lunes, 8 de junio de 2020

Escape room musical

Boas!!!
Xa sabedes que a última actividade de curso sempre é diferente e lúdica e, este ano, merecíades algo moi especial.
Así que preparei este Escape room musical espeial para vós (premede na imaxe para acceder a el) despois de ler as instrucións: 
  1. Tedes que resolver as probas dende o número 1 ao número 5.
  2. Collede papel e algo para escribir, xa que debedes ir anotando cada resposta. Unha vez a teñades mandádemas nun único correo electrónico: cuentalumnado@gmail.com.
  3. Podedes acceder as probas dende os ligazóns do PADLET (ao que accederedes dándolle clic á imaxe) ou ben a través dos ligazóns dos vídeos de youtube, o que resúltevos máis cómodo. 
  4. Unha vez reciba as 5 respostas recibiredes a resolución ao enigma e saberedes onde está o director. Ademais teredes unha sorpresiña máis.
  5. Se tedes dúbidas ou problemas de acceso escribídeme sen problema. 
  6. A xogar!!
Antes de comezar, observade as cancións que escoitaredes de fondo nos vídeos xa que son auténticas obras de arte, así que... a disfrutar!!
Unha aperta musical!!

sábado, 6 de junio de 2020

Miña música e da miña familia

E aquí está o meu padlet!!

Non podía escoller unha única canción favorita porque como poderedes ver o meu gusto é un pouco ecléctico así que escollín algunhas das que máis me gustan e explícovos porqué. Ao final está a da miña familia máis cercana.
Para a semana (seguramente o luns) publicarei o derradeiro traballiño de música deste curso tan atípico que (como todos os ano) será unha proposta especial para acabar o curso, de todos xeitos podedes seguir mandándome os vosos padlets (http://cpmasmusica.blogspot.com/2020/06/musica-en-familia.html) que os que estou recibindo están realmente ben!!!
Xa montarei unha entrada con todos os padlets que reciba porque están realmente ben!!

Un saúdiñoo!

Hecho con Padlet

lunes, 1 de junio de 2020

Música en familia

Boas!!

Xa nos vai quedando moi pouquiño de curso e para estas penúltimas semanas propóñovos unha dinámica de coñecemento da vosa familia con esta actividade creada por Mª Jesús Camino, fonte inagotable de recursos musicais.

En "Música en familia" teredes que investigar a canción favorita (ou algunha que lle guste moito) das persoas máis próximas a vós: os vosos pais e nais, irmás e irmáns, os avós e avoas, tíos, curmáns... cantas mais cancións teñades mais chulo quedará o traballo!
Isto vos vai permitir coñecer os gustos musicais da xente que máis queredes á vez que descubriredes diferentes estilos e xeracións musicais... podedes empregar preguntas como as seguintes:
- Cal é a túa canción favorita agora?
- Que canción gústachye máis de sempre¿
- Que cantabas cando tiñas a miña idade?
- A que artista musical admiraches?
Podedes preguntar cómo queirades pero destas formas que vos indico sairán artistas de todos os tempos... eu tamén vouno facer coa miña familia! Xa vos ensinarei!

Como non podemos empregar as cortizas do cole imos empregar, nos niveis superiores (3º, 4º, 5º e 6º EP) un Padlet (un muro dixital onde poderedes colocar os vídeos das cancións recompiladas) e os máis pequen@s podedes mandarme (por correo electrónico) fotos ou escaneos dos vosos traballiños feitos a mán, ainda que se queredes explorar a plataforma axudados polas vosas familias sería xenial... penso que podedes pasar un bo tempiño en familia!

Instrucións paso a paso para realizar a tarefa que (coma sempre) estará programada durante as dúas próximas semanas:
1- Entrevistar ás persoas da nosa familia, ás que teñamos máis preto ou ás que queramos con algunha das preguntas que poño enriba ou calqueira outra similar. Deben dicir unha canción dun grupo ou artista.
2- Anotade esta información e buscar en Youtube a canción seleccionada. Logo abrir unha nova lapela e buscar o resto de cancións na mesma plataforma... así teredes todo preparado para elaborar o traballo final no momento que vos poñades coa aplicación.
3- Abride a aplicación PADLET (click aquí enriba) e asocialo a unha conta de correo electrónica. Débedes escoller a función "basic" que é a gratuita.
4- PADLET é unha ferramenta sinxela de empregar e permítevos engadir vídeos, fotos e texto. Tedes que seleccionar a opción "muro" e ir dándolle ao + para engadir elementos.
5.- Despois teredes que compartilo comigo por correo electrónico, para iso tedes que pulsar en "Compartir" (na parte superior dereita) e copiar o link que vos da (en "Copiar el enlace en el portapapeles") ou mediante a terceira opción directamente (pon "correo electrónico").

Para os cursos máis pequenos (infantil e 1º e 2º de primaria) podedes intentar facer algo similar debuxando ou crear as vosas creacións artísticas  cos títulos das cancións.

Eu aínda estou construíndo o meu así que déixovos de exemplo o da persoa á que lle collín a idea... veredes que chulo!
Hecho con Padlet

Pois estou desexando ver as vosas creacións e as músicas das vosas familias!!
Ánimo e vémonos pronto!

Unha aperta melodiosa!!

lunes, 18 de mayo de 2020

Nestas semanas... xogos musicais!

Boas!!

Estas dúas semanas o traballo vai ser totalmente online xa que quero que repasades algúns contidos da área de música que non traballamos dende que empezou o traballo telemático. Para iso, vouvos facer unha selección de novos xogos musicais clasificados polos bloques que temos pendentes traballar. Ao lado de cada púxenvos idades orientativas, esta indicación é sobre todo para os cursos máis baixos (xa que hai conceptos de linguaxe musical que ainda non aprendimos), pero todos os xogos son válidos para todos os niveis xa que o obxectivo fundamental de calqueira xogo é divertirse.

Para que eu  saiba qué tal resultan, pídovos que publiquedes un comentario nesta entrada do blogue comentándome as vosas puntuacións e qué xogos gústanvos máis. Coma sempre, tamén podedes mandarme un correo eletrónico a cuentalumnado@gmail.com se vos resulta máis cómodo. 
Pois aquí tedes a selección que espero que vos guste:

1. Creación musical:
-Creación de cancións (EI- 6º EP)
-Incredibox (EI- 6º EP)
-Creación de ritmos, espectogramas, ondas sonoras...   *Este último é interesantísimo e moi recomendable pero so pódese acceder desde Android (é dicir, tablets e móbiles con este sistema). Invítovos a explorar e crear música con eles. Aquí vos explica un pouco máis o recurso: https://www.xatakandroid.com/web-movil/chrome-music-lab-descubre-como-funciona-la-musica-jugando-con-estos-experimentos

2. Audición:
- Discriminación auditiva (EI- 3º EP)
- Recoñece sons da natureza (EI- 3º EP)
- Recoñece e recrea ritmos básicos (4º- 6º EP)

3. Compositores:
- MusicMacht composers (5º-6º EP)
- Memory de grandes compositores (EI- 6º EP)
- Diferentes xogos de "O entroido dos animais" de Saint- Säens (EI- 4º EP)

4. Linguaxe musical:
- Notas mi, sol, la (1º- 6º EP)
- Debuxa a clave de sol (EI- 3º EP)
- É un signo musical? (3º- 6º EP)

5. Instrumentos musicais:
- Memory básico (EI- 6º EP)
- MusicMacht instruments (EI- 6º EP)
- Quiz sobre instrumentos musicais (EI- 6º EP)

Pois espero que o pasedes moi ben e os vosos comentarios!!

domingo, 17 de mayo de 2020

Feliz día das letras galegas 2020!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Imos celebrar un día tan especial gozando do marabilloso traballo do alumnado e familias do #coleangoren! Moitas grazas a todas as persoas que participáchedes!

 

E como vos explicara, era unha proposta intercentros (é dicir, de moitos coles) así que click no logo de cada escola e divertirse co traballo do resto de nenas e nenos:

domingo, 10 de mayo de 2020

Canción Ricardo Carvalho Calero

Ola!

O meu colega Samu volveu facer unha canción baseada no autor homenaxeado nas letras galegas para o que lle apeteza escoitala e aprender un pouquiño máis sobre el.


 Moitas grazas polos vosos vídeos, notas de audio e foto para a canción "Verdescente" e fotos coas casmisetas do maratón (actividades explicada nas anteriores entradas)... lembrade que  todavía tedes esta semana para mandarme cousiñas!!

Saúdiños!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

Actividades intercentros (máis explicada): Verdescente

En canto a proposta musical que saibades que cada cole monta o seu vídeo e ao subilo a súa propia páxina citanse os dous outros coles que o fixeron... por agora estamos anotados estes:
- CEIP García Barbón de Vigo
- CEIP nº 1 de Tui
- CEIP Esterio de Ferrol
- CEIP Ponzos de Ferrol
- CEIP Otero Pedrayo (Vigo)
- CRA María Zambrano (O Rosal)
- EEI Monte do Alba (Vigo)
- CEIP Igrexa Valadares (Vigo)
- CEIP Plurilingüe de Atios (Porriño)
- CEIP Plurlingüe Igrexa Chapela

A ver se teño suficiente material para participar... estaría guai tantos coles unidos dende a distancia e nuna situación como esta máis todavía!
Lembrade que imos facer un  vídeo coa canción "Verdescente" de Uxía Lambona e a banda molona (que moi amablemente cedéronnos e graváronnos a versión karaoke para esta actividade) e para iso preciso cousiñas como:
* Un vídeo cantando e bailando a canción enteira (ou un fragmento) sobre a versión karaoke
* Un audio de WhatsApp sobre a versión karaoke e unha fotiño vosa
* Un vídeo bailando
* Un debuxo da canción (que como escoitaredes fala de Galicia)
* Un pequeno video ou foto poñendo caras graciosas
* Gravarvos cantando o retrouso
* Unha foto/ vídeo tocando instrumentos musicais

O que queirades... botarlle imaxinación! Cantas máis cousas orixinais reciba melllor vai quedar! Espero que algúns vos animedes a cantar :)
Déixovos novamente os materiais para evitarvos ir a entrada antiga:
- Audio (vídeo) da canción orixinal: https://youtu.be/3LENjTMH7Ac

Como é unha actividade de música podedes mandarma ao meu correo (cuentalumnado@gmail.com) ou ao teléfono do ANPA (617395139)... o que prefirades!
A data límite para mandar vídeos e fotos será o xoves 14 de maio, en principio xa que todos os coles o farán igual... irei vendo!
Pois espero escoitar as vosas voces moi pronto e grazas por escribirme!