miércoles, 29 de octubre de 2014

Remate do tema 1

Ola a todos!

Como vos dixen na clase, estamos xa a rematar o primeiro tema de música facendo a última actividade: buscar información de compositores para elaborar o Arquivo dos compositores.
Por se algún de vos non se enterou moi ben, lembróvos que tedes que buscar a seguinte información do compositor que vos tocou:

- Data de nacemento e de morte (século en que viviu)
- Estilo musical ao que pertence (falaremos del na clase)
- Pais no que viviu
- Intrumentos que sabía tocar
- Obras máis importantes que compuxo

Todo isto o poñedes nun folio que me debedes entregar o vindeiro día de clase e podedes decoralo con debuxos.

Lembrade tamén o compositor que vos tocou:
  - 5º A: Haëndel
  - 5º B: Vivaldi
  - 5º C: Albinoni
  - 6º A: Verdi
  - 6º B: Bizet

No hay comentarios:

Publicar un comentario