Bos días!
Como andamos de ánimo? Espero que ben, pensade que cada vez queda menos para volver ao cole e estar xunt@s pero, de momento, quédanos un tempiño máis de espera.
Esta semana na aula de música própoñovos a todos os grupos traballar a CREATIVIDADE de diferente xeito según o nivel. Como non quero que atronedes as vosas familias empregando obxectos sonoros (que sería como o faríamos na clase de música) ímolo adaptar e facelo sobre papel, é dicir debuxando!!
Cada clase terá unha canción inspiradora e un reto artístico que (coma sempre) anímovos a facer e mandarmo ao correo cuentalumnado@gmail.com para así poder mostrarllo ao resto de compañeiras e compañeiros en twitter...
Para 3º e 4º selecciono a canción "Don Ramón" de Magín Blanco con este fermosísimo viodeoclip ilustrado por Leandro Lamas. A canción é moi chula e espero que a aprendades pero pídovos que intentedes debuxar as ilustracións seguindo as indicacións do artista. Explícovos, durante este confinamento Leandro Lamas subiu catro debuxos del feitos "paso a paso" para que persoas cativas e adultas os puideramos facer... eu divértinme moito debuxandoos así que agora anímovos a vos.
Premede nos ligazóns que hai debaixo da canción, mirade os debuxos, escollede un e... a dibuxar! (e logo acordárvos de mandarmos)... veredes que é máis fácil do que parece :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario