

"Pinta, pinta enferruxa

pinta, pinta co tizón.

Ti serás a mascariña

eu serei o mascarón.

Bate, bate co caxato

entroideiro choqueirón.

Ti farás de carpinteiro

eu serei o toleirón. 

(Click na imaxe para acceder á  música)


2º EDUCACIÓN PRIMARIA: "En Angorén pasámolo moi ben"

- Letra: https://drive.google.com/file/d/1C4LgVGoTNH79R8WjwBXh2v5UtULCmFYg/view?usp=sharing

- Música  (playback editado): 

https://drive.google.com/file/d/1-ZGEY7VkfyV58_LFrpTKqSsgApAINEet/view?usp=sharing


6º EDUCACIÓN PRIMARIA: "Ben! xa chegou o entroido..."

- Letra: https://drive.google.com/file/d/1_xDqOLa8Nz8hOWz1NyitStFABV4r_Su6/view?usp=sharing

- Música (playback editado): https://drive.google.com/file/d/1uw6pEZi9wF285RYbPy41gE6jcCkeMohg/view?usp=sharing


Agora a ensaiar moito!
Saúdiños músicais ata a próxima entrada que será  moi pronto!

jueves, 16 de junio de 2022

Despedida #osMalegos

 Para as nenas e nenos de 6°:

Xa son uns cantos anos cantando, bailando e compartindo momentos xuntos por iso non quero rematar o curso sen escribirvos algo.

Ainda que non o creades, para mín sempre fúchedes (e seguides sendo),  un curso entusiasta e participativo coas miñas propostas co que me divertín en clase e sigoo facendo con algo máis de traballo, iso si, jeje.

Como mostra de que non minto, unha selección de algúns dos traballos que fixéchedes comigo... mirade que pequeniñ@s erades!

Moita sorte na vosa nova etapa, veredes que o instituto vaivos gustar e ides estar xenial. Xa sabedes que na aula de música do Angorén sempre haberá un oquiño para vós.

Botareivos de menos:

Ángela

viernes, 3 de junio de 2022

Cancións para final de curso

 Olaa!

Xa non  queda nada para que remate o curso, e para despedilo como merece, en música estamos facendo diferentes traballos relacionados co noso proxecto, "Galicia máxica".

Aquí déixovos as ligazóns das cancións de cada curso:

Educacion Infantil: https://youtu.be/fEymLn154iM

1° de primaria: https://youtu.be/PVh3b8jVE5o

2° de primaria: https://youtu.be/7ukgZ3iBDOQ

3° de primaria: https://youtu.be/9cdBmV2DGMw

4° de primaria: https://youtu.be/u_p7LRF-NIk

5° de primaria: https://youtu.be/plM0OiVn5jQ

6° de primaria: https://youtu.be/UYwLh0WOGDY

Antes de despedirme deixo aquí unha ligazón para o alumnado de 5° de primaria (farédelo en clase de TICs):

 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScq3O3wIDT19rneuccaSOoLqRXPMusLnGIQjuJuHHrqdpNGbA/viewform


E agora a traballar que en nadiña estamos de vacacións!

jueves, 24 de diciembre de 2020

Felices festas!

 Boas!

Xa que este trimestre non puiden estar con vos, mándovos os meus mellores desexos de forma virtual con este chulísimo vídeo que  fai referencia a hitos da historia da música... recoñecedes algunha figura?

Unha aperta!


viernes, 18 de septiembre de 2020

Benvida ao corona- curso

Boas! 

Comezamos un novo curso con moitos retos e novidades pero xa sabedes: xunt@s o conseguirémolo!!
O cole está repletiño de novas normas máis ou menos complicadas que buscan salvagardar a nosa saúde e esta semana repasarémolas na clase pero... con moito ritmo.!
Podedes ir escoitando a canción que traballaremos esta semana e... coma sempre...

Saúdiños musicais!
 

lunes, 8 de junio de 2020

Escape room musical

Boas!!!
Xa sabedes que a última actividade de curso sempre é diferente e lúdica e, este ano, merecíades algo moi especial.
Así que preparei este Escape room musical espeial para vós (premede na imaxe para acceder a el) despois de ler as instrucións: 
  1. Tedes que resolver as probas dende o número 1 ao número 5.
  2. Collede papel e algo para escribir, xa que debedes ir anotando cada resposta. Unha vez a teñades mandádemas nun único correo electrónico: cuentalumnado@gmail.com.
  3. Podedes acceder as probas dende os ligazóns do PADLET (ao que accederedes dándolle clic á imaxe) ou ben a través dos ligazóns dos vídeos de youtube, o que resúltevos máis cómodo. 
  4. Unha vez reciba as 5 respostas recibiredes a resolución ao enigma e saberedes onde está o director. Ademais teredes unha sorpresiña máis.
  5. Se tedes dúbidas ou problemas de acceso escribídeme sen problema. 
  6. A xogar!!
Antes de comezar, observade as cancións que escoitaredes de fondo nos vídeos xa que son auténticas obras de arte, así que... a disfrutar!!
Unha aperta musical!!

sábado, 6 de junio de 2020

Miña música e da miña familia

E aquí está o meu padlet!!

Non podía escoller unha única canción favorita porque como poderedes ver o meu gusto é un pouco ecléctico así que escollín algunhas das que máis me gustan e explícovos porqué. Ao final está a da miña familia máis cercana.
Para a semana (seguramente o luns) publicarei o derradeiro traballiño de música deste curso tan atípico que (como todos os ano) será unha proposta especial para acabar o curso, de todos xeitos podedes seguir mandándome os vosos padlets (http://cpmasmusica.blogspot.com/2020/06/musica-en-familia.html) que os que estou recibindo están realmente ben!!!
Xa montarei unha entrada con todos os padlets que reciba porque están realmente ben!!

Un saúdiñoo!

Hecho con Padlet

domingo, 17 de mayo de 2020

Feliz día das letras galegas 2020!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Imos celebrar un día tan especial gozando do marabilloso traballo do alumnado e familias do #coleangoren! Moitas grazas a todas as persoas que participáchedes!

 

E como vos explicara, era unha proposta intercentros (é dicir, de moitos coles) así que click no logo de cada escola e divertirse co traballo do resto de nenas e nenos:

lunes, 4 de mayo de 2020

3º Radio Beretiño #euquedonacasa!

Boas!!

Aquí está o terceiro programa de Radio Beretiño! En breves recibiredes o voso premio a través do correo electrónico :)
Na anterior entrada tedes os traballiño proposto dende música para as próximas semanas... animádevos!
         

Espero que vos guste... un saúdiño!!

sábado, 2 de mayo de 2020

Dúas propostas intercentros

Boas!!

Antes de nada, moitas grazas pola vosa participación nos maios... a verdade que quedounos un vídeo chulísimo... déixovos aquí o ligazón a youtube por se ainda non o víchedes:

 

E unha semana máis aqui chega o traballiño musical que, coma sempre, trato de que vos resulte divertido e entretido :) 
Lembrade que o luns poñerei o último programa de Radio Beretiño coas respostas ao concurso así que todavía estás a tempo de participar: pon as túas respostas como comentario neste blog veña!

Pois estas próximas semanas no cole estamos a preparar un día moi especial, ó 17 de maio, día das letras galegas. Sairán propostas relacionadas con Ricardo Carballo Calero dende a biblioteca e co noso tradicional maratón dende Dinamización e dende música imos contribuír. 
Dende o IES de Chapela (e en colaboración cos outros CEIP de Chapela ) pídesenos que animemos a noso alumnado a sacarse unha foto coa camiseta do maratón no seu paseo do día das letras galegas para así visivilizar a nosa parroquia e o noso tradicional maratón que este ano non se pode realizar...  deberedes subila ao twitter cos hastags #maratonletrasgalegas e #coleangoren, ou se o preferides podedes mandala por correo electrónico ao centro ou  min e nos encargámonos de subilas e recopilalas. 

E por outra, hai unha proposta desta área á que se van sumando cada vez máis coles como: CEIP García Barbón de Vigo, o CEIP nº 1 de Tui, o CEIP Esterio e o CEIP Ponzos de Ferrol, CEIP Otero Pedrayo (Vigo), o CRA María Zambrano (O Rosal), o EEI Monte do Alba (Vigo) CEIP Igrexa Valadares(Vigo), CEIP Plurilingüe de Atios (Porriño),o CEIP Plurlingüe Igrexa Chapela e agora nós.
Trátase de facer un vídeo con canción"Verdescente" de Uxía Lambona e a banda molona. Xa sabedes, que "cantar" é un dos contidos máis importantes e que máis facemos en clase e a idea é facer un vídeo similar a este tan chulo que fixeron artistas galeg@s:

 

E como imos facer?
Pois escolledes un sitio que vos guste durante o voso paseo (ou tamén dende as vosas casas e fincas se queredes), vos poñedes a vosa camiseta do maratón (imos xuntar ambas propostas para que non se vos acumule o chollo) e vos gravades cantando a canción sobre a versión karaoke desta... déixovos aquí uns conselliños. Despois sacádesvos unha foto tamén e mandásdeme todo para que eu poda levar a cabo as dúas propostas intercentros.

Indicacións para tarefa: 
  1. Para comezar tedes que aprender ben a canción. Déixovos aquí a letra: https://drive.google.com/file/d/1XvEOP2VWKvudbbJU6vsBbT2yZZIjUyUk/view?usp=sharing
  2.  Cando xa a teñades algo memorizada intentade interpretala sobre a base musical que segue. É un audio karaoke, é dicir, se voz para que se escoite as vosas:  https://drive.google.com/file/d/1-FO5iMc9VkDMhg5KDt00_FtaCvVzlv6C/view?usp=sharin
  3. Pídovos que vos poñades a vosa camiseta do maratón que no noso cole é sempre a mesma, se non a tes a man ou xa non che sirve.. non pasa nada! Faino vestido de calqueira outro xeito!
  4. Por último gravádevos un vídeo  cantando esta fermosa peza para enviala ao meu correo (cuentalumnado@gmail.com) ou ao teléfono do ANPA, elas reenvíanmo ao momento así que non vos preocupedes. Escollede o que vos resulte máis cómodo.  
  5. Podedes cantala enteira ou un fragmento pero para que logo eu poda montala teño que ter todas as estrofas cantadas así que agradezo moito ás nenas e nenos que se animen a cantala enteira. 
  6. Esta actividade é para todos os cursos, dende infantil ata primaria. Se para infantil é moi complicado aprender toda a letra, chega cun fragmento ou se queredes bailando un pequeno fragmento ou o que queirades!!!!
  7. A data límite para mandar vídeos e fotos será o xoves 14 de maio.
  8. Lembra que ademais do video preciso unha foto coa tua camiseta para poder enviarlla ao IES.
Como vedes esta semana o traballiño é un pouco máis complexo que os anteriores pero anímome polos bos resultados que estou tendo :)
Veremos o que sae deste experimento! Espero as vosas contribucións e... o máis importante, pasádeo moi ben levando a cabo esta actividade en familia.
Escribídeme como sempre se tedes calqueira dúbida e moitas grazas polo voso traballo!

Saúdiños musicais!!

sábado, 25 de abril de 2020

Semana de concursos: maios e radio

Boas!!!

Que tal seguimos? Espero que moi ben e que vos axude a nova organización de traballo da páxina web do cole.
Esta semana tráiovos unha chea de traballo! Para que fagades pouquiño a pouco e disfrutandoo :) Vai ser o mesmo para todas as clases xa que son tarefas do cole impulsadas polos equipos de profesorado.

TRABALLO 1: Participación en maios confinados do Concello de Redondela
Dende o cole imos participar nesta iniciativa do noso Concello e eu pedísmosvos colaboración ás familias para que quede todavía máis chulo... @s profes xa estamos traballando neles! 
O problema é que o prazo acaba o día 28 así que... mandádenos as vosas aportacións canto antes!

      

TRABALLO 2: Escoita os programas de Radio Beretiño #euquedonacasa
Pois si! Ao fin están listos os programas de Radio Beretiño edición especal #euquedonacasa así que agora toca disfrutalos. Foron tantos os vosos audios que tiven que dividilos en 3 programas diferentes e ainda así son ben longos!
Que vos propoño? Escoitade os dous primeiros programas e participade no Concurso de Radio Beretiño (que hai ao final do 2º programa) os que sexades quen de acertar comentádeme as solucións nos comentarios deste bogue (lembrade poñer o voso nome para que saiba quen participa)... hai premio para @s acertantes!
Se non sodes capaces de facer comentarios podedes, como sempre, mandarme un correo a cuentalumnado@gmail.com. 
Ao final desta semana (ou comezos da seguinte) publicarei o terceiro e último programa de Radio Beretiño onde veñen as respostas así que... tranquil@s non vos vou deixar coa intriga!

Así que dádelle o play e a gozar escoitando as voces das vosas compañeiras e compañeiros!!! :)



lunes, 20 de abril de 2020

Outro mensaxe de ánimo... grazas!

Porque nunca teremos suficientes cancións nin aplausos para a nosa sanidade, forzas de seguridade, servizos de limpeza, supermercados e mercados, centros de investigación... e a vós, nenas e nenos que agardades pacientemente nas vosas casas. Grazas!!

 

viernes, 17 de abril de 2020

Creatividade como solución

Bos días!

Como andamos de ánimo? Espero que ben, pensade que cada vez queda menos para volver ao cole e estar xunt@s pero, de momento, quédanos un tempiño máis de espera.
Esta semana na aula de música própoñovos a todos os grupos traballar a CREATIVIDADE de diferente xeito según o nivel.  Como non quero que atronedes as vosas familias empregando obxectos sonoros (que sería como o faríamos na clase de música) ímolo adaptar e facelo sobre papel, é dicir debuxando!!

Cada clase terá unha canción inspiradora e un reto artístico que (coma sempre) anímovos a facer e mandarmo ao correo cuentalumnado@gmail.com para así poder mostrarllo ao resto de compañeiras e compañeiros en twitter...

No caso de 5º e 6º de primaria en vez dunha canción seleccionei este precioso curtometraxe que seguro que moitos de vós xa coñecedes. Mirádeo que vale a pena pero o mensaxe é claro: vosa creatividade e imaxinación salvaranvos dos problemas, ainda que sexa un confinamento.
Ambas cousas están moi presentes no arte: na música, no cine, na fotografía e, por suposto, na poesía. 

 

E que é o que quero que fagades? Pois que me mandedes as vosas propostas para o concurso de poesía visual que está organizando o Concello de Redondela. Seguide os seguintes pasos:
  1. Lede detidamente as bases do concurso:   https://drive.google.com/file/d/11wWEexKTGA8l3ZUlXZQp6JQW02S0l_h2/view?usp=sharing
  2. Escolle algo que che guste moito e sobre iso inventa a túa poesía visual, poesía conceptual ou caligrama... podes debuxar, sacar foto... o que máis che guste!
  3. Envíamo ao meu correo co teu nome e o título da túa obra.
  4. Podes inspirarte con estes exemplos que saquei de internet, no meu caso escollín poesías relacionadas coa música e o mar.

Creatividade con pegadas de Oviravai

Bos días!

Como andamos de ánimo? Espero que ben, pensade que cada vez queda menos para volver ao cole e estar xunt@s pero, de momento, quédanos un tempiño máis de espera.
Esta semana na aula de música própoñovos a todos os grupos traballar a CREATIVIDADE de diferente xeito según o nivel.  Como non quero que atronedes as vosas familias empregando obxectos sonoros (que sería como o faríamos na clase de música) ímolo adaptar e facelo sobre papel, é dicir debuxando!!

Cada clase terá unha canción inspiradora e un reto artístico que (coma sempre) anímovos a facer e mandarmo ao correo cuentalumnado@gmail.com para así poder mostrarllo ao resto de compañeiras e compañeiros en twitter...

Para Infantil, 1º e 2º de primaria propóñovos aprender esta divertida canción do grupo Oviravai e despois tentar debuxar algún deses animais coas vosas pegadas... como?
Imos por partes, o primeiro é escoitar a canción e escoller un animal (da canción ou outro calqueira):

 

Agora fixádeos nas seguintes imaxes onde veñen instrucións de como facer animais con pegadas das máns, podedes facer un ou máis... creo que vos vai resultar divertido!. Tamén póñovos a imaxe do libro do que saquei a idea porque é unha verdadeira obra de arte.
Podedes empregar tinta de sellos, pintura de dedos ou mans, rotuladores ou incluso maquillaxe... que cada un invente co que ten na casa con que pode poñer a súa pegada no folio!

Estou desexando ver os vosos animaliños! Animádevos a probar e mandarme unha foto!
Saúdiños musicais!

viernes, 3 de abril de 2020

Boas vacacións e...a resistir!

Olaaa!!

Pois creo que todxs sabedes porque comparto esta canción así que... ánimo e vémonos no próximo trimestre!
 

sábado, 28 de marzo de 2020

TRABALLO TELEMÁTICO: Radio Beretiño #euquedonacasa

Boas!!

Que tal ides? Espero que con ánimo porque parece que todavía nos queda un pouquiño de tempo máis na casa... pola nosa parte xs profes pensamos moito en vós e queremos que teñades claro que estamos ao outro lado da pantalla.

Aquí vai a última actvidade do trimestre da área de música que, ao ser unha actividade de peche, ides ver que é un pouquiño especial... a ver qué tal sae.

Nestes días de confinamento moitos artistas de todos os ámbitos que están facendo gratuítamente os seus espectáculos a través de redes sociais: eu estou "indo" a concertos, clases de baile, monológos de risa, clases de debuxo... e todo con artistas moi coñecidxs! Así que buscade e poderedes pasar un bo tempiño en familia facendo cousas que vos gusten :)

Xa sabedes que no noso cole leva varios anos funcionando "Radio Beretiño" que agora coa transformación da biblioteca mudou para alí convértendose en "Radio na biblio".  Por iso imos intentar facer un programa especial titulado #euquedonacasa ao igual que están facendo @s artistas ás que sigo.  Queredes participar??? ... moita atención as instrucións!

Como?
Tedes que gravavos a vosa voz dende casa utilizando un audio de WhatsApp (que seguro que todos o coñecedes e o manexades) e mandalo ao teléfono móbil do ANPA "Os Muíños" do noso cole, elas o reenviarán ao meu e así irei facendo colección ao longo de toda a semana que ven
Seguro que o tendes todos pero, por si acaso, o móbil do ANPA é: 617 39 51 39. Por favor antes ou despois do audio poñede o voso nome e curso e "Para Ángela" e así non terán dúbidas de que mo teñen que reenviar.
Se queredes gravar dun xeito máis elaborado (con programas como Audacity no ordenador) ou compartir o arquivo conmigo doutro xeito, xa sabedes que piedes empregar cuentalumnado@gmail.com.

Que podo gravar?
Pois tendes bastante liberdade a escoller o que máis vos guste porque logo eu aglutinarei esos audios por bloques. De todos xeitos vouvos dar unhas ideas para facilitarvos a tarefa: 
  • Dicir unha canción que vos guste e poñer un fragmento (ou cantala vós)
  • Recitar algún fragmento literario: un poema, unha adiviña, un chiste,...
  • Gravarvos lendo algún texto composto por vós estes días de confinamento
  • Gravarvos tocando algo na frauta ou noutros instrumentos que teñades na casa 
  • Mandar un audio  de ánimo para @s compañeir@s 
  • Investigar algún dato curioso relacionado co mar e gravalo dicindoo (algúns de vós me mandáchedes estes días canto tardan en desfacerse algúns materiais de plástico e iso lido por vós valeríavos perfectamente).

Tedes moitas opcións así que espero que vos animedes! 
Por suposto que poden saír familiares con vos e botarlle toda a imaxinación que creades! Xa sabedes que encántanme ver a vosa creatividade .

Pois nada que espero escoitar moi pronto as vosas voces e un poquiño despois disfrutar do programa todas e todos xuntos!

Saúdiños musicais e moito ánimo a tod@s!

jueves, 23 de enero de 2020

UN FEBREIRO MOVIDIÑO

Boas!!

Pois en febreiro xuntánsenos as celebracións así que xa estamos mans á obra cos ensaios... enlázovos as músicas para que podades traballar na casa:

DÍA DE ROSALÍA
Ainda que coincide nas vacacións de entroido adicarémoslle un pequeno acto na semana do 17 ao 21 de febreiro (todavía estamos a decidir o día) en que as clases de 1º e 4º de primaria cantarán a preciosa "Como chove miudiño" de Uxía Senlle do seu libro-cd  Rosalía pequeniña.
Además completaremos a actividade cunha visita á Biblioteca de Chapela na que traballaremos a autora. 
 


CANCIÓN DE CARNAVAL
E polo entroido @s máis peques do cole cantarán unha canción da Editorial Galinova un pouco modificada. No seguinte link a podedes escoitar:
 https://drive.google.com/file/d/1WZlpBBZoGVq7d3OWScRzwEWL-wdN4bco/view?usp=sharing

Saudiños musicais!!

sábado, 14 de septiembre de 2019

BENVIDA 2019

Benvid@s a este curso 2019/ 2020!

Esperánnos grandes cambios e moitas cousas este ano académico así que seguide as nosas redes...