Xa nin agardamos ao tercer trimestre para preparar unha nova ronda de actuacións musicais... e é que, se alguen merece un homenaxe, esa é Rosalía de Castro.
Nesta actividade titulada "Rosalía creativa" algúns cursos cantarán polas aulas poemas musicados da famosa autora acompañando a canción con algún Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación (SAAC) elaborados na clase. Sabedes os que son?
Os poemas e os cursos escollidos son...
- 3 ANOS: "A Rosalía" de Curros Enríquez.
- 1º EP: "Campanas de Bastabales"
- 4º EP: "Nasin cando as prantas..."
E como sempre, deixo aquí as músicas para que podades practicar as cancións na casa:
- 3 ANOS "Na fronte unha estrela, no bico un cantar" de Uxía e Sergio Tannus: https://www.youtube.com/watch?v=Xyp_uspBy2s
- 1º EP "Campanas de Bastabales" de Sondeseu e Toño Domínguez: https://drive.google.com/file/d/1C3epdrCAcnInkgPM5lAMZBdFW8afKxO1/view?usp=sharing
- 4º EP "Rosa de abril" de Rodrigo Romaní: https://drive.google.com/file/d/1NPBF2xggn2cfl13k9KqdupKM7jZQ-Cd5/view?usp=sharing
Agora a practicalas moito para que nos saia ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario