Comezamos a preparar unha nova edición de "Rosalía Creativa". Este curso faremos diferentes traballos arredor destas dúas cancións, coma sempre, baseadas en dous poemas da famosa escritora galega... a practicar!
5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS) E 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
*TAREFA: Pensade neses ríos, arboredas das ás que lle diriades adiós e mandádeme unha foto.
3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
*TAREFA: Veremos de construír algún dos alimentos que se mencionan aquí de forma plástica.
Aquí tedes as letras de ambas cancións: https://drive.google.com/file/d/15-wFKOK-rHGd3h6Gt72qyQhmcOiMzHj1/view?usp=sharing
E para despedirme deixo un vídeo chulísimo que atopei sobre a biografía de Rosalía de Castro, para saber un pouquiño máis desta autora á que homenaxeamos todos os anos... ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario