jueves, 26 de mayo de 2016

A música é danza

Canto tempo!
Estos días na clase estamos a viaxar polo mundo mediante danzas dos cinco continentes e o estamos a pasar de marabilla!.

Na foto podedes observar que a onde viaxou cada clase. Ademais vos deixo o ligazón do blogue que vos ensinei na aula no cal podedes buscar as danzas que fixechedes ou outras doutros países, ademáis de moita información adicional como vestimenta de cada país, momento en que se bailan esas coreografías... aproveitadeo para coñecer cousas novas doutras culturas: https://danzasdelmundo.wordpress.com/

Como dixen na clase, xa queda moi pouco curso e temos que apurar as últimas actividades así que moito ánimo e ata pronto!

miércoles, 6 de abril de 2016

As palabras teñen vida e música

Ola!!
Nas clases xa estamos preparando a canción "A palabra ten vida" do cd Brinca Vai de Paco Nogueiras. Xa podedes practicala facendo click nas imaxes (nunha tendes a letra e a outra a música).

Agora, a cantar!

















E para os que estamos xa coa partitura de frauta podedes descargala clickando no ligazón: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506LXNfeE1MZ1A3S00/view?usp=sharing

domingo, 20 de marzo de 2016

Boas vacacións! (novos xogos)

Que tal rapazas e rapaces!

Espero que disfrutedes moito destes días e, por si o bo tempo non nos acompaña, aquí vos deixo uns poucos xogos musicais (click nas imaxes para que se vos abran).

Xa me contaredes que tal!

sábado, 19 de marzo de 2016

Imos de concerto na Reconquistiña!

Xa non queda nada para o terceiro trimestre!


E con el chegará ao fin a festa da Reconquistiña. 
Como sabedes o 31 de marzo iremos ao Casco Vello a facer un pasarrúasos colexios CPR Niño Jesús de Praga, CEIP Altamar, Colexio Carmelitas, CEIP Ramón y Cajal, Colexio Mercantil e nos, o CEIP Igrexa- Candean.

Como vos expliquei na última clase nesta festa disfrutaremos do concerto do grupo "A Gramola gominola" do cal vos deixo aquí algúns ligazóns para que podades saber un pouquiño máis deles.

Tedes toda a súa información en: http://agramolagominola.com/ de onde suscribo as seguintes palabras:

"A Gramola Gominola é un grupo de música infantil, en galeho, pensado para as máis pequenas e pequenas da casa. Pero non é un grupo máis, non é o de sempre, é un banda de rock!! [...]
Paco Cerdeira propuxo crear un grupo de música pensado para os máis cativos da casa, (e non tan cativos de rock. [...] 
Un dos primeiros en unirse a este berro foi Anxelo Xemar (baixo) pero aínda lles faltaba camiño por andar. Un día apareceu Ro Muñoz (batería)  para xogar á billarda. Pero logo de ver o dominio que tiña das baquetas, souberon que el tiña que unirse ao proxecto xunto coa súa billarda. O crebacabezas estaba case finalizado pero aínda lles faltaba unha peza crucial, o cromo que nunca toca para rematar o álbum, a chapa coa que sempre gañas o xogo... a cantante. Pero de súpeto, nun concerto, unha rapaza morena cunha longa trenza comezou a cantar. Cantou, cantou tanto e tan ben que Paco, Anxo e Ro ensináronlle o crebacabezas por se ela, ao mellor, podía atopar a peza que faltaba. E así foi, atopouna. Paula Romero (voz) encaixou perfectamente nesta historia...". 

As canción da Gramola gominola están no seu primer libro- cd (clik eriba da imaxe para que se abra o booktrailer) no que tocan moitos estilos musicais do século XX tal como mostra o seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=DCuwTocW3UY


Como imos disfrutar!

martes, 23 de febrero de 2016

Traballo para as vindeiras semanas

Olaa!

 Aquí vos deixo próximos traballos da aula de música. Polo que falamos na última clase, supoño que algún de vos xa saberá que vídeo lle corresponde... Podedes ir vendo! Ata pronto!

 

Novas partituras de frauta e de percusión (click na imaxe):


E algo máis de información do que tratamos hoxe na clase sobre os instrumentos (click na imaxe):


Ademais, en 6º estou recuperando algunha actividade antiga considero divertidas.  Podedes atopalas nesta entrada do blogue: http://cpmasmusica.blogspot.com.es/2013/02/actividades-para-el-aula.html

lunes, 8 de febrero de 2016

Para as medusas de 3º EP

Ola nenas e nenos de 3º de primaria!

Como o nose blogue aínda non está preparado para mostrar ao público (calculo que estará para a vindeira semana) aproveito este para pasar os materiais que me pediu unha nena de clase (os apuntes de lengua que tedes que ir estudando). En canto esta alumna sinto a tardanza, se me olvidara por completo. Click no ligazón: https://drive.google.com/file/d/0B1koCyCb6506VDlJczVGYmV2SG8/view?usp=sharing

Para os demais, como isto non ten que ver con música, vos poño o videoclip da canción que vos ensinei polo entroido... podedes bailalo cos vosos paraugas!

Bo entroido e ata pronto!

 

martes, 2 de febrero de 2016

Escoitamos música barroca

Saúdos!

Foi unha mágoa que hoxe na clase nos quedara esta preciosidade de música por escoitar... así que vos invito a que o fagades na casa.

Vos propoño unha cousa (así saberei que le e escoita o que mando) poñede os números das audicións e un adxectivo que credes que reflicte esa música, é dicir, se Charpentier é a peza número 1 e vos parece que é unha música alegre poñeriades: 1. alegre.

Deixovox tamén un ligazón àpara ler sobre unha audición coa que traballaremos mais na próxima clase: https://sinalefa2.wordpress.com/musica/musica-acuatica-g-f-haendel/

A escoitar e a disfrutar!

1. CHARPENTIER- Te deum: https://www.youtube.com/watch?v=XUpfKCr-DEI
2. VIVALDI- La primavera:https://www.youtube.com/watch?v=5Eaxcioiy2w
                     -El invierno: https://www.youtube.com/watch?v=eKlyiaD8A4A
3. PACHELBEL- Canon: https://www.youtube.com/watch?v=Xu5TlSXEzzs
4. ALBINONI- Adagio: https://www.youtube.com/watch?v=XMbvcp480Y4
5. BACH- Badinaire: https://www.youtube.com/watch?v=Kl6R4Ui9blc
6. BACH- Preludio de la Suite nº1: https://www.youtube.com/watch?v=LU_QR_FTt3E
7. HAËNDEL- Aleluya: https://www.youtube.com/watch?v=KnQGs24U1e8