Boas!
Como os anos anteriores, a finais de curso sempre facemos un traballo de investigación musical relacionado co noso proxecto de centro, así que este curso toca sobre música galega.
Xa estamos explicando na clase, que consideramos música galega toda aquela feita na nosa lingua, sexa do estilo que sexa. Poden ser artistas individuais ou grupos tanto de música tradicional como outros estilos... tedes moitos donde escoller, só indagar un poquiño.
- Debe estar escrito en lingua galega
- Debe estar feito caligráficamente (a mán)
- Faredes un breve texto sobre a biografía, a obra, as cancións que vos gustan...
- Ten que incluír algunha imaxe (fotografía impresa, debuxo, gráfica...).
- Coma sempre, é un traballo para expoñer polo que non pode ser a doble cara e pode ter calqueira formato: cartolina, folios de cores, lapbook,... o que se vos ocorra!
A ter en conta!
- Valorarase a presentación e a creatividade.
- Suma punto extra se é un/unha artista local, é dicir de Redondela.
- Tamén suma un punto extra se o traballo vai sobre unha pandereteira (polo motivo que vos expliquei na aula).
Estou desexando ler os vosos traballos....
Saúdiños musicais, hoxe a ritmo de gaita! ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario