sábado, 28 de marzo de 2020

TRABALLO TELEMÁTICO: Radio Beretiño #euquedonacasa

Boas!!

Que tal ides? Espero que con ánimo porque parece que todavía nos queda un pouquiño de tempo máis na casa... pola nosa parte xs profes pensamos moito en vós e queremos que teñades claro que estamos ao outro lado da pantalla.

Aquí vai a última actvidade do trimestre da área de música que, ao ser unha actividade de peche, ides ver que é un pouquiño especial... a ver qué tal sae.

Nestes días de confinamento moitos artistas de todos os ámbitos que están facendo gratuítamente os seus espectáculos a través de redes sociais: eu estou "indo" a concertos, clases de baile, monológos de risa, clases de debuxo... e todo con artistas moi coñecidxs! Así que buscade e poderedes pasar un bo tempiño en familia facendo cousas que vos gusten :)

Xa sabedes que no noso cole leva varios anos funcionando "Radio Beretiño" que agora coa transformación da biblioteca mudou para alí convértendose en "Radio na biblio".  Por iso imos intentar facer un programa especial titulado #euquedonacasa ao igual que están facendo @s artistas ás que sigo.  Queredes participar??? ... moita atención as instrucións!

Como?
Tedes que gravavos a vosa voz dende casa utilizando un audio de WhatsApp (que seguro que todos o coñecedes e o manexades) e mandalo ao teléfono móbil do ANPA "Os Muíños" do noso cole, elas o reenviarán ao meu e así irei facendo colección ao longo de toda a semana que ven
Seguro que o tendes todos pero, por si acaso, o móbil do ANPA é: 617 39 51 39. Por favor antes ou despois do audio poñede o voso nome e curso e "Para Ángela" e así non terán dúbidas de que mo teñen que reenviar.
Se queredes gravar dun xeito máis elaborado (con programas como Audacity no ordenador) ou compartir o arquivo conmigo doutro xeito, xa sabedes que piedes empregar cuentalumnado@gmail.com.

Que podo gravar?
Pois tendes bastante liberdade a escoller o que máis vos guste porque logo eu aglutinarei esos audios por bloques. De todos xeitos vouvos dar unhas ideas para facilitarvos a tarefa: 
  • Dicir unha canción que vos guste e poñer un fragmento (ou cantala vós)
  • Recitar algún fragmento literario: un poema, unha adiviña, un chiste,...
  • Gravarvos lendo algún texto composto por vós estes días de confinamento
  • Gravarvos tocando algo na frauta ou noutros instrumentos que teñades na casa 
  • Mandar un audio  de ánimo para @s compañeir@s 
  • Investigar algún dato curioso relacionado co mar e gravalo dicindoo (algúns de vós me mandáchedes estes días canto tardan en desfacerse algúns materiais de plástico e iso lido por vós valeríavos perfectamente).

Tedes moitas opcións así que espero que vos animedes! 
Por suposto que poden saír familiares con vos e botarlle toda a imaxinación que creades! Xa sabedes que encántanme ver a vosa creatividade .

Pois nada que espero escoitar moi pronto as vosas voces e un poquiño despois disfrutar do programa todas e todos xuntos!

Saúdiños musicais e moito ánimo a tod@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario