Olaa!
Esta semana iremos ver "Cousas de catro" de Odaiko Percusion Group.
Odaiko é un grupo formado por catro percusionistas que levan máis de dez anos enriba dos escenarios, dando máis de 300 actuacións por todo o mundo (Taiwan, EEUU, Slovenia, Amsterdam...).
"Cousas de Catro" é un xogo de palabras que fai un
chamamento á importancia do traballo en equipo e que conecta co público mediante xestos e humor. Desta forma, o alumnado se adentrará na experimentación e desenvolverá curiosidade musical.
Para que vos fagades unha idea vos poño aquí os vídeos dos anteriores espectáculos que ofertaron ás escolas:
O que queira saber máis sobre este grupo de percusión pode visitar a súa páxina: http://odaiko.es/odaiko/
martes, 26 de enero de 2016
lunes, 11 de enero de 2016
Cancións que voan
Ola!!
Estes días na clase prepararemos a celebración do día da paz que, como algúns xa sabedes, imos facela en colaboración cos outros coles da zona: o C.E.I.P. Carballal e o C.E.I.P. Eduardo Pondal.
Sei que Melanie e Inés (as mestras do Carballal e o Pondal respectivamente) xa están ensaiando, así que é necesario que practiquedes un pouquiño pola vosa conta para saber moi ben a letra de "Apertas que voan" e que nos quede un vídeo estupendo. Así poderemos enviarlles aos outros coles no só apertas senón tamén cancións e alegrías como corresponde nesta data.
Asi que... a cantar!
Letra:

APERTAS QUE VOAN ("BRINCA VAI") DE PACO NOGUEIRAS
Audio da canción: https://www.youtube.com/watch?v=fm9QciJC4QMLetra:
Mans brancas e cara negra
teño os beizos vermellos.
Teño sentimentos novos,
teño sentimentos vellos.
Mans negras e cara branca
teño o meu peito cheo
de bicos e de sorrisos
de apertas que voan no vento.
RETROUSO:
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga
distinta e igual á vez.
Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en dixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.
Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.
RETROUSO
Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.
Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.
RETROUSO
Etiquetas:
1ºEP,
2ºEP,
3ºEP,
4ºEP,
5ºEP,
6ºEP,
Canciones,
Curso 2015- 2016,
Días especiales,
Paz
jueves, 17 de diciembre de 2015
Boas Vacacións!
Mañán pecharemos un trimestre de traballo no noso marabilloso Festival de Nadal, no que seguro que disfrutaremos todos xuntos.
Espero que pasedes un boas vacacións cantando e disfrutando do voso tempo libre.
Aquí vos deixo un vídeo cun popurrí de panxoliñas... a ver si vedes alguén coñecido nel ;)
Despois de moito tempo sin facelo actualicei a outra páxina deste blogue. Así que vos invito a que fagades click en "Próximos conciertos".
Saúdos!

domingo, 22 de noviembre de 2015
Comezamos co Nadal!
Ola!
Na clase de música se comeza co traballo de Nadal antes que en ningunha. Desta forma, dende a vindeira semana, todas as clases estarán en pleno traballo de panxoliñas.
Estas as seleccionadas para este ano:
AUDIO "SOAN AS CAMPÁS": https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506ckR1YjBzTURzbUU/view?usp=sharing
AUDIO "NO PENDELLO": https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506ZmFaa01md3BZdDQ/view?usp=sharing
Agora, a practicar!

- EDUCACIÓN INFANTIL- Xa me tardan estes magos de Mamá Cabra
En Educación Primaria mandarán as panxoliñas tradicionais galegas. Os tres primeiros cursos (1º, 2º e 3º) interpretarán "Soan as campás" e os outros (4º, 5º e 6º) "No pendello".
Aquí tedes as letras e as parituras de frauta para ir practicando na casa, a música xa coñecemos na clase...
AUDIO "SOAN AS CAMPÁS": https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506ckR1YjBzTURzbUU/view?usp=sharing
AUDIO "NO PENDELLO": https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506ZmFaa01md3BZdDQ/view?usp=sharing
Agora, a practicar!
viernes, 2 de octubre de 2015
Cantamos ao magosto!
Olaa!
Comezamos o traballo para a festa de magosto. Todo o cole cantaremos e tocaremos xunt@s esta cantiga así que... ¡ide ensaiando!
Aquí tedes a partitura de frauta (para os máis maiores):
Comezamos o traballo para a festa de magosto. Todo o cole cantaremos e tocaremos xunt@s esta cantiga así que... ¡ide ensaiando!
Aquí tedes a partitura de frauta (para os máis maiores):
jueves, 24 de septiembre de 2015
¡Novo curso, nova benvida!
¡Olaa!
Estrenamos curso e colexio e estou moi contenta de darlles a benvida a este blog ás nenas e aos nenos do CEIP Igrexa- Candeán.
En breves teredes as primeiras partituras que estudaremos pero de momento ide aterrizando neste novo curso e explorando este nove blog.
¡Un saúdo!
Etiquetas:
1ºEP,
2ºEP,
3ºEP,
4ºEP,
5ºEP,
6ºEP,
Curso 2015- 2016,
Días especiales
viernes, 19 de junio de 2015
Sí me voy... despedida de curso
¡Hola!
Cierro otro curso con otra canción, ésta vez una versión de hace un par de años que hizo Paula Rojo de la famosa canción "When I'm gone (os invito a ver el videoclip original si no la conocéis: https://www.youtube.com/watch?v=cmSbXsFE3l8).
He escogido esta canción porque al igual que ocurre en el videoclip, tengo que interrumpir nuestra música y nuestro ruido porque "sí me voy". Sin embargo, espero que, como también se ve en el vídeo, continuéis bailando, cantando, haciendo percusiones e instrumentos... y todas esas actividades que hemos ido probando a lo largo del curso y que os puse en el vídeo de despedida en clase.
"Si me voy, si me voy,
¿me extrañarías si me voy?..."
Yo sí que voy a extrañar vuestras voces y vuestra alegría en la clase... así que muchas gracias y (como ya os he dicho) buen verano y mucha suerte para el próximo curso.
Etiquetas:
1ºEP,
2ºEP,
3ºEP,
4ºEP,
5ºEP,
6ºEP,
Curso 2014- 2015,
Días especiales
Suscribirse a:
Entradas (Atom)