miércoles, 6 de mayo de 2020

Actividades Intercentros (máis explicada): Fotoma(ra)tón

Como ides chic@s??

Non recibín todavía ningunha foto nin vídeo así que penso que igual non me expliquei ben... aquí vai outro intento. Todavía temos unha semana así que... Animádevos!!

Como podedes ver no cartaz trátase de mandar unha foto coa vosa camiseta do maratón para entre todos os centros da parroquia (CEIP Igrexa Chapela, CEIP Laredo, IES Chapela) un presentación común... eu xa me saquei a miña!
Podedes mandalas a calqueira dos correos que manexo eu, o do cole (ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.es) ou o que empregades para mandarme os traballiños (cuentalumnado@gmail.com), ou subilas a twitter co hastags #maratonletrasgalegas #coleangoren.

Se non tes a túa camiseta a mán propóñoche unha alternativa: ponte unha camiseta vermella calqueira e saca a foto por detrás (así non se ven os debuxos) ou ben imprime e pégalle a ilustración da nosa camiseta que podes descargar aquí: https://drive.google.com/file/d/1t6JathuKNTNx_Ua923yD6dPpG4OYTN9D/view?usp=sharing

Póñovos ademais o cartel do IES e a información que mandounos o IES por se queredes saber un pouquiño máis e desta forma expreso a miña admiración por buscar a forma de continuar con esta actividade tan chula que inventaron hai moitísimos anos... grazas IES Chapela!


Estou desexando vervos... moito ánimo!

lunes, 4 de mayo de 2020

3º Radio Beretiño #euquedonacasa!

Boas!!

Aquí está o terceiro programa de Radio Beretiño! En breves recibiredes o voso premio a través do correo electrónico :)
Na anterior entrada tedes os traballiño proposto dende música para as próximas semanas... animádevos!
         

Espero que vos guste... un saúdiño!!

sábado, 2 de mayo de 2020

Dúas propostas intercentros

Boas!!

Antes de nada, moitas grazas pola vosa participación nos maios... a verdade que quedounos un vídeo chulísimo... déixovos aquí o ligazón a youtube por se ainda non o víchedes:

 

E unha semana máis aqui chega o traballiño musical que, coma sempre, trato de que vos resulte divertido e entretido :) 
Lembrade que o luns poñerei o último programa de Radio Beretiño coas respostas ao concurso así que todavía estás a tempo de participar: pon as túas respostas como comentario neste blog veña!

Pois estas próximas semanas no cole estamos a preparar un día moi especial, ó 17 de maio, día das letras galegas. Sairán propostas relacionadas con Ricardo Carballo Calero dende a biblioteca e co noso tradicional maratón dende Dinamización e dende música imos contribuír. 
Dende o IES de Chapela (e en colaboración cos outros CEIP de Chapela ) pídesenos que animemos a noso alumnado a sacarse unha foto coa camiseta do maratón no seu paseo do día das letras galegas para así visivilizar a nosa parroquia e o noso tradicional maratón que este ano non se pode realizar...  deberedes subila ao twitter cos hastags #maratonletrasgalegas e #coleangoren, ou se o preferides podedes mandala por correo electrónico ao centro ou  min e nos encargámonos de subilas e recopilalas. 

E por outra, hai unha proposta desta área á que se van sumando cada vez máis coles como: CEIP García Barbón de Vigo, o CEIP nº 1 de Tui, o CEIP Esterio e o CEIP Ponzos de Ferrol, CEIP Otero Pedrayo (Vigo), o CRA María Zambrano (O Rosal), o EEI Monte do Alba (Vigo) CEIP Igrexa Valadares(Vigo), CEIP Plurilingüe de Atios (Porriño),o CEIP Plurlingüe Igrexa Chapela e agora nós.
Trátase de facer un vídeo con canción"Verdescente" de Uxía Lambona e a banda molona. Xa sabedes, que "cantar" é un dos contidos máis importantes e que máis facemos en clase e a idea é facer un vídeo similar a este tan chulo que fixeron artistas galeg@s:

 

E como imos facer?
Pois escolledes un sitio que vos guste durante o voso paseo (ou tamén dende as vosas casas e fincas se queredes), vos poñedes a vosa camiseta do maratón (imos xuntar ambas propostas para que non se vos acumule o chollo) e vos gravades cantando a canción sobre a versión karaoke desta... déixovos aquí uns conselliños. Despois sacádesvos unha foto tamén e mandásdeme todo para que eu poda levar a cabo as dúas propostas intercentros.

Indicacións para tarefa: 
  1. Para comezar tedes que aprender ben a canción. Déixovos aquí a letra: https://drive.google.com/file/d/1XvEOP2VWKvudbbJU6vsBbT2yZZIjUyUk/view?usp=sharing
  2.  Cando xa a teñades algo memorizada intentade interpretala sobre a base musical que segue. É un audio karaoke, é dicir, se voz para que se escoite as vosas:  https://drive.google.com/file/d/1-FO5iMc9VkDMhg5KDt00_FtaCvVzlv6C/view?usp=sharin
  3. Pídovos que vos poñades a vosa camiseta do maratón que no noso cole é sempre a mesma, se non a tes a man ou xa non che sirve.. non pasa nada! Faino vestido de calqueira outro xeito!
  4. Por último gravádevos un vídeo  cantando esta fermosa peza para enviala ao meu correo (cuentalumnado@gmail.com) ou ao teléfono do ANPA, elas reenvíanmo ao momento así que non vos preocupedes. Escollede o que vos resulte máis cómodo.  
  5. Podedes cantala enteira ou un fragmento pero para que logo eu poda montala teño que ter todas as estrofas cantadas así que agradezo moito ás nenas e nenos que se animen a cantala enteira. 
  6. Esta actividade é para todos os cursos, dende infantil ata primaria. Se para infantil é moi complicado aprender toda a letra, chega cun fragmento ou se queredes bailando un pequeno fragmento ou o que queirades!!!!
  7. A data límite para mandar vídeos e fotos será o xoves 14 de maio.
  8. Lembra que ademais do video preciso unha foto coa tua camiseta para poder enviarlla ao IES.
Como vedes esta semana o traballiño é un pouco máis complexo que os anteriores pero anímome polos bos resultados que estou tendo :)
Veremos o que sae deste experimento! Espero as vosas contribucións e... o máis importante, pasádeo moi ben levando a cabo esta actividade en familia.
Escribídeme como sempre se tedes calqueira dúbida e moitas grazas polo voso traballo!

Saúdiños musicais!!

sábado, 25 de abril de 2020

Semana de concursos: maios e radio

Boas!!!

Que tal seguimos? Espero que moi ben e que vos axude a nova organización de traballo da páxina web do cole.
Esta semana tráiovos unha chea de traballo! Para que fagades pouquiño a pouco e disfrutandoo :) Vai ser o mesmo para todas as clases xa que son tarefas do cole impulsadas polos equipos de profesorado.

TRABALLO 1: Participación en maios confinados do Concello de Redondela
Dende o cole imos participar nesta iniciativa do noso Concello e eu pedísmosvos colaboración ás familias para que quede todavía máis chulo... @s profes xa estamos traballando neles! 
O problema é que o prazo acaba o día 28 así que... mandádenos as vosas aportacións canto antes!

      

TRABALLO 2: Escoita os programas de Radio Beretiño #euquedonacasa
Pois si! Ao fin están listos os programas de Radio Beretiño edición especal #euquedonacasa así que agora toca disfrutalos. Foron tantos os vosos audios que tiven que dividilos en 3 programas diferentes e ainda así son ben longos!
Que vos propoño? Escoitade os dous primeiros programas e participade no Concurso de Radio Beretiño (que hai ao final do 2º programa) os que sexades quen de acertar comentádeme as solucións nos comentarios deste bogue (lembrade poñer o voso nome para que saiba quen participa)... hai premio para @s acertantes!
Se non sodes capaces de facer comentarios podedes, como sempre, mandarme un correo a cuentalumnado@gmail.com. 
Ao final desta semana (ou comezos da seguinte) publicarei o terceiro e último programa de Radio Beretiño onde veñen as respostas así que... tranquil@s non vos vou deixar coa intriga!

Así que dádelle o play e a gozar escoitando as voces das vosas compañeiras e compañeiros!!! :)



lunes, 20 de abril de 2020

Outro mensaxe de ánimo... grazas!

Porque nunca teremos suficientes cancións nin aplausos para a nosa sanidade, forzas de seguridade, servizos de limpeza, supermercados e mercados, centros de investigación... e a vós, nenas e nenos que agardades pacientemente nas vosas casas. Grazas!!

 

viernes, 17 de abril de 2020

Creatividade como solución

Bos días!

Como andamos de ánimo? Espero que ben, pensade que cada vez queda menos para volver ao cole e estar xunt@s pero, de momento, quédanos un tempiño máis de espera.
Esta semana na aula de música própoñovos a todos os grupos traballar a CREATIVIDADE de diferente xeito según o nivel.  Como non quero que atronedes as vosas familias empregando obxectos sonoros (que sería como o faríamos na clase de música) ímolo adaptar e facelo sobre papel, é dicir debuxando!!

Cada clase terá unha canción inspiradora e un reto artístico que (coma sempre) anímovos a facer e mandarmo ao correo cuentalumnado@gmail.com para así poder mostrarllo ao resto de compañeiras e compañeiros en twitter...

No caso de 5º e 6º de primaria en vez dunha canción seleccionei este precioso curtometraxe que seguro que moitos de vós xa coñecedes. Mirádeo que vale a pena pero o mensaxe é claro: vosa creatividade e imaxinación salvaranvos dos problemas, ainda que sexa un confinamento.
Ambas cousas están moi presentes no arte: na música, no cine, na fotografía e, por suposto, na poesía. 

 

E que é o que quero que fagades? Pois que me mandedes as vosas propostas para o concurso de poesía visual que está organizando o Concello de Redondela. Seguide os seguintes pasos:
  1. Lede detidamente as bases do concurso:   https://drive.google.com/file/d/11wWEexKTGA8l3ZUlXZQp6JQW02S0l_h2/view?usp=sharing
  2. Escolle algo que che guste moito e sobre iso inventa a túa poesía visual, poesía conceptual ou caligrama... podes debuxar, sacar foto... o que máis che guste!
  3. Envíamo ao meu correo co teu nome e o título da túa obra.
  4. Podes inspirarte con estes exemplos que saquei de internet, no meu caso escollín poesías relacionadas coa música e o mar.

Creatividade con pegadas de Oviravai

Bos días!

Como andamos de ánimo? Espero que ben, pensade que cada vez queda menos para volver ao cole e estar xunt@s pero, de momento, quédanos un tempiño máis de espera.
Esta semana na aula de música própoñovos a todos os grupos traballar a CREATIVIDADE de diferente xeito según o nivel.  Como non quero que atronedes as vosas familias empregando obxectos sonoros (que sería como o faríamos na clase de música) ímolo adaptar e facelo sobre papel, é dicir debuxando!!

Cada clase terá unha canción inspiradora e un reto artístico que (coma sempre) anímovos a facer e mandarmo ao correo cuentalumnado@gmail.com para así poder mostrarllo ao resto de compañeiras e compañeiros en twitter...

Para Infantil, 1º e 2º de primaria propóñovos aprender esta divertida canción do grupo Oviravai e despois tentar debuxar algún deses animais coas vosas pegadas... como?
Imos por partes, o primeiro é escoitar a canción e escoller un animal (da canción ou outro calqueira):

 

Agora fixádeos nas seguintes imaxes onde veñen instrucións de como facer animais con pegadas das máns, podedes facer un ou máis... creo que vos vai resultar divertido!. Tamén póñovos a imaxe do libro do que saquei a idea porque é unha verdadeira obra de arte.
Podedes empregar tinta de sellos, pintura de dedos ou mans, rotuladores ou incluso maquillaxe... que cada un invente co que ten na casa con que pode poñer a súa pegada no folio!

Estou desexando ver os vosos animaliños! Animádevos a probar e mandarme unha foto!
Saúdiños musicais!