Mostrando entradas con la etiqueta Flauta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Flauta. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de enero de 2024

Primeiros traballos deste curso!

Boas!!

Estes días estamos traballando arreo na clase. E, como espero que repasedes na casa, déixovos as ligazóns necesarias... ánimo! a estudar!

Por un banda, temos as clases que xa están empezando a aprender cancións relacionadas con Rosalía de Castro para a nosa particular e musical celebración:

- 5º DE INFANTIL (4 ANOS) E 1º DE PRIMARIA

     


- 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:



E por outra banda, como primeiro contacto coa frauta estamos repasando cancións sinxeliñas feitas outros cursos. Déixovos os links para acceder a eles:

Disfrutade do fin de semana e unha aperta musical!

domingo, 27 de marzo de 2022

Volvemos coa frauta!

 Boas a todos!

Canto tempo sen actualizar! pero temos moito que traballar en pouco tempo así que imos alo!

Nesta entrada vou recordarvos como imos dar frauta nestes tempos tan especiais. Tal e como vos expliquei en clase, despois de traballar a partitura na aula teredes que gravarvos e mandarme o vídeo interpretando a peza a cuentalumnado@gmail.com   para que poda avaliarvos frauta... se algún de vós ten algunha dificultade falade comigo na clase e xa vemos cómo facemos.

Por aquí déixovos unha entrada antiga por si precisades repasar as posicións da frauta:

http://cpmasmusica.blogspot.com/2012/10/flauta-dulce.html?m=1


E aquí as primeiras partituras... a estudar!!

3° EP


4º EP



5°EP
Tedes que gravarvos facendo: 
sol- la- si- do'- do'- si- la- sol (para ir preparando esta partitura)


6°EP 


Ánimos sonoros!

sábado, 28 de marzo de 2020

TRABALLO TELEMÁTICO: Radio Beretiño #euquedonacasa

Boas!!

Que tal ides? Espero que con ánimo porque parece que todavía nos queda un pouquiño de tempo máis na casa... pola nosa parte xs profes pensamos moito en vós e queremos que teñades claro que estamos ao outro lado da pantalla.

Aquí vai a última actvidade do trimestre da área de música que, ao ser unha actividade de peche, ides ver que é un pouquiño especial... a ver qué tal sae.

Nestes días de confinamento moitos artistas de todos os ámbitos que están facendo gratuítamente os seus espectáculos a través de redes sociais: eu estou "indo" a concertos, clases de baile, monológos de risa, clases de debuxo... e todo con artistas moi coñecidxs! Así que buscade e poderedes pasar un bo tempiño en familia facendo cousas que vos gusten :)

Xa sabedes que no noso cole leva varios anos funcionando "Radio Beretiño" que agora coa transformación da biblioteca mudou para alí convértendose en "Radio na biblio".  Por iso imos intentar facer un programa especial titulado #euquedonacasa ao igual que están facendo @s artistas ás que sigo.  Queredes participar??? ... moita atención as instrucións!

Como?
Tedes que gravavos a vosa voz dende casa utilizando un audio de WhatsApp (que seguro que todos o coñecedes e o manexades) e mandalo ao teléfono móbil do ANPA "Os Muíños" do noso cole, elas o reenviarán ao meu e así irei facendo colección ao longo de toda a semana que ven
Seguro que o tendes todos pero, por si acaso, o móbil do ANPA é: 617 39 51 39. Por favor antes ou despois do audio poñede o voso nome e curso e "Para Ángela" e así non terán dúbidas de que mo teñen que reenviar.
Se queredes gravar dun xeito máis elaborado (con programas como Audacity no ordenador) ou compartir o arquivo conmigo doutro xeito, xa sabedes que piedes empregar cuentalumnado@gmail.com.

Que podo gravar?
Pois tendes bastante liberdade a escoller o que máis vos guste porque logo eu aglutinarei esos audios por bloques. De todos xeitos vouvos dar unhas ideas para facilitarvos a tarefa: 
  • Dicir unha canción que vos guste e poñer un fragmento (ou cantala vós)
  • Recitar algún fragmento literario: un poema, unha adiviña, un chiste,...
  • Gravarvos lendo algún texto composto por vós estes días de confinamento
  • Gravarvos tocando algo na frauta ou noutros instrumentos que teñades na casa 
  • Mandar un audio  de ánimo para @s compañeir@s 
  • Investigar algún dato curioso relacionado co mar e gravalo dicindoo (algúns de vós me mandáchedes estes días canto tardan en desfacerse algúns materiais de plástico e iso lido por vós valeríavos perfectamente).

Tedes moitas opcións así que espero que vos animedes! 
Por suposto que poden saír familiares con vos e botarlle toda a imaxinación que creades! Xa sabedes que encántanme ver a vosa creatividade .

Pois nada que espero escoitar moi pronto as vosas voces e un poquiño despois disfrutar do programa todas e todos xuntos!

Saúdiños musicais e moito ánimo a tod@s!

domingo, 2 de febrero de 2020

A primeira peza de frauta de 3º!

Boas!!

E para as nenas e nenos de 3º de primaria a súa primeira partitura de frauta... a practicar!


E para @s que vos vaia saíndo podedes ir practicándola co acompañamiento instrumental co que a tocaremos o vindeiro día de clase:

 

Saúdiños musicais!!

miércoles, 6 de noviembre de 2019

Frauta para @s maiores!

Boas!

Estes días nas clases de música estamos a traballar coa frauta e 5º e 6º requiren un reforciño vía blogue. 

En 4º EP esta semana tedes que practicar a pentatónica ascendente e descendente (do-re-mi-fa-sol; sol-fa-mi-re-do) para poder aprender a canción o próximo día. Este vídeo vos axudará a recordarlas.

  


En 5º EP estamos a cantar e tocar a adaptación musical feita por Susa Herrera ao precioso poema "Non hai follas verdes" de Antonio García Teijeiro. Esta semana tócalles repasar na casa o practicado en clase e aquí vai unha axudiña:
 https://drive.google.com/file/d/1DukQR1h8o1CWUWktmMGoqpDplwgt5Yl-/view?usp=sharing



E en 6ºEP tras o traballo creativo co texto "Rachapedras" , estamos tocandoo en frauta.
Precisamos aprender o si bemol, atendede a imaxe explicativa: é como o fa normal pero destapando o dedo do la; os buracos que están en vermello na imaxe son os tapados.  Tamén deixovos o vídeo da peza para que podades ir repasando o traballado na clase: 


https://drive.google.com/file/d/1iQ5iNZwz442pL_X7KvURaCrdfSNNxGqp/view?usp=sharing




A practicar!!

viernes, 24 de noviembre de 2017

Ensaiando para o aguinaldo...

Ola de novo!

Pois en nada terminamos o trimestre e (como é tradición) algúns cursos irán pedir o aguinaldo ás outras aulas así que esta semana na clase de música empezamos a montar as seguintes cancións:


  • 5 ANOS: VAN TRES REIS EN BICICLETA DE MAMÁ CABRA




  • 3º DE PRIMARIA: CUN SOMBREIRO DE PALLA DE FUXAN OS VENTOS

LETRA MODIFICADA:
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi
mentres observaba ao neno
coméulle o sombreiro o boi.

RETROUSO:
Deixade aos pastores
deixadeos pasar
que van cantar hoxe
a Xesús non portal.

Entre as pallas deitadiño
e en coiriños está
sendo neno deste mundo
e señor que logo será.

RETROUSO

Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi
mentres osservaba ao neno
comeulle o sombreiro o boi.

PARTITURA DE FRAUTA:


  • 5º DE PRIMARIA: NADAL DE LUINTRA DE BERROGÜETTO
PARTITURA DE FRAUTA:

AUDIO E LETRA: https://www.youtube.com/watch?v=YxDOD7jFRfs


Pois se o aguinaldo queredes gañar, toca ensaiar!
Saudiños musicais!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Partituras de frauta do momento

Ola de novo!

Estes días na aula andamos a lembrar as posicións da frauta. Xa sabedes que para que saia ben tedes que practicar un chisquiño na casa así... ánimo e a traballar!

Partitura para 4º:

Partitura para 5º: http://cpmasmusica.blogspot.com.es/2014/10/empezamos-co-magosto.html

Partitura para 6º: http://cpmasmusica.blogspot.com.es/2014/03/varias-cosas-para-clase.html


Apertas musicais!

martes, 23 de febrero de 2016

Traballo para as vindeiras semanas

Olaa!

 Aquí vos deixo próximos traballos da aula de música. Polo que falamos na última clase, supoño que algún de vos xa saberá que vídeo lle corresponde... Podedes ir vendo! Ata pronto!

 

Novas partituras de frauta e de percusión (click na imaxe):


E algo máis de información do que tratamos hoxe na clase sobre os instrumentos (click na imaxe):


Ademais, en 6º estou recuperando algunha actividade antiga considero divertidas.  Podedes atopalas nesta entrada do blogue: http://cpmasmusica.blogspot.com.es/2013/02/actividades-para-el-aula.html

domingo, 22 de noviembre de 2015

Comezamos co Nadal!

Ola!

Na clase de música se comeza co traballo de Nadal antes que en ningunha. Desta forma, dende a vindeira semana, todas as clases estarán en pleno traballo de panxoliñas.

Estas as seleccionadas para este ano:

  • EDUCACIÓN INFANTIL- Xa me tardan estes magos de Mamá Cabra
En Educación Primaria mandarán as panxoliñas tradicionais galegas. Os tres primeiros cursos (1º, 2º e 3º) interpretarán "Soan as campás" e os outros (4º, 5º e 6º) "No pendello".
Aquí tedes as letras e as parituras de frauta para ir practicando na casa, a música xa coñecemos na clase...

Agora, a practicar!

lunes, 11 de mayo de 2015

Partituras de frauta do tema 5

Olaa!

Aquí tedes as partituras que comezamos a ver na clase pasada. Case todas son cancións tradicionais galegas que seguro que coñecedes pero que tamén os deixo a vídeo por si acaso:

  • As clases de 5º e 6º de Educación Primaria vos remito a unha antiga entrada deste blogue onde están as dúas cancións que estamos ensaiando (click encima e xa se vos abre).

  • "A raíz do toxo verde" para 4º de Educación Primaria
-Dixitación de frauta: https://youtu.be/YlJqd1g7F3Q

  • "A orquestra do cuco" para 3º de Educación Primaria
- Dixitación de frauta: https://youtu.be/tY88XkLIMbg

¡A estudiar! ¡Un saúdo!

sábado, 14 de febrero de 2015

Partituras de frauta do tema 4

Ola!

Aquí tedes as partituras de frauta do tema que comezaremos esta semana, xa sabedes que as tedes que ter copiadas para o próximo día na folla de pentagramas que vos din.

¡Bo entroido!

PARTITURAS DE 3º DE PRIMARIA:

 PARTITURAS DE 4º DE PRIMARIA

PARTITURAS DE 5º DE PRIMARIA


PARTITURAS DE 6º DE PRIMARIA:

martes, 25 de noviembre de 2014

Panxoliñas primaria (audios, letras e partituras)

Ola!!

Dende fai unhas semanas  andamos traballando o nadal e as panxoliñas empezan a sonar moi ben. Agora hai que practicar moito para que o Festival de Nadal sexa todo un éxito.

Aquí vos deixo as letras de todas as panxoliñas: http://prezi.com/h_xwkm9_nfw3/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share

E aquí tedes os audios gravados en directo no III Concurso de  panxoliñas escolares xunto coas partituras de frauta para as clases que tedes que estudar:
1º EP:"Canto de reis" en Quiquiriquí (AGG).
Audio:https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506ZDdySElPWnY3NXM/view?usp=sharing

2º EP:"Imos ver a Xesús" en Panxoliñas Inéditas do III do Concurso de panxoliñas- C. Pablo VI- A Rúa (Ourense)
Audio: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506QmN6SUpOeldNd1E/view?usp=sharing

3º EP:"No pendello" en Panxoliñas tradicionais ou populares do III Concurso de panxoliñas
Audio:https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506ZmFaa01md3BZdDQ/view?usp=sharing

4º EP:"Aló entre as pallas" de Panxoliñas tradicionais ou populares do III Concurso de panxoliñas- C.P. O Cantel- Foz (Lugo)
Audio:https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506VGlkLVhReFlzZGs/view?usp=sharing

5º EP: "Despedida de ano" Panxoliñas tradicionais ou populares do III Concurso de panxoliñas- C.P. Nicomedes Pastor Díaz- Viveiro

6º EP:"Vive o nadal" en Panxoliñas Inéditas do III do Concurso de panxoliñas- C.P. Nicomedes Pastor Díaz (Viveiro)


A estudiar!

domingo, 5 de octubre de 2014

Empezamos co magosto!

Ola a todos!

Aunque inda queda tempo xa estamos ensaiando para o magosto... que nos vai levar tempo!
Algúns cantaredes e outros tocaredes así que aquí vos deixo as partituras de frauta para que vaiades estudiando.

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

¡Sorte e ata a semana!

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Primeras partituras flauta

¡Holaaa!

Tal como he quedado esta mañana en clase os pongo aquí las partituras de flauta que estamos trabajando estos días.
 También os remito a un antiguo artículo de este blog donde hay una introducción a la flauta dulce con un montón de información: http://cpmasmusica.blogspot.com.es/2012/10/flauta-dulce.html

¡Ánimo y a estudiar!

(Click en la imagen para ampliar)

¡Hasta la semana!

martes, 29 de abril de 2014

Ollos verdes son traidores...

Saudiños:

Como dije en clase, os enlazo aquí la partitura y el audio para que la podais escuchar y repasar.
 ¡Ahora a practicar!
AUDIO: http://www.youtube.com/watch?v=Q-zpN4IYluw (no he encontrado otra versión mejor)

lunes, 3 de junio de 2013

Patitura Pablo Alborán

¡Hola a todos!

Navegando por la red he encontrado esta partitura que creo que os interesará porque es un cantante que está muy de moda... la partitura no es especialmente complicada y el wix incluye audio con metrónomo, así que he decidido ponerosla por si alguno quiere tocarla en su casa.

En clase ya no nos da tiempo a tocarla pero si alguno de vosotros la practicarla estaré encantada de oírsela.
¡Un saludo!

Cuéntame, repasos y juego

¡Hola chic@s!

Dejo la partitura de "Cuéntame" con el playback para ver su mañana nos da tiempo a acabarla.

También un esquema de la última materia que dimos antes de ponernos con las exposiciones. Está muy bien:

Y un juego relacionado con la materia actual que quizás nos de tiempo a utilizar:
¡Saludos!

Canciones fin de curso

¡Holaa!

Os dejo unos apoyos para estudiar  las partituras que os habeis llevado a casa esta semana. Recordad que son para el festival de fin de curso por lo que hay que ensayar mucho para que salga bien.
Os dejo también los enlaces de los audios (para que podais practicar a cantarlas) y las digitaciones, por si os olvidan. No teneis que tocarlas a la misma velocidad que las personas de los vídeos, simplemente es para que podais consultar si teneis alguna duda.
- Audio de la canción: https://www.youtube.com/watch?v=dIhbyBjebIs
- Digitaciones de flauta: http://www.youtube.com/watch?v=AZLDgiHdMQQ

- Audio de la canción: http://www.youtube.com/watch?v=_AkDnz_E9Lo
- Digitaciones de flauta: http://www.youtube.com/watch?v=7hbhDGaeeAA

Ahora... ¡ a estudiar!

sábado, 20 de abril de 2013

Partituras finales de abril

¡Hola!

Aquí os dejo las nuevas partituras que estamos practicando para que las podais repasar en casa.
Recordad que ambas partituras tienen frases que se repiten practicamente iguales, sólo cambian lo que os he puesto en color azul en la partitura.

6º EP















3º EP

 ¡Un saludo!