viernes, 17 de abril de 2020

Creatividade con pegadas de Oviravai

Bos días!

Como andamos de ánimo? Espero que ben, pensade que cada vez queda menos para volver ao cole e estar xunt@s pero, de momento, quédanos un tempiño máis de espera.
Esta semana na aula de música própoñovos a todos os grupos traballar a CREATIVIDADE de diferente xeito según o nivel.  Como non quero que atronedes as vosas familias empregando obxectos sonoros (que sería como o faríamos na clase de música) ímolo adaptar e facelo sobre papel, é dicir debuxando!!

Cada clase terá unha canción inspiradora e un reto artístico que (coma sempre) anímovos a facer e mandarmo ao correo cuentalumnado@gmail.com para así poder mostrarllo ao resto de compañeiras e compañeiros en twitter...

Para Infantil, 1º e 2º de primaria propóñovos aprender esta divertida canción do grupo Oviravai e despois tentar debuxar algún deses animais coas vosas pegadas... como?
Imos por partes, o primeiro é escoitar a canción e escoller un animal (da canción ou outro calqueira):

 

Agora fixádeos nas seguintes imaxes onde veñen instrucións de como facer animais con pegadas das máns, podedes facer un ou máis... creo que vos vai resultar divertido!. Tamén póñovos a imaxe do libro do que saquei a idea porque é unha verdadeira obra de arte.
Podedes empregar tinta de sellos, pintura de dedos ou mans, rotuladores ou incluso maquillaxe... que cada un invente co que ten na casa con que pode poñer a súa pegada no folio!

Estou desexando ver os vosos animaliños! Animádevos a probar e mandarme unha foto!
Saúdiños musicais!

No hay comentarios:

Publicar un comentario