jueves, 5 de junio de 2025

Para 6º de primaria

Boas!

Outro curso máis despido a unha xeración do Cole Angorén, esta vez, a primeira que lle din clase dende os 3 anos. Quero dicirvos que foi un placer traballar con vós e deséxovos moita sorte na vosa nova etapa... lembrade que sempre teredes un sitio na aula de música :)
Para despedirme déixovos a vosa propia selección de música galega xa que, por unha banda, quedámonos sen tempo para velas na clase e, por outra, espero que nestes anos aprendérades a valorar a nosa cultura e, sobre todo, a nosa música.
Con moito agarimo:

Ángela

Tanxugueiras
   
 


"Ondiñas veñen e van"
 


 Abraham Cupeiro
   


 Dirti suc
   


 Oliveira dos cen anos
   

 
Xirarei de Xil Ríos
   

 Fillas de Casandra 
   

 


 Pasodoble do Mazo
 

martes, 22 de abril de 2025

Momento de investigar!

 Boas!

Como os anos anteriores, a finais de curso sempre facemos un traballo de investigación musical relacionado co noso proxecto de centro, así que este curso toca sobre música galega.

Xa estamos explicando na clase, que consideramos música galega toda aquela feita na nosa lingua, sexa do estilo que sexa. Poden ser artistas individuais ou grupos tanto de música tradicional como outros estilos... tedes moitos donde escoller, só indagar un poquiño.


Como ten que ser o traballo:

  1. Debe estar escrito en lingua galega
  2. Debe estar feito caligráficamente (a mán)
  3. Faredes un breve texto sobre a biografía, a obra, as cancións que vos gustan...
  4. Ten que incluír algunha imaxe (fotografía impresa, debuxo, gráfica...). 
  5. Coma sempre, é un traballo para expoñer polo que non pode ser a doble cara e pode ter calqueira formato: cartolina, folios de cores, lapbook,... o que se vos ocorra!

A ter en conta!

  • Valorarase a presentación e a creatividade.
  • Suma punto extra se é un/unha artista local, é dicir de Redondela.
  • Tamén suma un punto extra se o traballo vai sobre unha pandereteira (polo motivo que vos expliquei na aula).

Estou desexando ler os vosos traballos.... 
Saúdiños musicais, hoxe a ritmo de gaita! ;)


sábado, 8 de marzo de 2025

Comezamos un novo tema!

Boas!!

Estes días estivemos traballando o contrabaixo na clase e saíu  a anécdota do instrumento máis grande, déixovos aquí a ligazón á entrada sobre o octobass... alucinade!


E para rematar o trimestre empezamos unha nova unidade didáctica, e é das miñas favoritas... música galega!. Déixovos algunhas das actividades que iremos  facendo na clase:

Click  na imaxe!


 


  

  

Ireivos contando!

O NOSO CANTO | Todas xuntas resoamos máis forte

Feliz día da muller traballadora!

 

jueves, 13 de febrero de 2025

É tempo de entroido...

Bos días!

Levamos unhas semanas traballando o entroido na clase e estas son as cancións  que escolléchedes para facer as vosas murgas... a ver que tal sae!

CANCIÓN PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
 

MURGA DE 2º DE PRIMARIA: "Chegou o entroido"
 

MURGA DE 5º DE PRIMARIA: "O entroido empeza xa"
 

A verdade é que quedaron moi ben así que ensaiade moito para que saia ben... saúdiños musicais!

sábado, 1 de febrero de 2025

Rosalía Creativa 2025

Boas! 
 Comezamos a preparar unha nova edición de "Rosalía Creativa". Este curso faremos diferentes traballos arredor destas dúas cancións, coma sempre, baseadas en dous poemas da famosa escritora galega... a practicar!

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS) E 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
 
*TAREFA: Pensade neses ríos, arboredas das ás que lle diriades adiós e mandádeme unha foto. 


3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA    
*TAREFA: Veremos de construír algún dos alimentos que se mencionan aquí de forma plástica.


E para despedirme deixo un vídeo chulísimo que atopei sobre a biografía de Rosalía de Castro, para saber un pouquiño máis desta autora á que homenaxeamos todos os anos... ata pronto!

jueves, 30 de enero de 2025

Feliz día da paz e a non violencia!

Bos días!

Para desearvos un bo día da paz e a non violencia déixovos estes fermosos vídeo que estivemos traballando estes días atrás na aula :)



Saúdiños musicais!

jueves, 16 de enero de 2025

Banaha · R. Robinson · Amadeus-IN

Boas!!

Pois estes días estamos practicando esta fermosísima canción do Congo. Atentos que este coro fan unhas percusións corporais diferentes as traballadas na clase:
  • Parte 1: muslo- chasquido- peito- chasquido
  • Parte 2: palma- muslo-palma- chasquido (igual que no vídeo)
  • Parte 3: peito- peito- muslo- muslo- pé- pé (sempre primeiro dereito e logo esquerdo)
 

Practicade moito que teño unha sorpresa preparada con esta canción... jijij...

Saúdiños musicais!