viernes, 13 de marzo de 2020

TRABALLO TELEMÁTICO: Cancións mariñeiras e pezas para placas

Boas!!

Imos manter os traballiños que tiñades para a vindeira semana.

Lémbrovos que 3º e 4º de EP me tedes que entregar unha canción relacionada co mar para elaborar un cancioneiro mariñeiro e ver si podemos tocar algunha delas nos instrumentos de placas, cos que empezamos a traballar na última clase.

Imos introducir uns cambios no traballo por necesidade de adaptación as circunstancias:                                                                            - O mandaredes por correo electrónico ao seguinte enderezo: cuentalumnado@gmail.com. Poñédelle o NOME.                       - Se tedes calqueira dúbida deixádema como comentario e a responderei o máis axiña que poda.                                                         - Aunque a maioría das nenas e nenos de 4º xa entregachedes a canción onte na clase, tedes opción de facelo os a esquezarades na casa  ou de entregar unha segunda canción voluntaria que será un positivo extra. 
Por outra banda, a volta seguiremos traballando nas láminas entre tanto déixovos un pouquiño de información de repaso: https://cpmasmusica.blogspot.com/2012/10/los-instrumentos-de-laminas.html
Podedes seguir practicando a partitura que leváchedes onte para casa (de carillón, xilófono ou metalófono segundo o que vos tocou no reparto de clase) con este simulador:  http://xilofono.onlinegratis.tv/virtual/tocar-xilofono.htm

*Se alguén non ten a partitura pode descargala no seguinte ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1Mh1xmnmzdonySOzEsMrNhd-SShUOmAaz/view?usp=sharing

TRABALLO TELEMÁTICO: Folerpas Edición 8M

Boas!!

Imos manter os traballiños que tiñades para a vindeira semana, na medida do posible.

Lémbrovos que 5º e 6º de EP me tedes que entregar por parellas un artigo para que eu monte a "axenda" da nosa revista: Folerpas. Edicion 8M.  Na foto podedes ver un exemplo do texto tan breve que pido (só tedes que facer un dos espectáculos).

Imos introducir uns cambios no traballo por necesidade de adaptación as circunstancias:
- O mandaredes por correo electrónico ao seguinte enderezo: cuentalumnado@gmail.com 
- Poñédelle o NOME por favor
- Se tedes calqueira dúbida deixádema como comentario e a responderei o máis axiña que poda
- Será un traballo INDIVIDUAL. No que, na medida do posible, manteredes a muller que se vos repartiu na clase e senón tedes a fotocopiadora e non lembrades o seu nome escolledes unha calqueira da seguinte lista (son as que saen no libro Ferreñas rock and roll no que baseamos o noso traballo e non lle tocara a ningún dos grupos na clase):

Xosefa de Bastavales, Cris Asenjo,  Meniñas de Saudade,  Linda Lamarr,   The Skins e Las Musas,  Eclíptica Órbita- Maruxa dos Rosales,  María Doval,   Aurea Rodríguez,   Finita Gay. A martela.                                                                                                            No libro saen ademais estas outras mulleres (que xa estaban repartidas entre as parellas de clase):                                       Maruxa das Cortellas, ,  Ana Kiro,  ,   Marta e Eloisa Pérez Lage,   Pilocha,   María Manuela,   Matilde Balseiro,   Voces de Ultratumba,   Uxía Senlle,   Coral Alonso e Rosa Costas,   Pili Dios,   Mercedes Peón,   Sonia Albor,   Ángeles Lago,   Alén,   ,   Ugía Pedreira,   Guadi Galego,   Marisol Manfurada,   As garotas de Ribeira,   Lola de Ribeira,   Susana Seivane,   Cristina Pato,   Batuko Tabanka,   .

Xa leremos o xornal cando estemos xuntxs que vai quedar moi interesante!

Ánimo!!

domingo, 2 de febrero de 2020

A primeira peza de frauta de 3º!

Boas!!

E para as nenas e nenos de 3º de primaria a súa primeira partitura de frauta... a practicar!


E para @s que vos vaia saíndo podedes ir practicándola co acompañamiento instrumental co que a tocaremos o vindeiro día de clase:

 

Saúdiños musicais!!

jueves, 30 de enero de 2020

MURGAS: NOVA EDICIÓN!!

Boas!!

Xa temos unhas novas murgas ou comparsas:


Enlázovos aquí os vídeos dos karaokes que imos utilizar para que podades practicar coas vosas propias letras... moio ánimo!!

2º EP: "SOMOS DE SEGUNDO"

6ºEP: "QUÉ FACER PARA APROBAR"
 

Saudiños musicais!!

jueves, 23 de enero de 2020

UN FEBREIRO MOVIDIÑO

Boas!!

Pois en febreiro xuntánsenos as celebracións así que xa estamos mans á obra cos ensaios... enlázovos as músicas para que podades traballar na casa:

DÍA DE ROSALÍA
Ainda que coincide nas vacacións de entroido adicarémoslle un pequeno acto na semana do 17 ao 21 de febreiro (todavía estamos a decidir o día) en que as clases de 1º e 4º de primaria cantarán a preciosa "Como chove miudiño" de Uxía Senlle do seu libro-cd  Rosalía pequeniña.
Además completaremos a actividade cunha visita á Biblioteca de Chapela na que traballaremos a autora. 
 


CANCIÓN DE CARNAVAL
E polo entroido @s máis peques do cole cantarán unha canción da Editorial Galinova un pouco modificada. No seguinte link a podedes escoitar:
 https://drive.google.com/file/d/1WZlpBBZoGVq7d3OWScRzwEWL-wdN4bco/view?usp=sharing

Saudiños musicais!!

martes, 12 de noviembre de 2019

Aguinaldo 2019

Boas!!

Este ano o aguinaldo ven cargadiño de novidades que de momento so imos comentar na clase... ide estudando as panxoliñas que teñen que saír moi ben:

PANXOLIÑA DE 5 ANOS: "Porque aquí non é ben ruar"
  


PANXOLIÑA DE 3º DE PRIMARIA: "Canto de reis e panxoliña de Chapela"


PANXOLIÑA DE 5º DE PRIMARIA: "Canto de Lasoxo"
  

  Parte de frauta para os maiores:

E aquí déixovos o ligazón coas letras das tres panxoliña que empezaremos a practicar xa na clase:
 https://drive.google.com/file/d/1IZPpmIivWAgqGwzHv25Jj1Dlu25daT52/view?usp=sharing


Saúdiños musicais!

miércoles, 6 de noviembre de 2019

Frauta para @s maiores!

Boas!

Estes días nas clases de música estamos a traballar coa frauta e 5º e 6º requiren un reforciño vía blogue. 

En 4º EP esta semana tedes que practicar a pentatónica ascendente e descendente (do-re-mi-fa-sol; sol-fa-mi-re-do) para poder aprender a canción o próximo día. Este vídeo vos axudará a recordarlas.

  


En 5º EP estamos a cantar e tocar a adaptación musical feita por Susa Herrera ao precioso poema "Non hai follas verdes" de Antonio García Teijeiro. Esta semana tócalles repasar na casa o practicado en clase e aquí vai unha axudiña:
 https://drive.google.com/file/d/1DukQR1h8o1CWUWktmMGoqpDplwgt5Yl-/view?usp=sharing



E en 6ºEP tras o traballo creativo co texto "Rachapedras" , estamos tocandoo en frauta.
Precisamos aprender o si bemol, atendede a imaxe explicativa: é como o fa normal pero destapando o dedo do la; os buracos que están en vermello na imaxe son os tapados.  Tamén deixovos o vídeo da peza para que podades ir repasando o traballado na clase: 


https://drive.google.com/file/d/1iQ5iNZwz442pL_X7KvURaCrdfSNNxGqp/view?usp=sharing




A practicar!!